|
|
|
|
O cómic galego viaxará a Angouleme, La Habana ou Beja |
|
Redacción . O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, reuniuse este xoves en San Caetano coa Mesa pola Banda Deseñada para planificaren as actividades a prol do sector neste ano.
17.01.2008 | 17:34-A NOSA TERRA
Xa para a semana, do 24 ao 27 de xaneiro, o cómic galego gozará dunha oportunidade para a promoción internacional ao participar no Festival de Angouleme en Francia. Por primeira vez, a Consellaría de Cultura e Deporte achegará a esta feira un stand de seu coas últimas creacións dos autores galegos. A exposición 'A Banda Avanza' e unha selección de publicacións feita pola Mesa da BD, que recolle a produción actual en Galiza de autores como Antonio Seijas, David Rubín, Fausto Isorna, Manel Cráneo, Kike Benlloch, Miguelanxo Prado, Pepe Carreiro, Norberto Fernández ou Xaquín Marín, serán as principais mostras da boa saúde da novena en Galiza. Repartirase tamén o CD 'BDG' do Consello da Cultura Galega e os catálogos da mostra 'Dez anos de viñetas'.
|
|
|
|
|
|