fotoblogoteca dun que pas(e)aba por alí naquel xusto momento
Suplemento de actualidade de O Faiado da Memoria. Sen que sirva de precedente, nin manteña ningún tipo de continuidade

O meu perfil
damemoria@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 ARQUIVO

Nosa Exposición

Unha subida pequena para deixar constancia da actualidade de O Faiado da Memoria e os seus amigos.

Pinchar neste enlace.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-08-2012 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
PRIMEIRA CENA DO FAIADO

Chegamos moi finos antes que nadie por aquelo da educacion que nos enseñaron os nosos maiores, o restaurante xa estaba asi de iluminado
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-06-2012 08:15
# Ligazón permanente a este artigo
ESTREA DE "ARDE MADRID"... en Madrid


Fueron unos dias muy emocionantes, hacer un documental es lo que tiene, Antonio Caeiro empezo la creacion en 2005, muchos viajes, muchos viajes, muchas vidas, muchas emociones...Por eso significaba ¡TANTO¡ Fue precioso ver llegar a la gente, no cabia un alfiler, tuvieron que poner mas sillas...
Goyi, nuestra Goyi de AMESDE, la asociacion que nos llamo los tres ultimos años, juntamente con la Universidad Complutense comentaba que fue su acto mas masivo. MARAVILLOSO.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-04-2012 18:40
# Ligazón permanente a este artigo
Quinta Xuntanza

Dis que non hai quinto malo...debe ser certo, a Comida que organizamos no Restaurante O Boliño de Tremoedo, quizas fose a millor en canto a pasalo ben. Tamen posiblemente no menu e no precio, pero iso e o de menos, o de mais os amigos que nos acompañaron, tamen os amigos que non poideron estar con nos. Non poideron Carmen Santiso a que queremos desde nena, non poido Margarita Coello, Paco Salgado e Luis Silva no Nepal Non poido a nosa Esperanza Alcalde, non poideron as nosas primas Elena e Casi Vila, xunto a Jose Carlos Daponte tamen nos faltaron Luis Carlos Penide e a nosa Marite. Con nos estiveron Anne e
José Manuel Casalderrey, (a os que lle adicamos a xuntanza) María Dolores Mariño e
Javier, Pilar Buhigas, Pilar Gómez, Antonio Escaloni, Rita Garrido,Genaro, Luis Garrido, Carmela, Cándido, Goya, Jacobo Rey, Fernando Salgado, Chiruca Porriño, Victoria Porriño, Julia, Tere Briones, Popeta, Maribel Diz, Andrés Aido, Juana, Morgade, Roberto Ocaña, Mari, Mariví Diz, José Carlos Dasilva, Jesus villaverde, Puri Castro, Isabel Garrido e Benito, Lourdes e Tono, Pilar, Javier Garrido, Esther Blanco, Carmen Villanueva, Lidia Corujo, Mercedes Paz, Lolita Camiño, Jose Luis Sanz, Juan Jesus Paz e Juan Luis Patiño.

A os que viñeron a tomar cafe porque xa non habia sitio na comida, compañeiros de colexio e sentimentos como Edelmiro Cuiña, Eduardo Miranda e Carlos A Puga. A TODOS gracias. Sin vos nada seria posible.

Aquí podedes velas fotografías
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 18-10-2011 19:54
# Ligazón permanente a este artigo
A terceira cea de O Faiado

Imaxes da terceira cea de O Faiado celebrada o día 27 de novembro de 2010 na Churrasquería A Praza de O Castro.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2010 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
O CARRIL CHEIRA A MAR

Fai dous días que inauguramos a exposición sobre o Carril. O Gato Negro estaba a tope, e iso que por ser o tempo das vacacións houbo ausencias, inclusive de blogueiros do Carril, a cambio viñeron outros, xente que nos ofreceu o seu calor, o seu calido calor nun día para nos emocionante.

Seguramente que se fan exposicions tecnicamente millores, non o dudamos, inclusive o aseguramos, pero non con mais sentimento, iso non, levamos meses entregados a ese trozo noso tan especial como e o Carril.

Vos deixamos unhas cantas fotos da inauguración. Queremos resaltar a actuacion da Coral Cortegada, que nos ofreceron cinco obras ensaiadas con amor para a nosa inauguracion. GRACIAS, Juan Carlos Porto o noso Artista, grande como sempre. GRACIAS.

Tamén queremos agradecer desde eiqui a colaboracion de Pilar, Lourdes e Javier Garrido, eles poñen a súas voces na montaxe do vídeo, esas voces dos Garrido sempre ao servicio do Faiado, GRACIAS.

Non podemos esquencer a Cofradía de Pescadores Santiago Apostol do Carril, a Fernando Franco o seu Patrón, as traballadoras Rosi e Fernanda Eiras e a Malu Conde. A Lourdes Durán, presidenta do Gato Negro, a José responsable da cultura no Gato, a Inma e Manolo Garcia, a Alicia Bascuas, a Leonor Múñiz, a Margarita Crespo, a Isabel e Daniel Garrido que tanto nos axudaron nas identificacións das fotografías. GRACIAS.

Mais adiante publicaremos o nome das familias e persoas colaboradoras da exposición do Carril a quen tanto lles debemos e sen eles e elas dificilmente teríamos nada exposto.

E tamén gracias a Concellería de Cultura e a Castro Ratón polo seu apoio constante a este proxecto de O Faiado da Memoria e as concelleiras do Carril, especialmente a Susana Camiño que nos resolveu todo tipo de problemas con ese seu "temperamento carrilexo".

Mentras tanto disfrutade con istas fotos da inauguración realizadas, ben profesionalmente, por Víctor Nieves do Diario de Arousa ou, de forma afecionada, pero non con menos cariño, por Isabel Garrido. E cando pasedes pola exposición deixade un comentario das vosas impresións.
Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-08-2010 07:55
# Ligazón permanente a este artigo
Novas do PASEANTE

O Paseante, que a maior parte das veces está a descansar, ven de engadir novas fotografías o seu espazo.

A semán pasada foi a homenaxe o doutor Moreira Casal, xusto un día antes da nosa viaxe a Madrid, e aquí está esa viaxe, con incidentes incluidos, para a presentación do noso documental Aillados na Universidade Complutense da capital.

Tamén colocamos unha nova Galería que, co título xenérico de COUSAS DOS NOSOS BLOGUEIROS/AS>, vai a amosar fotos actuais dos nosos (e nosas) blogueiros alí onde estén e que nos envíen ben por correo electrónico ou polo medio que consideren. É outra forma de interconectar as distintas personas que están a outro lado da pantalla. Este é un espazo aberto, como un gran caixón de sastre onde colle case de todo. Animádevos e envialo voso material.

Esperemos que sigades disfrutando.

Comentarios (2) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-06-2010 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
MOREIRA, FILLO PREDILECTO DE VILAGARCÍA

O Concello de Vilagarcía, a petición popular, nomeou hoxe Fillo Predilecto ao Doutor José Moreira Casal. ¡Xa era hora¡. ¡Despois de 33 anos de democracia!.

Era de xustiza. Foi un insigne Doutor en medicina, soio pensaba en sanar os enfermos, en curalos. Loitaba contra as circunstancias que fosen, todo daba igual. Enriba do seu cabalo Lucero, Moreira recorría os camiños día e noite, e logo si a familia era modesta, non cobraba, e si vía moita necesidade, pagaba por ir, deixando cartos debaixo da almofada.

Tamén foi concelleiro en Vilagarcía polo Partido Galeguista. Nesta faceta non perdía a súa humanidade, cando a folga dos estibadores, non dudou en gastar todo o presuposto da súa concelleria en medicinas e vendas para curalos dos golpes da guardia civil. Isto lle costou unha reprimenda en Pleno do Alcalde Elpidio, e casi chegan as mans.

Cando estalou a loucura do 36, Moreira foi detido e conducido a carcel de Ourense, logo foi desterrado e deportado a Teruel, polas novas autoridades fascistas, a curar feridos da guerra no frente. Alí enfermou, pasou mil calamidades, e, tremendamente deprimido, mandárono para a súa casa a morrer.

Moreira era patrimonio non esquencido de tódolos vilagarciáns, por iso hoxe estamos todos de noraboa.

Premendo aquí podedes acceder a unha serie de fotografías dos actos deste sábado, 19 de xuño, e tamén teredes acceso a un vídeo que realizamos pero que non estará dispoñible ata que voltemos de Madrid.

Disfrutade.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 19-06-2010 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
exposición "A ESCOLA EN VILAGARCÍA"


Abrimos dous espazos para que podades ver, dende a lonxanía, o que acontece arrededor da exposición de "A escola en Vilagarcía" que permanecerá até o 27 deste mes de marzo de 2010 na sala de exposicións do concello de Vilagarcía.

O primero destes espazos refírese a exposición e mostra distintos apartados da mesma. Leva por título xenérico A exposición "A escola en Vilagarcía".

O segunda mostra o día da inauguración cunha serie de 28 fotografías no que se poden ver as personas que pasaron pola tarde na tarde-noite do martes día 9. Leva por título Inauguracón expo "A escola en Vilagarcía".

Esperemos que disfutedes, tanto en vivo e en directo como de forma virtual, desta exposición.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-03-2010 08:07
# Ligazón permanente a este artigo
a radio e a sc arousa
Aproveitando a retrasmisión dos sete últimos minutos do partido de ascenso a segunda B entre o Olot de Girona e o Arousa s.c. realizados pola radio arousa, na voz de Felipe Suárez, alá polos inicios dos anos oitenta, facemos un percorrido visual polo equipo vilagarcían.

O choque celebrado na ida fora de 2-0 a favor do Arousa, polo que iban cunha lixeira ventaxa, pero os poucos minutos de comenzar o encontro os de Olot marcaban un gol. Aquí queda a emoción do remate do encontro a espera de si o Olot logra empatar o encontro o si os de Vilagarcía consiguen resistir.

Pasen e vexan, ou disfruten.

Arousa sc from o faiado da memoria on Vimeo.



Hai un fallo na subida a internet que fai que o vídeo se quede parado os dous minutos. Intentaremos subsanalo en breve.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-01-2010 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal