|
|
|
|
| ESTOU POR AQUÍ!!! |
|
Ola a todos e a todas, ando por aquí:
http://pedagoxiagalega.blogaliza.org/ |
|
|
|
|
| AGARDAREI |
|
A vida sempre fai que perdamos cousas no camiño de ir facendo.
Ás veces o camiño de construír un mundo mellor tropeza coa "pandeirada" e o simplismo.
Como ben dicía Celso Emilio Ferreiro, maxistralmente musicado por Luis Emilio Batallán, eu Agardarei...
Agardarei.
Teño o corazón senlleiro
E orfo na noite fría
Non importa agardarei
polo albor dun novo día
Non importa agardarei
polo albor dun novo día
Teño lobos teño sombras
teño a sorte fuxidia
Non importa agardarei
polo albor dun novo día
Non importa agardarei
polo albor dun novo día
la lai la la laila…
Esta mudo o reisiñor
Que outrora cantar solía
Non importa agardarei
polo albor dun novo día
Non importa agardarei
polo albor dun novo día
Que esta comigo a esperanza
fiando fía que fía
Ela fía i eu confío
no albor dun novo día
Non importa agardarei
polo albor dun novo día
Non importa agardarei
polo albor dun novo día
la lai la la laila…
Despois disto a traballar... que teño moitos traballiños pendentes nesta outra miña ilusión que é a PEDAGOXÍA... e todo polo reto de construir unha Galicia millor! |
|
|
|
|
| 981322] Deseño e Avaliación de Materiais Didácticos |
|
OS OBXECTIVOS DESTA MATERIA PRENTENDEN QUE SEXAMOS CAPACES DE...
- Construír un marco teórico de referencia que permita analizar, explicar e avaliar a toma de decisións
respecto aos materiais con finalidades educativas, identificando a súa funcionalidade integrada a unha
proposta e afondando nas súas potencialidades como estruturantes das prácticas educativas.
- Integrar as achegas teóricas desenvolvidas noutras disciplinas do plan de estudos e establecer
sínteses teóricas creativas que permitan iluminar as problemáticas que na futura práctica profesional
se presenten.
- Valorar o propio proceso de aprendizaxe realizado no desenvolvemento da materia e, tamén os
factores que interviñeron neste proceso (traballo do profesor/ra, selección e organización de contidos,
actividades, técnicas, procedementos e recursos, avaliación) co fin de tomar conciencia do proceso,
dos avances e retrocesos que significou, das características diferenciadas que adquire en cada un dos
logros e das dificultades.
Contidos
Bloque temático 1. Os materiais didácticos no currículo. Conceptualización e taxonomías
- Os materiais no Currículo
- Os materiais didácticos nos procesos de ensinanza-aprendizaxe
- Principais etapas no estudo dos materiais
- Concepto e función dos materiais didácticos. Tipos e funcións de materiais: para alumnos,
profesores, pais. Material multimedia, hipertexto, hipermedia...
- Definición de materiais didácticos. Diferenzas conceptuais entre: materiais curriculares, medios,
recursos, materiais instrucionais, material pedagóxico...
- Clasificación dos materiais didácticos
Bloque temático 2. Os materiais curriculares na reforma educativa e na Lei de Calidade
- Os materiais no contexto da LOGSE
- Os materiais curriculares no DCB (Deseño Curricular Base)
- Materiais curriculares elaborados dende a administración educativa: material de apoio curricular,
exemplificacións didácticas...
- Materiais elaborados dende os CEFOREs, MRPs, ONGs...
- Os materiais curriculares na LOCE
Bloque temático 3. Os libros de texto
- Concepto e función dos libros de texto
- Características dos libros de texto
- Economía política do libro de texto
- O uso dos libros de texto
- Posturas “a favor e en contra” dos libros de texto
- O libro de texto no contexto curricular
- Alternativas aos libros de texto
Bloque temático 4. Avaliación e deseño de materiais educativos
- Modelos e criterios de avaliación de materiais
- Propostas de guías de avaliación de materiais
- Proposta metodolóxica para o deseño de materiais a partir das propostas de avaliación
- A elaboración e adaptación dos materiais polos propios profesores. Unha oportunidade para o
desenvolvemento profesional
Bloque temático 5. A investigación no campo dos materiais didácticos
- Perspectivas de investigación en e sobre materiais
- Análise e clasificación das investigacións
- Recursos metodolóxicos apropiados para a investigación en e sobre materiais didácticos
Bloque temático 6. Os materiais didácticos no contexto educativo non formal
- Concepto de material no contexto educativo non formal
- Características dos materiais didácticos no ámbito non formal
- Novos contextos, novos profesionais e ¿”novos materiais”?
- Clasificación dos materiais didácticos no contexto non formal
- Criterios de avaliación dos materiais “non formais” |
|
|
|
|
| POR FIN, UNHA CLASE MOTIVADORA! |
|
Xa era hora. Facía anos que non ía para casa tan contento, tan centrado no que de verdade son as posibilidades que temos os pedagogos hoxe para mellorar a nosa sociedade.
Grazas a Jesús Rodríguez Rodríguez poidemos debatir sobre o asunto dos libros de texto.
Sinxelamente foi xenial. Contraste de pareceres, aporte de reflexións persoais, datos reais e un moito de pasión polo tema.
Así deben ser as clases na universidade do século XXI. |
|
|
|
|
| REVISTA IBEROAMERICANA DE EDUCACIÓN (48/6) |
|

Retomamos a información sobre a RIE.
SUMARIO 48/6
Las miradas de Jano – Columna de opinión
Alzate Yepes; Teresita: “Hay que enseñar a hacer ensayos”
De los lectores
Enseñanza de las Ciencias y de la Matemática
Alfonso, Carlos Abilio Alejandro; Perdomo Vázquez, José Manuel: “Aproximando el laboratorio virtual de Física General al laboratorio real”
Educación Superior
Mitre Aranda, María: “Organismos dinamizadores de los planes de evaluación en el sistema universitario español”
Formación Profesional
Aznar Díaz, Inmaculada; Hinojo Lucena, Francisco Javier: “La integración social a través del empleo y la formación: origen y evolución histórica de la Formación Profesional Ocupacional”
Tecnología de la Educación
Herrera Batista, Miguel Ángel: “Disponibilidad, uso y apropiación de las tecnologías por estudiantes universitarios en México: perspectivas para una incorporación innovadora”
Tecnología Educativa
Caballero, Sybil Lorena: “Tránsito digital en el ámbito educativo”
Reformas Educativas
Merchán Iglesias, F. Javier: “La cuestión del cambio de la práctica de la enseñanza y la necesidad de una teoría de la acción en el aula”
Educación Rural
Bustos Jiménez, Antonio: “Valoraciones del profesorado de escuela rural sobre el entorno presente”
E + I
Enseñanza de las Ciencias y de la Matemática
De morais, Francisco Alexandro: “O ensino de Ciências e Biologia nas turmas de eja: experiências no município de Sorriso-MT”
Recensión
Poujol Galván, Guadalupe: “Calidoscopio valores, ciudadanía y ethos como problemas educativo” de María Teresa Yurén y Sonia Stella Araujo (coords.). UAEM. Uribe y Ferrari Editores. México, 2007
Temas de Debates
Santos, Eliane Costa (Liu Onawale): Tema 160. “Etnomatemática e as Tecnologias Sociais : resignificação da Educação Formal nas Escolas Públicas”
Tablón de Anuncios
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|