fotoblogoteca dun que pas(e)aba por alí naquel xusto momento
Suplemento de actualidade de O Faiado da Memoria. Sen que sirva de precedente, nin manteña ningún tipo de continuidade

O meu perfil
damemoria@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO

O CARRIL CHEIRA A MAR

Fai dous días que inauguramos a exposición sobre o Carril. O Gato Negro estaba a tope, e iso que por ser o tempo das vacacións houbo ausencias, inclusive de blogueiros do Carril, a cambio viñeron outros, xente que nos ofreceu o seu calor, o seu calido calor nun día para nos emocionante.

Seguramente que se fan exposicions tecnicamente millores, non o dudamos, inclusive o aseguramos, pero non con mais sentimento, iso non, levamos meses entregados a ese trozo noso tan especial como e o Carril.

Vos deixamos unhas cantas fotos da inauguración. Queremos resaltar a actuacion da Coral Cortegada, que nos ofreceron cinco obras ensaiadas con amor para a nosa inauguracion. GRACIAS, Juan Carlos Porto o noso Artista, grande como sempre. GRACIAS.

Tamén queremos agradecer desde eiqui a colaboracion de Pilar, Lourdes e Javier Garrido, eles poñen a súas voces na montaxe do vídeo, esas voces dos Garrido sempre ao servicio do Faiado, GRACIAS.

Non podemos esquencer a Cofradía de Pescadores Santiago Apostol do Carril, a Fernando Franco o seu Patrón, as traballadoras Rosi e Fernanda Eiras e a Malu Conde. A Lourdes Durán, presidenta do Gato Negro, a José responsable da cultura no Gato, a Inma e Manolo Garcia, a Alicia Bascuas, a Leonor Múñiz, a Margarita Crespo, a Isabel e Daniel Garrido que tanto nos axudaron nas identificacións das fotografías. GRACIAS.

Mais adiante publicaremos o nome das familias e persoas colaboradoras da exposición do Carril a quen tanto lles debemos e sen eles e elas dificilmente teríamos nada exposto.

E tamén gracias a Concellería de Cultura e a Castro Ratón polo seu apoio constante a este proxecto de O Faiado da Memoria e as concelleiras do Carril, especialmente a Susana Camiño que nos resolveu todo tipo de problemas con ese seu "temperamento carrilexo".

Mentras tanto disfrutade con istas fotos da inauguración realizadas, ben profesionalmente, por Víctor Nieves do Diario de Arousa ou, de forma afecionada, pero non con menos cariño, por Isabel Garrido. E cando pasedes pola exposición deixade un comentario das vosas impresións.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2010 07:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Hola un saludo a tod@s desde Carril vale Antonio Margarita,sois los mejores,oleeeeee,es una maravilla lo que estais haciendo amigos,ya sabeis seguir asi#blgtk08# vale,cuidaros mucho un saludo y un abrazo.

Manuel Vazquez

CARRIL CHEIRA A MAR. VIVA CARRIL
Comentario por MANUEL VAZQUEZ (02-08-2010 21:25)
2 Me encantaria pertenecer a una asociacion como la vuestra#blgtk08#, pero por desgracia en mi ciudad no hay nada parecido :(
Comentario por Viajes (22-03-2011 22:41)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0