PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rodaxe dunha peli en galego
'Pradolongo': o cinema volve falar galego

Trátase da primeira longrametraxe rodada integramente na nosa lingua dende 2002, e a sexta en toda a historia.

En Pradolongo, Ignacio Vilar conta a historia de tres amigos da infancia, Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto, que acaban de cumprir 18 anos. No filme os dous mozos compiten polo amor da rapaza, mentres observan a posíbel venda da louseira propiedade dun deles. Así, os conflitos persoais mestúranse coa realidade da Galiza rural en proceso de venda e despoboamento. Filme iniciático, polo tanto, no que os protagonistas se descobren a si mesmos á vez que redescobren o mundo que os rodea.

A película ten outros moitos atractivos, como o uso da variante lingüística do galego empregado en Valdeorras, a fermosura das paisaxes (por exemplo as existentes nos arredores de Pena Trevinca), ou a continua homenaxe que realiza a Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro. Ignacio Vilar afondou na figura de Chano Piñeiro no documental Sempre Xonxa en Petín, e de feito, Pradolongo rodouse nalgúns escenarios exteriores e interiores nos que tamén o fixo aquel filme. Cómpre salientar igualmente o traballo de procura de actores mozos que Vilar realizou nos institutos da comarca de Valdeorras.

Finalmente, non se debe esquecer a calidade da música que acompaña o filme, gravada especialmente para a ocasión pola Orquestra Sinfónica de Galicia, e que mesmo inclúe unha nova versión do Quen puidera namorala, regravada por Luís Emilio Batallán para formar parte da banda sonora do filme.

Tes máis información na páxina de Vieiros. Fai click aquí
Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 14-03-2008 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0