PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O sétimo libro de Harry Potter aparece en galego
Harry Potter e as reliquias da morte publicarase simultaneamente en España, Latinoamérica e Estados Unidos.
Colpisa
21/1/2008 LA VOZ DE GALICIA
A sétima e última entrega das aventuras do aprendiz de mago Harry Potter sairá á venda en español, catalán e galego o 21 de febreiro cun lanzamento simultáneo en América Latina, España e Estados Unidos, segundo informou o luns en México a editorial Océano.
«'Harry Potter e as reliquias da morte', sétima e última entrega da monumental saga creada por J.K. Rowling, publicarase simultaneamente en castelán, catalán e galego en España, Latinoamérica e Estados Unidos, o 21 de febreiro de 2008», indicou a editoria nun comunicado.
A tirada total en español, que consta de sete edicións distintas, será de aproximadamente un millón e medio de exemplares, engadiu o documento.
No seu lanzamento mundial, en xullo de 2007, 'Harry Potter And The Deathly Hallows', título en inglés da sétima entrega, vendeu 8,3 millóns de exemplares en Estados Unidos e 2,3 millóns en Gran Bretaña, co que se converteu no libro máis vendido da historia nas primeiras 24 horas.
En América Latina, a versión en inglés do esperado final da saga de Harry Potter vendeu decenas de miles de exemplares e colocouse durante varias semanas como un dos éxitos de vendas.
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 23-01-2008 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Lela
Unha canción máxica interpretada pola portuguesa Dulce Pontes.A letra atópase na obra de Castelao: "Os vellos non deben de namorarse" Se queres escoitala pincha aquí
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 22-01-2008 20:13
# Ligazón permanente a este artigo
Revista galega de música
Se és amante da música fai clik aqui para entrar na revista galega musical sono-tone ou fai clik aqui para entrar en ghastaspista
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 22-01-2008 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0