PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O inglés xa é doado
A empresa Imaxin Software presentou este mércores no Club Internacional de Prensa o primeiro tradutor inglés-galego/galego-inglés. O servizo atópase aínda en fase de prototipo, pero os seus responsables aseguran que seguirá a mellorar rapidamente. Está baseado, ademais, no motor Opentrad.

O proxecto foi financiado pola Consellaría de Innovación e Industria e contou coa colaboración das universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Segundo explicou o director de márketing de Imaxin, Diego Vázquez, dispoñer dunha ferramenta deste tipo é de vital importancia para o desenvolvemento do país, que comparou co das infraestruturas de transporte. Afirmou que fai accesíbel a información escrita en inglés, que xa se converteu en lingua franca, e ao mesmo tempo pon os contidos en galego ao dispor do resto do mundo.

Ademais, aínda que as traducións non son perfectas -algo que nunca conseguen os tradutores automáticos-, si permiten a intelixibilidade dos contidos para persoas que non falen a lingua da que proceden.

O desenvolvemento do tradutor levou entre seis meses e un ano e, segundo os seus autores, aspira a poñerse á altura doutras ferramentas privativas semellantes que levan unha década no mercado, como o Systran, que usa comercialmente Google, por exemplo.

Are you ready? Pois daquela Preme aquí
Categoría: 2.-Ferramentas - Publicado o 20-11-2008 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0