PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Encontro con Singala



Ás veces temos que pararnos un pouco e pensar, pensar que canto máis miras máis ves, que non todo é o que parece, que hai mentiras que non por moi repetidas chegan a ser verdade, que temos moitos prexuízos, que non hai linguas finas, nin linguas brutas, que os idiomas morren se non teñen quen os fale. Que nós, ti, eu, todos, somos os primeiros responsables de que isto non ocorra.

De todo isto, e moito máis, falounos o xoves pasado Manuel Núñez Singala, o autor da Comedia bífida, ao alumnado de 4º da ESO. Se aínda non lestes este libro estades a tempo de asistir a: "un xuízo á lingua. Ou ao emprego que dela facemos os galegos.

Cómpre que esteades mortos para participardes nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar. Porque algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entende nin san Pedro".
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 17-03-2008 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0