fotoblogoteca dun que pas(e)aba por alí naquel xusto momento
Suplemento de actualidade de O Faiado da Memoria. Sen que sirva de precedente, nin manteña ningún tipo de continuidade

O meu perfil
damemoria@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO

a radio e a sc arousa
Aproveitando a retrasmisión dos sete últimos minutos do partido de ascenso a segunda B entre o Olot de Girona e o Arousa s.c. realizados pola radio arousa, na voz de Felipe Suárez, alá polos inicios dos anos oitenta, facemos un percorrido visual polo equipo vilagarcían.

O choque celebrado na ida fora de 2-0 a favor do Arousa, polo que iban cunha lixeira ventaxa, pero os poucos minutos de comenzar o encontro os de Olot marcaban un gol. Aquí queda a emoción do remate do encontro a espera de si o Olot logra empatar o encontro o si os de Vilagarcía consiguen resistir.

Pasen e vexan, ou disfruten.

Arousa sc from o faiado da memoria on Vimeo.



Hai un fallo na subida a internet que fai que o vídeo se quede parado os dous minutos. Intentaremos subsanalo en breve.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2010 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Paulinha Casalderrey


Ela e a filla do noso Casalderrey, Paula. E unha muller chea de saudade por Galicia ainda que naceu no Brasil, firmemente apegada a terra do seu Pai, coñeceremola en calquer momento, promete visitarnos, namentras un avance...
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-12-2009 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
A segunda cea do Faiado da Memoria

Neste apartado vamos a subir as fotografías que se fixeron durante a cea do venres 11 de decembro así como os vídeos que gravamos.

Para comenzar colocamos o vídeo do banquete.


banquete

E agora podemos ver a actuación do amigo Jorge Allegue, membro dos Strikkes.

Chegou o restaurante no momento dos cafés e sen sequera tempo para quentala voz, colleu o micro e púxose a cantar este tema que popularizou Nino Bravo, te quiero.



Actuación de José Manuel Casalderrey na cea.

Acompañado pola súa armónica, tal como fixera no festival "...coa axuda dos meus amigos", e os teclados por Juan Carlos Porto, interpretou, os postres, varias cancións da que extractamos este "begin the begine".



A voz de Manolo Pérez extendeuse por todo o restaurante co tema de "la barca". O seu lado o acompañamento (oficial de O Faiado) de Juan Carlos Porto.



O dúo Garrigarci, ou sexa Javier Garrido e Nano García, dedícalle a Margarita o tema Anduriña.



X+8. Podría ser unha fórmula matemática pero non. Son o grupo de rapazas formadas por Pilar, Esther, Lourdes, Susi, María José, Victoria, Ángeles, Juana, Rosa e Marisa. Tras a súa actuación no auditorio saltan a palestra do restaurante sen o equipamento adecuado pero cun ánimo que desborda. Cantan o tema de "mis manos en tu cintura" e, neste caso, a X vai a ser Juan Carlos Porto.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-12-2009 16:07
# Ligazón permanente a este artigo
A gala de


Vos imos poñer un feixe de fotos para que poidades disfrutar de novo da nosa festa. So tedes que premer aquí.

Para aqueles que queiran saber algo máis sobre o presentador da gala podedes facelo premendo aquí e xa vos levará directamente o seu blog e alí tedes a súa vida e obra. Tamén podedes acceder a el a través do link que hai no Faiado da Memoria na columna da esquerda no lugar que pon "tamén podedes ir a".

Que disfrutedes.

Comentarios (0) - Categoría: a gala de "...coa axuda dos meus amigos" - Publicado o 06-12-2009 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Si e que vale pa todo.
O ano pasado xa estaba en marcha o proxecto do Faiado, no principio (Agora tamen) curramos unha chea, habia que facer arquivo, pero a o mismo tempo veu o grupo Airiños de Asados, que estaba de aniversario e quixeron celebralo a o grande. Encargaronlle a Antonio un documental. ¡Buenooo¡ E non dixo que non, claro, porque non sabe dicir que non, naceu pra politico. Veña a Asados de cotio a grabar, unha das veces as catro da mañan a un panadeiro, no forno...Bueno quedou bonito, os de Asados o merecen, son un grupo de Teatro admirable, sempre fixeron Teatro en galego, inclusive nos tempos negros da dictadura, ahi estaban eles, intentando que non se esquencese a fala, a nosa, a dos nosos Pais, as dos nosos Abos. O documental chamase "Esta Noite Velada". A o grupo de Teatro Airiños acaban de darlle un premio, o merecen, o vivimos como si fose noso. Eiqui vos deixo un link, no que podedes ir a noticia.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2009 17:00
# Ligazón permanente a este artigo
...e pola tarde desfile de carrozas.

A iso das nove e algo da noite comenzaron o seu paseo pola rúas vilagarciás as carrozas que conformaban o desfile deste ano e que servían de colofón as festas de San Roque de 2009.

A partida tivo lugar desde a rúa Elpidio Villaverde, a beira do auditorio, e sufriu unha modificación no seu recorrido habitual debido as obras que se estan a realizar na de Rey Daviña pero que non desluciu un ápice o desenvolvemento do espectáculo.

Aquí podedes ver algúns dos aspectos deste desfile.

Que o disfrutedes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-08-2009 01:28
# Ligazón permanente a este artigo
Pola mañán na Festa da Ameixa do Carril...

Podería haber mellores cousas que facer (ainda que o dudo), pero non mellores de paladear (e desta non dudo nada).

Ai, que boiñas estaban as ameixas, cachislá. E é unha pena que pouco despois algén nos quixerá fastidiar tan boa dixestión como estábamos a disfrutar cun feito animal. Pero iso é unha historia que non vamos a relatar. Ademáis de que a dixestión seguiu o seu facer de forma natural e tranquila.

Con ver algunhas das fotografías que selecionamos deste evento carrilexo coido que é unha mellor opción.

Que disfruten.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 24-08-2009 00:29
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa da Auga (2ª parte)

Quedábannos 47 fotografías que tíñamos seleccionadas sobre a festa da auga sen meter o foi o que acabamos de realizar.

A última que metéramos era a 69 e a partir de aquí podedes continuar hasta a 116 que é a última.

Se pasamos cerca das carrozas de mañán dominfo deixaremos neste voso blog a impronta do noso paso.

Hasta ese momento que disfrutedes do día ou da noite, dependendo da zona na que vos atopedes ou de cando leades este post.

Deica logo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2009 02:49
# Ligazón permanente a este artigo
Combate naval
Chega o remate das festas de San Roque e con elo o tan esperado Combate Naval.

As doce da noite, cunha precisión case europea (o de ingleses non é en vano) estouparon as bombas de palenque que anunciaban o comenzo da foguetería de luces.

Apagáronse as luces e comenzou o espectáculo.

Durante algo máis de media hora as miles de persoas que ateigaban os areais de Vilagarcía poideron contemplar, outro ano máis, como o ceo se enchía de miles de cores, o aire de pólvora e os oidos de atronadores sons.

E o paseante, que non podía facer outra cousa que pasar por alí, tivo a ben de facer unhas fotografías para deixar constancia de que aquilo sucedeu.

Disfrutade, ainda que sinto que non teña son, pero podedes velas cunha música de fondo. Ó gusto de cada quen.

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-08-2009 01:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Auga 2009


Quizá sexa a procesión que conte con máis devotos deste país. Ó ritmo do pasodoble "triunfo" sube aupado por centos de persoas, que se van convertindo en miles, a imaxe de San Roque desde a parroquial a capilla que leva o seu nome.

Despois, tras un breve pregón, comenza o diluvio.

Está é unha secuencia dese día humedo por todas partes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 21-08-2009 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal