fotoblogoteca dun que pas(e)aba por alí naquel xusto momento
Suplemento de actualidade de O Faiado da Memoria. Sen que sirva de precedente, nin manteña ningún tipo de continuidade

O meu perfil
damemoria@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO

Novas do PASEANTE

O Paseante, que a maior parte das veces está a descansar, ven de engadir novas fotografías o seu espazo.

A semán pasada foi a homenaxe o doutor Moreira Casal, xusto un día antes da nosa viaxe a Madrid, e aquí está esa viaxe, con incidentes incluidos, para a presentación do noso documental Aillados na Universidade Complutense da capital.

Tamén colocamos unha nova Galería que, co título xenérico de COUSAS DOS NOSOS BLOGUEIROS/AS>, vai a amosar fotos actuais dos nosos (e nosas) blogueiros alí onde estén e que nos envíen ben por correo electrónico ou polo medio que consideren. É outra forma de interconectar as distintas personas que están a outro lado da pantalla. Este é un espazo aberto, como un gran caixón de sastre onde colle case de todo. Animádevos e envialo voso material.

Esperemos que sigades disfrutando.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2010 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
MOREIRA, FILLO PREDILECTO DE VILAGARCÍA

O Concello de Vilagarcía, a petición popular, nomeou hoxe Fillo Predilecto ao Doutor José Moreira Casal. ¡Xa era hora¡. ¡Despois de 33 anos de democracia!.

Era de xustiza. Foi un insigne Doutor en medicina, soio pensaba en sanar os enfermos, en curalos. Loitaba contra as circunstancias que fosen, todo daba igual. Enriba do seu cabalo Lucero, Moreira recorría os camiños día e noite, e logo si a familia era modesta, non cobraba, e si vía moita necesidade, pagaba por ir, deixando cartos debaixo da almofada.

Tamén foi concelleiro en Vilagarcía polo Partido Galeguista. Nesta faceta non perdía a súa humanidade, cando a folga dos estibadores, non dudou en gastar todo o presuposto da súa concelleria en medicinas e vendas para curalos dos golpes da guardia civil. Isto lle costou unha reprimenda en Pleno do Alcalde Elpidio, e casi chegan as mans.

Cando estalou a loucura do 36, Moreira foi detido e conducido a carcel de Ourense, logo foi desterrado e deportado a Teruel, polas novas autoridades fascistas, a curar feridos da guerra no frente. Alí enfermou, pasou mil calamidades, e, tremendamente deprimido, mandárono para a súa casa a morrer.

Moreira era patrimonio non esquencido de tódolos vilagarciáns, por iso hoxe estamos todos de noraboa.

Premendo aquí podedes acceder a unha serie de fotografías dos actos deste sábado, 19 de xuño, e tamén teredes acceso a un vídeo que realizamos pero que non estará dispoñible ata que voltemos de Madrid.

Disfrutade.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2010 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal