fotoblogoteca dun que pas(e)aba por alí naquel xusto momento
Suplemento de actualidade de O Faiado da Memoria. Sen que sirva de precedente, nin manteña ningún tipo de continuidade

O meu perfil
damemoria@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO

...e pola tarde desfile de carrozas.

A iso das nove e algo da noite comenzaron o seu paseo pola rúas vilagarciás as carrozas que conformaban o desfile deste ano e que servían de colofón as festas de San Roque de 2009.

A partida tivo lugar desde a rúa Elpidio Villaverde, a beira do auditorio, e sufriu unha modificación no seu recorrido habitual debido as obras que se estan a realizar na de Rey Daviña pero que non desluciu un ápice o desenvolvemento do espectáculo.

Aquí podedes ver algúns dos aspectos deste desfile.

Que o disfrutedes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-08-2009 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Pola mañán na Festa da Ameixa do Carril...

Podería haber mellores cousas que facer (ainda que o dudo), pero non mellores de paladear (e desta non dudo nada).

Ai, que boiñas estaban as ameixas, cachislá. E é unha pena que pouco despois algén nos quixerá fastidiar tan boa dixestión como estábamos a disfrutar cun feito animal. Pero iso é unha historia que non vamos a relatar. Ademáis de que a dixestión seguiu o seu facer de forma natural e tranquila.

Con ver algunhas das fotografías que selecionamos deste evento carrilexo coido que é unha mellor opción.

Que disfruten.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-08-2009 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa da Auga (2ª parte)

Quedábannos 47 fotografías que tíñamos seleccionadas sobre a festa da auga sen meter o foi o que acabamos de realizar.

A última que metéramos era a 69 e a partir de aquí podedes continuar hasta a 116 que é a última.

Se pasamos cerca das carrozas de mañán dominfo deixaremos neste voso blog a impronta do noso paso.

Hasta ese momento que disfrutedes do día ou da noite, dependendo da zona na que vos atopedes ou de cando leades este post.

Deica logo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2009 02:49
# Ligazón permanente a este artigo
Combate naval
Chega o remate das festas de San Roque e con elo o tan esperado Combate Naval.

As doce da noite, cunha precisión case europea (o de ingleses non é en vano) estouparon as bombas de palenque que anunciaban o comenzo da foguetería de luces.

Apagáronse as luces e comenzou o espectáculo.

Durante algo máis de media hora as miles de persoas que ateigaban os areais de Vilagarcía poideron contemplar, outro ano máis, como o ceo se enchía de miles de cores, o aire de pólvora e os oidos de atronadores sons.

E o paseante, que non podía facer outra cousa que pasar por alí, tivo a ben de facer unhas fotografías para deixar constancia de que aquilo sucedeu.

Disfrutade, ainda que sinto que non teña son, pero podedes velas cunha música de fondo. Ó gusto de cada quen.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2009 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Auga 2009


Quizá sexa a procesión que conte con máis devotos deste país. Ó ritmo do pasodoble "triunfo" sube aupado por centos de persoas, que se van convertindo en miles, a imaxe de San Roque desde a parroquial a capilla que leva o seu nome.

Despois, tras un breve pregón, comenza o diluvio.

Está é unha secuencia dese día humedo por todas partes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2009 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Benvidos a este suplemento de actualidade

Ola,

o Paseante é un fotoblog de actualidades e curiosidades dunha persona que se dedica a andar polo mundo. Iso si, por un mundo pequeno que se chama Vilagarcía (de Arousa, non confundir con outras).

A diferencia do orixinal de O faiado da Memoria, o material que se mostra aquí son elementos de actualidade, fotografiadas por nos ou por amigos que nos envían os seus materiais (vídeos, fotografías e debuxos, non, as esculturas non nos collen polo e-mail) e que nos colocamos neste lugar.

Non é un espazo para comentar pero estamos abertos a que se diga o que se queira. que se queira con matices posto que se non nos parece procedente lle damos o botón de borrar e enviámolo ó limbo dos comentarios perdidos. A vida é así de dura.

De todas formas este lugar é para poder ver aquilo que non todos chegan a poder facelo e máxime cando están lonxe deste lugar.

Pasen e disfruten.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2009 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal