|
|
|
|
Cursos de Galego |
|
O seguinte é un curso multimedia de galego de nivel intermedio dirixido a falantes de castelán.
Facilita unha aprendizaxe autónoma ó mesmo tempo que serve de axuda complementaria para o ensino de galego en diferentes programas de formación.
O curso dispón de case un cento de actividades interactivas repartidas en catro seccións: comprensión, expresión, gramática e vocabulario. Ademais, ofrécelle ó alumno materiais de consulta (vocabulario e gramática) e complementos (textos, ligazóns, etc.) que axudarán a completa-la súa formación.
A pesar de que este curso está pensado para a autoaprendizaxe de galego, pode resultar proveitoso utilizalo para integra-los recursos que ofrecen as novas tecnoloxías nas clases presenciais e tuteladas de lingua.
Os contidos do curso preséntanse dun xeito atractivo e sinxelo para facilita-lo seu emprego a usuarios pouco afeitos ó manexo de aplicacións informáticas.
|
|
|
|
|
|