PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As linguas suman
A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística elaborou un tríptico informativo que pon á disposición de todos aqueles ENDL, ANPAS, direccións de centros ou calquera persoa da comunidade educativa ou relacionada co mundo do ensino, e mesmo da sociedade en xeral, que queira difundilo.

O seu obxectivo é ofrecer información rigorosa sobre a aprendizaxe de linguas no noso ensino nun escenario problemático como o actual, determinado por intereses alleos aos estritamente pedagóxicos e que están ameazando a convivencia nos centros. Á falta dunha campaña informativa institucional e ante a inminente distribución por parte da administración educativa dunha enquisa ás familias carente de rigorosidade científica e de fiabilidade, a CGENDL quere apostar polo dereito dos nenos e nenas a ser igualmente competentes en galego e castelán abrindo un debate real sobre as medidas que temos que adoptar para conseguir que dominen plenamente as dúas linguas, tal e como establece a LOE.

Se queredes ver o tríptico

Premede aquí
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 09-06-2009 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0