PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Agasallos en Galego


Xa tes pensado os agasallos para este Nadal? Non rompas máis a cabeza,ímosche botar unha man. Pásate pola páxina da Consellería e atoparás máis de unha idea: móbiles, xogos, libros, pelis...
Preme aquí
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 17-12-2008 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
O blog do Diario Cultural
O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos de radiodifusión galega. Comezou na temporada 1990-1991 cun formato que conxuga características dos informativos e mais da revista. O programa concíbese como un espazo de información, plataforma de divulgación cultural e foro de reflexión e debate atento ás novas fórmulas artísticas e creativas.
Dezaoito anos despois da primeira emisión abren o magnífico blog, no que poderás escoitar, por exemplo, as novidades editoriais na voz dos seus propios autores
Entrevistas, crítica especializada, debates, conversas, reportaxes, espazos dedicados á creación, lecturas dramatizadas e poéticas xunto con especiais e retransmisións conforman este espazo que se emite cada día na Radio Galega.
Para ires directamente ao blog preme aquí:

Preme aquí
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 07-11-2008 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Escrabble en Rede
Escolle entre unha morea de taboleiros coma este e, que comece a diversión!!Se che apetece pasar un bo anaco xogando aos xogos tradicionais de mesa, pero non che apetece ter que montar o tableiro e buscar amigos que xoguen contigo, proba este xogo en rede: O Escrabble en Galego. Preme aquí para acceder a unha morea de diversión!!!


Se non sabes como xogar, pero che interesa aprender para poder desfrutar de este xogo, preme aquí.
Categoría: 4.-Recomendacións e Suxestións - Publicado o 04-11-2008 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0