PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nace Galeguizar Galicia
Nace Galeguizar Galicia: "Para sermos máis nós"
Un portal de internet aglutina a diferentes organizacións que defenden a normalización do galego en ámbitos inéditos.

"Vivimos nun mundo en constante movemento. A estratexias da globalización condicionan os ritmos dos pobos e das súas institucións. Implicarnos no proceso ou renunciar a estarmos no mundo, son dúas maneiras antagónicas de estar nel. Consideramos que Galiza debe estar presente nas institucións europeas e participar naquelas outras de ámbitos máis universais". Esta é a declaración de intencións e a premisa inicial baixo a que se sustenta un novo portal de internet que aglutina a diferentes organizacións que pretenden normalizar a situación do galego en diferentes ámbitos, moitos deles inéditos. O seu nome é Galeguizar Galicia.

Estes colectivos son: a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, a Irmandade Xurídica Galega (INXUGA), a Fundación Lois Peña Novo, a Asociación de Amigos do Couto Mixto, a Asociación Álvaro das Casas e o Foro Enrique Peinador. Un dos voceiros deste novo proxecto é Xosé González Martínez, implicado de diferente xeito en todas as organizacións que se suman á iniciativa: "a idea xorde porque convivimos e compartimos obxectivos comúns, como é o traballo na procura de dinamizar en distintos ámbitos políticas lingüísticas que contribúan a normalizar o noso idioma", explícanos. "O que queremos agora é facer visíbel ese traballo na rede, ofrecer unha imaxe plural, evitando confrontacións de ningún tipo, senón traballando dende abaixo e, en definitiva, promover un estímulo con iniciativas e propostas que provoquen unha maior autoestima e conciencia de país".

Deste obxectivo xorde "Galeguizar Galicia", uns termos que "non inventamos, senón que están xa presentes na obra de Lois Peña Novo e que quixemos recuperar", explica González. "Agora o que queremos é botar a andar a web, actualizala de xeito continuo e sumarlle ligazóns dende outras páxinas relacionadas", detalla, e así convertela nun xeito de achegarse ao traballo diario e silencioso de moitas organizacións.

Collemos a nova de Vieiros
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 10-03-2009 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0