PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nós tamén somos Rosalía!
RosalíaGoogle dedica o seu ?doodle? a Rosalía no seu aniversario
Millóns de ordenadores abren neste 24 de febreiro lembrando Rosalía no seu aniversario.

Rosalía de Castro (1837-1885) está nas pantallas de millóns de ordenadores a través do buscador Google que esta terza feira dedica o seu ?doodle? á escritora galega no 178 aniversario do seu nacemento. A aparición de Rosalía na capa do buscador supón unha inmensa promoción a través da rede da autora de Follas Novas. Con anterioridade, Google xa dedicara o seu codiciado ?doodle? á escritora Concepción Arenal no 195 aniversario do seu nacemento. Daquela a imaxe da visitadora de cárceres, escritora, pensadora e avogada aparecía canda a célebre frase ?Abride escolas e pecharanse cárceres?.
Desta volta, ás 00 horas, como é habitual que muden a portada en Google, foi pendurada a imaxe de Rosalía no inicio do día no que se fai 178 anos do seu nacemento. O poema "Adiós ríos, adiós fontes" foi o escollido de fondo nunha imaxe no que o logotipo de Google apareceu cun escudo de Galiza no primeiro O, detrás da imaxe de Rosalía. Desta volta, foi iniciativa propia dedicarlle o doodle á escritora galega aínda que se puxeron en contacto e pediron colaboración á Fundación Rosalía.
Os ?doodles? son os cambios do logotipo de Google que aparecen maiormente en determinadas conmemoracións, festividades e efemérides diversas.
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 24-02-2015 09:28
# Ligazón permanente a este artigo
Día de Rosalía
O martes 24 celebramos a 178 aniversario do nacemento de Rosalía neste ano no que tamén se cumprirán, o vindeiro xullo, os 130 do seu pasamento.
Velaquí un vídeo no que se nos achega a súa personalidade, aínda que se realizou en castelán, parécenos moi interesante.

Nós tamén somos Rosalía!!!
Mulleres na historia - Rosalía de Castro
Mulleres na historia - Rosalía de Castro
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 23-02-2015 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
"Eu digo..."
?Eu digo...? é unha reacción solidaria e cómplice a ?Ghalegho?, onde hai unha alusión a Ribadeo que non quixemos deixar pasar sen máis por diante da porta.

Tamén nosoutros facemos alusións: Vila de Cruces, Moaña... ¿hai alguén aí?

Eu digo:
brosa: machada.
cabrois: cabróns.
camín: camiño.
camiois: camións.
chucho: bico.
cocho: porco.
cosco: caracol
dígoi: dígoo.
fato: parvo.
folgueira: fento.
ladrois: ladróns.
mazaeira: maceira.
padrín: padriño.
pantalois: pantalóns.
pícaros: nenos.
sapagueira: píntega.
xa ta: xa está.

Eu tamén me sinto orgulloso do galego pero, como coordinador, síntome aínda máis orgulloso de Sara, Cristina, María, Elena, Jaime e de toda a rapazada que mantén e usa o galego, a pesar de todos os ventos que veñen á contra.
Comentarios (0) - Categoría: 1.-Taboleiro da lingua - Publicado o 18-11-2014 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0