PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PRADOLONGO EN SANTIAGO, TRES PASES DE CINE EN GALEGO

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de lamentar, a través dun comunicado aos medios, que a capital de Galiza se vai converter na única cidade do país na que a longametraxe Pradolongo non se estree en salas comerciais. Isto é debido, din, á negativa das mesmas a proxectar este filme, a pesar do enorme éxito de público que está a obter en todos os cinemas nos que se estreou.
O presidente da Mesa pola Normalización lamenta os ?prexuízos sen base empresarial obxectiva? que, segundo el, están detrás da decisión dos cinemas, controlados por distribuidoras estranxeiras, e saúda moi positivamente ?a axilidade e os reflexos? da Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela de facilitar a proxección cedendo o Teatro Principal. A Mesa denuncia, asemade, que ?desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística non se traballa para garantir as exhibicións dos filmes en galego, xa non digamos para a súa rodaxe ou para a dobraxe na nosa lingua de outras fitas?.
Segundo a información facilitada polo propio director de Pradolongo, Ignacio Vilar, o filme está a bater récords de público, superando nalgunhas cidades mesmo a películas norteamericanas. Así, cando se estreou nos cinemas de Valdeorras, acadou os seis mil espectadores nunha semana. En Ourense, nas catro semanas nas que leva en carteleira, xa a foron ver arredor de 3.500 persoas, e na Coruña 1.500 persoas pasaron polos cinemas para ver Pradolongo en dúas semanas. En Pontevedra, esta é a segunda semana de exhibición, e xa van polos mil espectadores. Proximamente estrearase en Lugo, Lalín e Cee, sempre en salas comerciais.
lamenta os ?prexuízos sen base empresarial obxectiva? que, segundo el, están detrás da decisión dos cinemas, controlados por distribuidoras estranxeiras, e saúda moi positivamente ?a axilidade e os reflexos? da Concellaría de Cultura de Santiago de Compostela de facilitar a proxección cedendo o Teatro Principal.
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 29-04-2008 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0