PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Gústame o galego
Estupenda campaña
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 12-01-2013 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Premios do concurso de microrrelatos
Na primeira edición do Concurso de Microrrelatos, convocado pola biblioteca e o equipo de normalización, presentáronse 16 participantes. A labor do xurado resultou moi difícil, debido á calidade dos relatos. Quérese felicitar a todos os participantes e animar a todo o alumnado a concursar en próximas edicións.
Reunido o xurado do 1º concurso de microrrelatos, e tras moitas deliberacións, decídese otorgar os seguintes premios:
- 3º premio, dotado con 20?: Relato 9 "Camerún, 255 días", de Adela Cebeiro (2ºR)
- 2º premio, dotado con 30?: Relato 11 "A Xornada de Merit", de Berta Bueno (1ºS)
- 1º premio, dotado con 50?: Relato 4 "Novo aquí", de Lucas Febrero (1ºS)
O preimo do xurado, dotado con 25?, concedido tras unha votación aberta a toda a comunidade escolar, concédese ao relato 7 "Só, perdido", de Mar Álvarez (2ºR)
Noraboa a todos os participantes
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 12-01-2013 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Relato 16

O neno chegou á súa casa, estaba deserta, coma sempre. Dende que os seus pais morreran era el o que traballaba, pensaba: teño sorte, teño un irmán de seis anos que tamén trae algo á casa, non como os meus veciños, que son oito irmáns e dúas irmás, e deles só dous superan os cinco anos. Teremos que empezar a pensar como vivir mellor, se polo menos fóramos á escola un ano, como os nenos ricos do meu barrio que poden permitirse ata durmir en camas. Outra solución sería emigrar, reunir o diñeiro para pagarlle aos señores aqueles a pasaxe para saír do país nunha patera...
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-12-2012 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0