PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xogamos á Porca?
Sabías que...

En Galicia xa existía un xogo semellante ó golf que se practicaba nos curtos días do inverno para quentar o corpo facendo exercicio. A esta diversión de paos, bólas e furados chamábaselle ?a porca? e, segundo os entendidos, tiña cousas en común co actual hóckey, sobre todo nas ferramentas a empregar.

Foi un xogo de mozos, outra volta bravos e destemidos, que por tratarse dun enredo acababa a meirande parte das veces sendo violento. Tamén contaba con importantes variacións segundo a zona na que se xogase.

Onde se practica...

Necesítase un espacio aberto e bastante amplo polo número de xogadores que interveñen e, mais polo xogo en si. Eran frecuentes as partidas no monte.
Cada xogador ten que escavar un buratiño no chan (nicho), dispoñéndose o conxunto deles arredor dun burato central moito máis grande, defendido por outro xogador.

O que necesitas...

O material necesario consiste nun pao coa forma conveniente para realizar a mesma función que os de golf, é dicir, darlle á bóla. A este enredo chámaselle cacheira, que hai tempo adoitaba facerse de codeso ou de uz. O mesmo precisaba dun mazarico nun do seus extremos.
Xunto ó pao había que dispor dunha bóla, a porca, feita cun anaquiño de madeira dura para evitar que cos golpes rachase.


Normas do xogo...

O fin do xogo é meter a bola no furado do porqueiro central, quen ten que estar a dirixir o xogo. Este lanza a porca ó aire e debe mirar se cae no seu burato. Cando acontece deste xeito, inmediatamente ten que berrar: ?¡Hai trocos!?. Mesmo nese punto, todos os demais xogadores deben intercambiar os seus nichos. Se nese momento o porqueiro logra introducir a súa mazaroca nun dos nichos dos seus contrincantes, pasa a ocupar ese posto, mentres que o outro pasará a ser porqueiro.

Cando a porca cae fóra do nicho central (o curral), o porqueiro tratará de introducila en calquera dos outros nichos. Nese caso, tamén intentará intercambiar o seu posto co dono do nicho en cuestión.

Cando alguén consegue meter a porca no nicho do porqueiro, este dirá de novo: ?¡Dálle á porca e muda!?. Producirase de novo o rebumbio e unha vez máis, o porqueiro deberá aproveitar para facerse dono dun nicho.

Tras un partido de dous tempos (15 minutos cada un), gaña o xogador que meta máis veces a porca no burato do porqueiro.


Non esperes máis, sal de casa e xoga...á PORCA!!!
:D
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 25-02-2008 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0