PEDRIÑAS blog do ENDL do IES Pontepedriña


Blog do ENDL do IES Pontepedriña
O galego só é falado nunha esquina pola que se esconde o sol. Se tanto tempo aguantou neste recuncho máis ou menos pequeno, por algo será... Aquí podes atopar as pedriñas que imos deixando de todo o relacionado coa lingua deste recuncho chamado Galicia.

Para esta tarefa é imprescindible a túa axuda. Anímate a mandares as túas achegas a pedrinhas@hotmail.es




E ti de onde es? E que falas?

Dicionario de IR INDO




O meu perfil
pedrinhas@hotmail.es
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Depeapa17
portada depeapa17Xa temos o novo número da revista do centro, "depeapa17". Inclúe entrevistas,artigos, relatos, moitas fotografía e ata unha reportaxe sobre o manga!
Podes vela neste enlace
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-06-2014 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
Berta Dávila visita o noso centro
O pasado 3 de decembro visitounos a escritora Berta Dávila. Tras presentar a súa obra, respondeu ás preguntas do alumnado de 1ºBAC. Aquí tendes a entrevista:

Entrevista a Berta Dávila.


1)Cando sentiches a vocación de escribir?
Non sinto que a escrita, nin tampouco outra cousa, sexan unha vocación, alomenos nese sentido que ten a palabra "vocación", coma se fose unha chamada ou un don. Creo pouco nese tipo de conceptos. Penso que o desexo de escribir ten unha explicación doada: a lectura foi fundamental para min desde que era unha nena. Escribir seméllase ás veces a facer ti o libro que che gustaría ler, así que supoño que me gusta escribir desde que me gusta ler.
2)Tes un método para escribir?
Non teño un método, pero si son metódica. Corrixo moito e adoito ser bastante ordenada. Preciso ter claro até onde quero chegar para sentar a escribir, sobre todo cando se trata de novela. Son de facer esquemas, ir numerando versións, e esas cousas.
3)Como xorden as ideas?
Non o teño moi claro. Gustaríame, realmente, sabelo. A primeira idea é ás veces froito do azar, o xeito de desenvolvela chega, case sempre, despois de ler outras cousas. Por exemplo, coa última novela, O derradeiro libro de Emma Olsen, o personaxe xurdiu dunha fotografía de Anne Sexton, a poeta norteamericana. Despois lin moitas cousas sobre a América profunda e fun deseñando a historia aos poucos.
4)Cales son as principais dificultades?
Os momentos críticos nos que un proxecto, no que investín moito tempo, cambalea na corda frouxa. Cando non sei se serei quen de rematalo ou non.

5)As túas lecturas preferidas?
As listaxes cambian co tempo, e son sempre de mentira, porque deixas moitos libros fóra.
6)Hai alguna relación entre a túa obra e a túa propia experiencia persoal?
Sempre a hai. O que escribimos sempre fala de cousas que son importantes para nós, aínda que o que se conte sexa de ficción.
7)Narrativo ou Poesía?
Os dous, son experiencias moi diferentes e non prescindiría que ningunha.
8)Cando se escribe o primeiro libro, que se sente co resto?
Non todos os libros significan o mesmo para min. Os dous últimos son os que máis quero, aínda que tamén foi importante escribir os anteriores. Con cada libro novo apréndense cousas diferentes.
9)Cal podería ser o tema que che gustaría abordar no futuro mais aínda non te enfrontaches con el?
Gustaríame escribir unha novela para nenas e nenos.
10)Á hora de escribir que empregas preferentemente: ordenador ou escribes a man?
O ordenador, case sempre. A man só as primeiras versións da meirande parte dos poemas en cadernos apaisados, e algunhas notas para a narrativa en libretas de usos múltiples, onde comparten espazo con listaxes da compra e recordatorios varios.
11)Pasouche alguna vez que tiñas una idea na cabeza pero non sabías como plasmala no papel?
Pasoume moitas veces, e tamén ao revés, querer escribir un tipo determinado de texto, saber como quero contalo, e non ter unha idea clara para o facer.
12)Leva moito tempo escribir un libro?
No meu caso, leva o seu tempo, hai etapas nas que avanzas máis e outras nas que avanzas menos, pero todo o tempo é necesario, tamén o de deixar repousar. O que ocorre é que os proxectos se superpoñen uns cos outros, coexisten varios ao mesmo tempo e pode dar a sensación de que o proceso é máis rápido do que realmente é, como cando lemos varios libros á vez.
13)Houbo alguén na súa vida que motivase o acercamento á literatura?
Na miña familia hai moi bos lectores, tamén houbo mestras de escola e profesoras de instituto que me achegaron a lecturas que me deixaron unha pegada fonda.
14)É necesario ser moi disciplinado para escribir, ou simplemente conséguese deixándose levar e que surxa?
Creo que é necesario ser disciplinada para min, pero supoño que hai diferentes tipos de escritores.
Moitas grazas, Berta.
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 10-02-2014 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do concurso "Os doce máis votados"
Aquí están as cancións que máis vos gustaron, ordeadas por puntuación, e ca porcentaxe obtida:

1. Sen o teu riso, de Monoulious DOP (76%)
2. Terra, de Dakídarría (70,59%)
3. Apréndeo, de Aid (60%)
4. Berra, de Dios ke te crew (56%)
5. Xabaxeración, de Biribirlocke (50,98%)
6. Cansión Jallejo-Americana, de Monoulios DOP (50%)
7. Verano, de Medomedá (49,02%)
8. O meu amor, de Leilía (46%)
9. Heroes da resistencia, de Naô (45,10%)
10. Xigantes, de Ruxe-ruxe (45,10%)
11. Fai sol, de terbutalina (43,14%)
12. Buratos, de Ruxe-ruxe (43,14%)

En canto aos grupos de alumnado que terán a sorte de realizar un taller de rap con García MC son...
2ºS, 2ºT e 4ºD
Comentarios (0) - Categoría: 3.- Novas - Publicado o 15-01-2014 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
ENDL IES Pontepedriña

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0