PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A SONGOKU NON LLE PERMITEN FALAR GALEGO

A Mocidade galega lamentamos que Songoku non vaia poder falar en galego no DVD de Dragon Ball GT que sae ao mercado o próximo 30 de abril


A sección xuvenil da Mesa recorda o compromiso adquirido pola TVG en 2006 de ceder as súas dobraxes ?en iguais condicións que a ETB vasca e a TV3 catalá? e pide explicacións ao ente público ?polo seu incumprimento do acordado?

Ao coñecerse que o DVD soamente sairá ao mercado con opción de audio en castelán, xaponés e catalán e opción de subtítulos en castelán, foron moitas as persoas que comezaron a dirixirse á distribuidora de produtos audiovisuais para interesarse pola razón pola cal entre as diferentes linguas nas que se poderá ver a serie non está o galego e mesmo reclamarlle que reconsiderasen esa decisión e incluísen tamén o idioma no cal durante tantos anos falaron Songoku e a longa listaxe de personaxes que o acompañaban a través dos nosos televisores. Selecta Visión, por súa parte, vén respondendo a todos estes pedimentos e reclamacións que ?non foi posíbel incorporar o galego ás opcións do DVD? debido, segundo asegura a distribuidora, ?á inasumíbel política de prezos de cesión de dobraxes que ten a TVG?, en comparación ?coa máis asumíbel doutras televisións autonómicas?.
Categoría: 3.- Novas - Publicado o 22-04-2008 13:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0