PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O millor xogador da historia de España


Nome completo: Luis Suárez Miramontes
Alcume: Luisito Suárez
Data de nacemento: 2 de maio de 1935
Lugar de nacemento: A Coruña, Galicia
Clube actual: retirado
Posición: Mediocampista
Partidos internacionais: 31
Ano do debut: 1952
Clube do debut: Deportivo da Coruña
Ano do retiro: 1973
Clube do retiro: Sampdoria FC


Luis Suárez Miramontes (nado na Coruña, o 2 de maio de 1935). É un futbolista galego. Na actualidade forma parte do equipo técnico do Inter de Milán.

Comezou a xogar profesionalmente no Deportivo da Coruña, ao cal chegou a través do seu filial, o Fabril. Pronto destacou pola súa refinadísima técnica e os seus precisos pases. A súa posición era a de centrocampista.

O FC Barcelona fixouse nel, e no ano 1954 ingresou nas filas azulgranas. Nesta época viría o seu maior éxito individual, o Balón de Ouro de 1960, premio que se lle outorga ao mellor xogador europeo segundo a revista France Football. Ó ano seguinte recalou no Inter de Milán onde gañou dúas Copas de Europa. Neste clube aínda fica ata o día de hoxe formando parte do equipo técnico.

Luis Suárez tamén foi adestrador e seleccionador nacional español, sen poder repetir os éxitos que tivera como xogador.

Clubes
Fabril - (Filial do Deportivo da Coruña)
Deportivo da Coruña:
FC Barcelona de 1954 a 1961.
Inter de Milán: de 1961 a 1971.
Sampdoria de Xénova: de 1971 a 1973.

Palmarés:
Títulos internacionais
2 Copa Intercontinental, co Inter de Milán, en 1964 e 1965.
2 Copas de Europa, co Inter de Milán, en 1964 e 1965.
2 Copas de Feiras, co FC Barcelona.

Títulos en Italia
3 campionatos da Serie A, co Inter de Milán, en 1963, 1965 e 1966.
1 Copa de Italia, co Inter de Milán, en 1965.

Títulos en España
2 Ligas, co FC Barcelona.
2 Copas, co FC Barcelona.

Distincións individuais
1 Balón de Ouro europeo, 1960.
2 Balóns de Prata europeos, 1961 e 1964.
1 Balón de Bronce europeo, 1965.

Selección española
31 veces internacional coa Selección española.
Campión da Eurocopa coa Selección española no ano 1964.

Traído desde "http://gl.wikipedia.org/wiki/Luis_Su%C3%A1rez_Miramontes
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 26-02-2008 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0