PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Exito Rotundo do grupo de teatro

Despois dunha longa tempada de ensaios do grupo de teatro O Que? do IES Pontepedriña, cremos que os seus esforzos mereceron a pena logo de ver onte a estrea da obra "En Pé De Guerra" da que fixeron unha magnifica interpretaciòn, no IES Xelmirez.

O grupo O Que? está composto por alumnado de 4º de ESO que levan dende setembro traballando duramente; e por fin o traballo deu o seu froito, dado que a obra lles quedou realmente lograda.

A representación foi moi creativa e orixinal e tivo unha grande expectación. Os actores que estaban mergullados no seu papel déronlle unha interpretación moi personalizada que conseguiu esbozar na cara dos asistentes un sorriso e moreas de gargalladas.

Todos deron o mellor de si e, á parte de que iso é moi positivo, fixeron que a obra cobrase unha vida especial e extremadamente divertida.

A xente saiu da sala de actos do IES Xelmírez rindo e comentando o que lles gustara a obra.
A nosa valoración para eles é sen dubida un 20 de 10.

Parabéns!!!
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 24-04-2009 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0