PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Fahrenheit 451
Fahrenheit 451 de Ray Bradbury

Polo menos, o que se pode dicir de ?Fahrenheit 451? é que é un libro diferente. Afástase de convencionalismos, rompe os esquemas da escrita. É certo que iso pode levar a deixar ao lector un pouco confuso, coma se non fose capaz de seguir o caos que se desenvolve na novela, pero paga a pena pararse a reler.
?Fahrenheit 451? sitúase nun mundo no que os libros están prohibidos, os bombeiros provocan incendios en vez de sufocalos, e no que a xente se illa cada vez máis nas súas familias virtuais que teñen no salón. Montag é un bombeiro, dedícase a queimar libros, e mesmo casas se fai falta. Está casado, pero a súa muller cada vez está máis lonxe del. Un día, coñece a Clarisse, unha rapaza que ante a pregunta de cantos anos ten responde o seguinte: ? Teño dezasete anos e estou tola. O meu tío di que unha cousa implica a outra e que se alguén me pregunta a idade, que diga sempre que teño dezasete anos e estou tola?. Clarisse é unha rapaza moi especial que provoca en Montag o desexo de ler, saber, vivir...
A partir de aí o libro segue as andanzas de Montag para protexer os libros e escapar dos seus compañeiros, ao mesmo tempo que reflexiona sobre a importancia dos libros e como seriamos se estes non existisen ou estivesen prohibidos.
En resumo, é un bo libro, diferente, un reto (xa dixen que ás veces é difícil de seguir) que paga a pena aceptar. Unha curiosidade, o seu título fai referencia á temperatura á que arden os libros, e comeza cun excelente (na miña opinión), cun excelente relato curto do autor a modo de prólogo.
Ana Vázquez, 4ºA
Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 15-01-2009 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
O único que queda é o amor
O único que queda é o amor é un libro que está formado por un conxunto de relatos nos que o autor intenta transmitir a través de personaxes con vidas, situacións e circunstancias totalmente distintas que hai un sentimento que sempre perdura na vida, un sentimento inesquecible que é o amor.
Primeiramente dicir que tódalas personaxes deste libro, están invadidas pola soidade, a incomprensión ou simplemente a ausencia dese ?algo? que teñen os demais, que posúe a vida, pero que eles, por unhas circunstancias ou por outras, aínda non atoparon.
Nun dos casos nos que se reflicte claramente esta idea é no primeiro relato, Un radiante silencio, no que unha muller cansada da súa monótona vida, busca algo que lle faga recuperar a alegría de vivir. Ao lado da súa casa, abren unha libraría e ela comeza a descubrir que alguén lle deixa tarxetiñas con distintos fragmentos dos seus poetas preferidos. Encantaríalle coñecer a esta persoa, pero nunca chegará a darse conta de que ese home é o que cada mañá lle cobra o libro que despois ela le entusiasmada na súa casa.
Xunto con este, hai outros relatos semellantes nos que un protagonista persegue e intenta encontrar ese ?algo? que como xa dixen antes lles devolva o entusiasmo. Ás veces a través dunha simple fotografía, ou outras a partir das poesías que alguén por casualidade deixa en carteis pegados polas rúas que outra persoa percorre cada día.

Ademais deste tipo de relatos, hai varios que falan da morriña á nosa terra, da ausencia do amor adolescente que algún día todos tivemos, da nostalxia e o paso do tempo, da impotencia por non poder volver a aquela época de soños, ou do descubrimento de que a nosa vida non foi o feliz que nos gustaría que fora e que se elixísemos ou tomásemos outro camiño, nada sería igual.
Por último comentar a presenza da lectura nesta novela. Como en tódolos libros de Agustín Fernández Paz, destácase o interese por ler aos grandes autores como Paul Auster entre outros, pero especialmente a poesía. Practicamente tódolos personaxes se apoian na lectura para refuxiarse da súa soidade ou incluso para recordar as épocas de ilusións que sempre terán na súa memoria.
Como conclusión, penso que este libro fainos reflexionar sobre a vida que temos e que os camiños que levaremos nun futuro poderán estar ben ou mal, poderemos equivocarnos ás veces e elixir o incorrecto, arrepentirnos no momento final do que fixemos, ou lamentarnos polo que temos ou pola ausencia dese entusiasmo na vida, pero deberemos saber que ao final o único que queda é o amor, e iso é o máis importante. Laura Carbajo Lago 4ºB
Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 10-12-2008 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
O diario da outra maniática
Este libro trata a historia dunha rapaza de dezaseis anos que é a irmá do rapaz protagonista de ?O diario dun xoven maniático?.

Esta moza escribe un diario no que expresa os seus pensamentos máis ocultos, como os complexos polo seu corpo ou por non ter mozo, os defectos e as virtudes dos membros da súa familia, as preocupacións polos estudos ,as súas relacions coa xente, e tamén a procura dos seus amores. Neste diario mostra todas estas vivenzas desde o punto de vista da ? típica? adolescente de dezaseis anos.
A min gustoume moito este libro porque non se centra nunca soa historia, senón que fala de temas moi variados, de maneira que non é un libro monótono.
O que non me gustou moito foi a maneira de pensar da rapaza, xa que non compartía nalgunhas cousas o seu punto de vista, pero en xeral foi un libro moi entretido e co que, sobre todo, aprendín moitas cousas relacionadas especialmente coa medicina.
Rebeca Peleteiro, 4ºE
Categoría: 5. A caixa dos libros - Publicado o 05-12-2008 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0