PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Teutubo , o Youtube galego
A Axencia Audiovisual Galega habilitou na súa web un espazo onde se fan ligazóns ós vídeos en galego pendurados na Rede.
Aínda que non é o que todos os galegos están a esperar, un «youtube» galego, a nova sección da Mediateca -habilitada pola Axencia Audiovisual Galega na súa web- permite poder visualizar parte dos mellores vídeos gravados na lingua de Rosalía sen a necesidade de ter que mergullarse por unha infinidade de webs.

Baixo o nome Teutubo, que fai unha explícita alusión á famosa páxina de vídeos, o espazo comezou a súa andadura o pasado decembro coa intención de potenciar o audiovisual feito na nosa comunidade e clasificalo en varias categorías como animación, curtametraxes de ficción actuais, curtametraxes de ficción dos anos 80-90, curtametraxes realizados nas escolas galegas, documentais, Mestre Mateo 2006, Patrimonio audiovisual galego e videocreación.
Se queres acceder á páxina clica aqui
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 29-05-2008 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0