PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha boa nova
Nace o Planeta de equipos de normalización e dinamización lingüística.
O ENDL do CPI Aurelio M. Rei García de Cuntis vén de lanzar o Planeta de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, unha páxina que recolle as novidades relacionadas cos ENDL e a lingua, entre as que se inclúen as novas do web da CTNL.

Segundo os e as autoras do "planeta", os obxectivos principais son visibilizar o labor dos equipos a nivel social e apostar pola comunicación por medio da rede. Ademais, preténdese crear un lugar para compartir entre os equipos as experiencias propias e aprender das alleas e establecer dinámicas de cooperación para rendibilizar os recursos, especialmente os humanos. Todo o anterior realizase para activar canles de contacto estábeis sen agardar polas iniciativas institucionais.

Polo de agora, o recurso, que se pode consultar

nesta ligazón, conta con 65 webs asociadas.
Collemos a nova da CTNL
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 27-02-2009 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0