PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Marcha "Polo dereito a vivirmos en galego"
A Mesa presentou a campaña gráfica que presidirá a manifestación nacional do 18 de maio e que terá como lema "Polo dereito a vivirmos en galego".
O presidente da asociación, Carlos Callón, confirmou que xa hai 70 organizacións que apoian o manifesto, o que garante que haberá unha "gran participación".
Callón anunciou que se poñerán autobuses gratuítos para acudir ao acto reivindicativo, que partirá ao mediodía da Alameda de Compostela. Para iso será necesario poñerse en contacto coa Mesa.
O responsábel da Mesa animou a sociedade a participar a prol da lingua.
A Mesa denunciou presións "por parte de grupos que queren que a lingua galega desapareza, detrás das cales se atopa un importante partido político?
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 29-04-2008 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0