|
|
|
|
|
|
| Feliz Nadal Para Todos!! |
|

Despois destes tres primeiros meses de esforzo e traballo do curso 2008-2009 unhas boas vacacións son ben merecidas e aínda máis se son nunhas datas tan sinaladas como o Nadal; cheo de regalos, reunións e ceas coa familia. Polo tanto no remate destes últimos días do pimero trimestre, o ENDL desexavos a todos vós un Bo Nadal e un Normalizado e Feliz Ano novo.
|
|
|
|
|
| Agasallos en Galego |
|

Xa tes pensado os agasallos para este Nadal? Non rompas máis a cabeza,ímosche botar unha man. Pásate pola páxina da Consellería e atoparás máis de unha idea: móbiles, xogos, libros, pelis...
Preme aquí |
|
|
|
|
| Inmersión total no ensino |
|
O Consello de Europa propúxolles ás comunidades autónomas españolas con linguas cooficiais que desenvolvan un modelo de ensino baseado na 'inmersión total' para aumentar a presenza destes idiomas á vez que cualificou de 'insatisfactoria' a situación do galego no ensino de Galiza.
Nun informe publicado este xoves, o Comité de Expertos do Consello de Europa, criticou que a educación en galego "non está amplamente dispoñíbel" en Galiza no ensino primario e secundaria e alertou de que o "número de nenos de educación preescolar cubertos" polo ensino en galego "segue sendo moi baixo", ao redor do 1,3 por cento.
Así, o informe recoñece que "houbo cambios no modelo educativo" nos últimos anos e encomia as medidas levadas a cabo pola Xunta a partir do anterior estudo do Comité de Expertos (en 2005), e "eloxia particularmente" o proxecto de 'Rede Galescola' posto en marcha por Vicepresidencia.
Con todo, os expertos do Consello de Europa consideran que estas medidas "non produciron resultados até a data" polo que insta o Goberno galego a "realizar melloras" na introdución do galego no sistema educativo.
No documento, o Comité de Expertos da Carta –que foi asinada polo Estado español o 5 de novembro de 1992 e ratificada o 9 de abril de 2001– avalía a situación das linguas rexionais e minoritarias no Estado, a partir dun informe proporcionado polas autoridades sobre o cumprimento da Carta e tras unha visita "sobre o terreo" realizada entre o 10 e o 14 de setembro de 2007.
Outros territorios
O Comité de Expertos considera no seu informe "que se cumpre" o compromiso adquirido polo Executivo galego de promover a lingua fose do territorio da Comunidade Autónoma onde exista unha comunidade de falantes que o requira.
Así, no informe fálase do convenio asinado co Goberno de Castela e León para promover a lingua galega nos territorios do Bierzo e Puebla de Sanabria.
Ademais, os expertos encomiaron o Proxecto Galauda, que ofrece aos alumnos de secundaria de Catalunya a posibilidade de escoller o galego como lingua optativa e a presenza de cursos deste idioma no Instituto Cervantes de Madrid desde 2006.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|