O pouco de recibila cámara de vídeo nova decidimos facer unha prova con ela e co trípode, tamén novo.
Fúmonos até o centro cultural de San Roque onde ensaia a Coral Cortegada co noso amigo (e supoñemos que voso tamén) Juan Carlos Porto e démoslle o botón de record.
O resultado, a pesares de que o ordenador non foi capaz de movernos as imaxes (por non se sabe que cuestión) e por iso a montaxe non é moi boa, é esta gravación que tedes aquí colocada.
Abrimos dous espazos para que podades ver, dende a lonxanía, o que acontece arrededor da exposición de "A escola en Vilagarcía" que permanecerá até o 27 deste mes de marzo de 2010 na sala de exposicións do concello de Vilagarcía.
O primero destes espazos refírese a exposición e mostra distintos apartados da mesma. Leva por título xenérico A exposición "A escola en Vilagarcía".
O segunda mostra o día da inauguración cunha serie de 28 fotografías no que se poden ver as personas que pasaron pola tarde na tarde-noite do martes día 9. Leva por título Inauguracón expo "A escola en Vilagarcía".
Esperemos que disfutedes, tanto en vivo e en directo como de forma virtual, desta exposición.
Aproveitando a retrasmisión dos sete últimos minutos do partido de ascenso a segunda B entre o Olot de Girona e o Arousa s.c. realizados pola radio arousa, na voz de Felipe Suárez, alá polos inicios dos anos oitenta, facemos un percorrido visual polo equipo vilagarcían.
O choque celebrado na ida fora de 2-0 a favor do Arousa, polo que iban cunha lixeira ventaxa, pero os poucos minutos de comenzar o encontro os de Olot marcaban un gol. Aquí queda a emoción do remate do encontro a espera de si o Olot logra empatar o encontro o si os de Vilagarcía consiguen resistir.
Ela e a filla do noso Casalderrey, Paula. E unha muller chea de saudade por Galicia ainda que naceu no Brasil, firmemente apegada a terra do seu Pai, coñeceremola en calquer momento, promete visitarnos, namentras un avance...
E agora podemos ver a actuación do amigo Jorge Allegue, membro dos Strikkes.
Chegou o restaurante no momento dos cafés e sen sequera tempo para quentala voz, colleu o micro e púxose a cantar este tema que popularizou Nino Bravo, te quiero.
Acompañado pola súa armónica, tal como fixera no festival "...coa axuda dos meus amigos", e os teclados por Juan Carlos Porto, interpretou, os postres, varias cancións da que extractamos este "begin the begine".
X+8. Podría ser unha fórmula matemática pero non. Son o grupo de rapazas formadas por Pilar, Esther, Lourdes, Susi, María José, Victoria, Ángeles, Juana, Rosa e Marisa. Tras a súa actuación no auditorio saltan a palestra do restaurante sen o equipamento adecuado pero cun ánimo que desborda. Cantan o tema de "mis manos en tu cintura" e, neste caso, a X vai a ser Juan Carlos Porto.
Vos imos poñer un feixe de fotos para que poidades disfrutar de novo da nosa festa. So tedes que premer aquí.
Para aqueles que queiran saber algo máis sobre o presentador da gala podedes facelo premendo aquí e xa vos levará directamente o seu blog e alí tedes a súa vida e obra. Tamén podedes acceder a el a través do link que hai no Faiado da Memoria na columna da esquerda no lugar que pon "tamén podedes ir a".
O ano pasado xa estaba en marcha o proxecto do Faiado, no principio (Agora tamen) curramos unha chea, habia que facer arquivo, pero a o mismo tempo veu o grupo Airiños de Asados, que estaba de aniversario e quixeron celebralo a o grande. Encargaronlle a Antonio un documental. ¡Buenooo¡ E non dixo que non, claro, porque non sabe dicir que non, naceu pra politico. Veña a Asados de cotio a grabar, unha das veces as catro da mañan a un panadeiro, no forno...Bueno quedou bonito, os de Asados o merecen, son un grupo de Teatro admirable, sempre fixeron Teatro en galego, inclusive nos tempos negros da dictadura, ahi estaban eles, intentando que non se esquencese a fala, a nosa, a dos nosos Pais, as dos nosos Abos. O documental chamase "Esta Noite Velada". A o grupo de Teatro Airiños acaban de darlle un premio, o merecen, o vivimos como si fose noso. Eiqui vos deixo un link, no que podedes ir a noticia.
A iso das nove e algo da noite comenzaron o seu paseo pola rúas vilagarciás as carrozas que conformaban o desfile deste ano e que servían de colofón as festas de San Roque de 2009.
A partida tivo lugar desde a rúa Elpidio Villaverde, a beira do auditorio, e sufriu unha modificación no seu recorrido habitual debido as obras que se estan a realizar na de Rey Daviña pero que non desluciu un ápice o desenvolvemento do espectáculo.
Podería haber mellores cousas que facer (ainda que o dudo), pero non mellores de paladear (e desta non dudo nada).
Ai, que boiñas estaban as ameixas, cachislá. E é unha pena que pouco despois algén nos quixerá fastidiar tan boa dixestión como estábamos a disfrutar cun feito animal. Pero iso é unha historia que non vamos a relatar. Ademáis de que a dixestión seguiu o seu facer de forma natural e tranquila.