fotoblogoteca dun que pas(e)aba por alí naquel xusto momento
Suplemento de actualidade de O Faiado da Memoria. Sen que sirva de precedente, nin manteña ningún tipo de continuidade

O meu perfil
damemoria@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO

Benvidos a este suplemento de actualidade

Ola,

o Paseante é un fotoblog de actualidades e curiosidades dunha persona que se dedica a andar polo mundo. Iso si, por un mundo pequeno que se chama Vilagarcía (de Arousa, non confundir con outras).

A diferencia do orixinal de O faiado da Memoria, o material que se mostra aquí son elementos de actualidade, fotografiadas por nos ou por amigos que nos envían os seus materiais (vídeos, fotografías e debuxos, non, as esculturas non nos collen polo e-mail) e que nos colocamos neste lugar.

Non é un espazo para comentar pero estamos abertos a que se diga o que se queira. que se queira con matices posto que se non nos parece procedente lle damos o botón de borrar e enviámolo ó limbo dos comentarios perdidos. A vida é así de dura.

De todas formas este lugar é para poder ver aquilo que non todos chegan a poder facelo e máxime cando están lonxe deste lugar.

Pasen e disfruten.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2009 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal