PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A policía nacional e o galego
Carta publicada na edición impresa da Voz de Galicia de hoxe. Sen comentarios...



Sucedeu nunha vila galega, unha mañá do mes de novembro do 2008. Recentemente, no traballo, houbo que chamar á Policía Nacional para denunciar un roubo. Presentáronse dous axentes. O que parecía ser o xefe comezouse dirixíndose aos que alí estaban en castelán. Cabe sinalar que ninguén lle dixo nada sobre o idioma que estaba a empregar como funcionario que traballa en Galicia. Cando un de nós comezou a explicar os feitos utilizando o galego enseguida foi interrompido polo axente que berrou ?eh, eh, eh, a min hábleme en castellano que si no no lo entiendo?. Pensando que se trataba duna persoa non galega e recentemente destinada aquí, a persoa que se estaba a explicar cambiou de idioma. Outra persoa chamada a explicar os feitos dirixiuse de novo ao axente en galego, á que este volveu solicitar o uso do castelán.

A persoa non cambiou de lingua e, sorrindo, díxolle que non se preocupara que non era un idioma tan difícil de entender se se coñece o castelán e que por pouco tempo que levase traballando aquí... ?No, si yo soy de aquí pero hace años que decidí no entender ni hablar este idioma? espetou o axente. A estupefacción foi tal que non puidemos artellar resposta ante unha persoa que nos estaba instando a usar unha das dúas linguas que se falan en Galicia. Unha persoa que pretendía impedir o uso libre dun idioma, o galego, que só ten un territorio posible para falalo, Galicia. Cando o axente se dispoñía a marchar intentou xustificar a súa actitude falando da súa decisión de non entendelo nin falalo por culpa dos que querían impoñer o galego (sería por iso que agora o que quería impoñer o castelán era el!), pero do que aí falou non podo dar fe porque marchei ante a incomodidade que me fixo sentir por falar galego en Galicia! Incrible pero certo ¿Podería el dicirme en que outro territorio podo falar galego sen que ninguén mo recrimine? Denuncio porque me sentín acosada, porque el era funcionario e policía, coa obriga de entendelo polo feito de traballar aquí, onde o galego é idioma propio, e porque esa mesma tarde podería pasarlle a miña avoa que pasaría un enorme apuro. Só desexo que ela sexa máis lúcida e rápida ca min e teña resposta ante xente así.

Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 26-11-2008 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0