PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O entroido en Ourense



Moi interesante o especial de Vieiros da escola sobre os distintos xeitos de celebrar o entroido en Ourense. O triángulo máxico de Laza, Verín e Xinzo; pantallas, cigarróns, boteiros, batallas de formigas; comidas típicas destes días: orellas, cachucha, filloas; un pouco de todo para viaxares gratis e desde a túa casa por toda Galicia, Mira aquí
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 31-01-2008 20:52
# Ligazón permanente a este artigo
Xogamos


Queredes matar o tempo libre con Miro Ramiro? A verdade é que é un pouco pesadiño, pero paga a pena coñecelo :-)))) Preme aquí
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 28-01-2008 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
O cómic galego viaxará a Angouleme, La Habana ou Beja
Redacción . O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, reuniuse este xoves en San Caetano coa Mesa pola Banda Deseñada para planificaren as actividades a prol do sector neste ano.
17.01.2008 | 17:34-A NOSA TERRA
Xa para a semana, do 24 ao 27 de xaneiro, o cómic galego gozará dunha oportunidade para a promoción internacional ao participar no Festival de Angouleme en Francia. Por primeira vez, a Consellaría de Cultura e Deporte achegará a esta feira un stand de seu coas últimas creacións dos autores galegos. A exposición 'A Banda Avanza' e unha selección de publicacións feita pola Mesa da BD, que recolle a produción actual en Galiza de autores como Antonio Seijas, David Rubín, Fausto Isorna, Manel Cráneo, Kike Benlloch, Miguelanxo Prado, Pepe Carreiro, Norberto Fernández ou Xaquín Marín, serán as principais mostras da boa saúde da novena en Galiza. Repartirase tamén o CD 'BDG' do Consello da Cultura Galega e os catálogos da mostra 'Dez anos de viñetas'.
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 23-01-2008 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0