PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ebooks galegos

Xerais lanza no seu 30 aniversario os primeiros ebooks galegos.

Manuel Bragado valora os avances na normalización do libro galego en tres décadas, pero sinala que ?temos moito camiño por percorrer?.

Un país e unha lingua normais necesitan ?unha expresión editorial acorde co seu tempo: profesional, moderna e que dialoga coas mudanzas que se van producindo?. Así explica Manuel Bragado, director de Edicións Xerais, as marcas de identidade da editorial, as mesmas coas que se constituíu en Vigo o 5 de outubro de 1979. Cando se cumpren 30 anos daquela data, Xerais prepárase para lanzar os primeiros ebooks en galego, como parte dun proceso de normalización do noso sistema editorial, no que ?temos moito camiño por percorrer?.

Xusto cando se cumpren tres décadas do seu nacemento, Xerais abre unha nova etapa coa publicación de dous ebooks entre novembro e decembro deste ano. Aínda que xa hai anos que as editoriais galegas tiran produtos dixitais, estes editaranse en formato ePub para os novos lectores de tinta electrónica. ?Serán os primeiros libros en galego que saian ao mesmo tempo en papel e en edición electrónica?, explica Bragado. O lanzamento producirase antes do Nadal, no que se agarda que despunten no Estado os novos soportes lectores de ebooks. Manuel Bragado considera que a publicación simultánea en papel e dixital é síntoma da ?estrita normalización: o contido por riba dos soportes?. O obxectivo é que sexa o usuario o que escolla por que medio quere acceder ao texto ?segundo as súas preferencias?.

Podes ler a nova completa en Vieiros. Preme
Aquí
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 06-10-2009 11:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0