PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Adeus!

O venres despedimos unha xeración de 2ºde Bacharelato moi especial para todos nós.

O Equipo de Normalización, co que tanto colaboraron, quere desexarlles unha andaina moi ventureira; sabemos que han ser unha boa sementeira para espallar o xermolo da lingua que xa comezou a medrar nelas e neles.

Non hai mellor xeito de despedida que as agarimosas palabras que Carmen Fandiño lles dedicou:


"Alguén dixo, ó mellor fun eu mesma e xa nin sequera me acordo, que o ensino non é unha ciencia: é una clase de arte, e polo tanto, só o artista está capacitado para ensinar. Artista en números, en hilvanar os fíos da historia, en mostrarvos que as linguas son, non só fáciles, senón a única maneira de comunicarse con tódolos marabillosos e diferentes seres humanos que poboan o noso difícil mundo. Pero ó fin, artistas. Non sei se todos estaredes de acordo con isto, pero ¿como lle chamariades vós a poder asumir con certo, só certo, repito, garbo, o ser ademais de mestres e mestras, mamás e papás, enfermeiros, guías turísticos, proveedores de comida coa suficiente cantidade de chocolate para que vos permita levantar o ánimo, tantas veces polo "puritito" chan, etc? Pois iso, artistas...
Á parte desta introdución coa que podemos todos estar de acordo ou non, a primeira palabra que se me ocorre ó tervos diante é: gratitude. Gratitude cara a vós e cara ás vosas familias por mandarvos así de fábrica, para que simplemente vos melloraramos. Gratitude especialmente por ter confiado a vosa formación á escola pública, o xeito máis libre e igualitario de ser instruído. Gratitude a vós por ter mostrado paciencia e comprensión nunha etapa da vida onde se deciden tantas cousas e na que os profes asumimos unha responsabilidade que ás veces nos desborda. E no que a mín respecta, grazas por non terdes acudido urxentemente ó Consello Escolar ou á nosa Xefa por chamarvos cafres atómicos, tontos de ? ou infelices, sementando dubidas máis que razoables sobre a miña estabilidade mental. Gracias, pueblo! Grazas tamén por ter aprendido tanto de vós, e en agradecemento voume permitir darvos uns pequenos consellos: Non prestedes demasiada atención ás nosas monsergas de vellos , pero a estas últimas si: Non fagades nada que poida avergonzarvos, e se o facedes, non teñades medo de pedir perdón. O perdón permite avanzar. Sede tamén ambiciosos, nunca perdades o afán de superación. Todos vós valedes moito, queridos!
Non quero rematar sen recordar ós que non aprobaron todo(nobody is perfect. Ánimo!Sodes moi novos e uns meses da vosa vida non son nada..."







Comentarios (1) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 14-06-2011 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Ola. Parabéns para os bachareis.
Tamén vos quero dici#blgtk08#r que tedes un agasallo na Revolta da freixa.
Saúdos.
Comentario por Rdf (30-06-2011 23:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0