Parrafada G@lega


Un espazo para escribir , unha lingua para vivir
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 DESTACADOS

A palabra da discordia
Para comezar o ano fun a unha sesión de cine pola tarde, o día de aninovo. Dez minutos antes da proxección, uns anuncios apareceron na pantalla, como de costume. Que se unha colonia, que se unha marca de roupa, que se isto...
Mais apareceu un que falaba da artesanía nesta nación. É un anuncio que podemos ver en calquera momento na televisión, pois tamén se emite nesa vía. Ao final do anuncio aparece un lema no que aparece a gran palabra de controversia neste país: Galiza. É unha verba ben riquiña, mais non sofre todo o apoio que lle gustaría. De feito, non houbo cousa que máis me disgustara nese intre que un comentario que oín:"Galiza... serán gilipollas!"
Comprendo perfectamente que hai xente que non apoia certas ideas nacionalistas. Compréndoo, pois tamén quero que me comprendan como nacionalista que son. Mais o que non quero entender, porque é así a única maneira de acadar a liberdade, por que se recibe un insulto, unha ofensa, a cambio dunha palabra.
Non quero entender as escuras razóns que se esconden tras esa expresión tan vulgar.
A educación. A educación do respeto e a educación que nos brinda a Historia deste país.

Quizais el non saiba que a palabra GaliZa xa a usaba Castelao, que non é unha invención dun partido político. A palabra GaliZa é usada por unha lingua tan lonxeva como a que usamos, o portugués; é usada tamén pola xente que pensa que é a forma correcta. É unha forma correcta se se fala en galego, e, se se quere, en castelán. Acaso outras nacionalidades do Estado, como Euzkadi ou Catalunya, non teñen a forma en castelán e no seu correspondente idioma? Considero, persoalmente, que a forma GaliZa é igual de válida que Catalunya ou Euzkadi.

Que non escoite quen non queira escoitar, que non fale quen non queira falar.
O único que se esixe é respecto, respecto a unha educación e ás persoas que si a teñen, porque é a base da liberdade. Eu non ofendo outras formas de entender a vida, o mundo ou unha palabra. Pero o problema é que esas son as máis próximas ao "correcto", porque moitas veces se mestura o correcto e o fácil, ou o correcto e o silencio provocado polo medo. E os demais somos uns radicais anti-sistema.
Serémolo, pero tamén sabemos como dicilo.
Ratinhos de Sol
O Blog de Piuzaky
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-01-2009 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hipocrisía
Estou farta dun fenómeno que se produce continuamente na nosa sociedade, e máis nestas datas tan sinaladas. Chámase hipocrisía e sufrímola a cotío. Moitas veces non a percibimos á primeira, senón que teñen que darse varios casos para podermos vela tal e como é.

Sentímonos seres humanos cando vemos un sentimento. Pero, en ocasións, vemos que ese sentimento non é tan claro como parecía de primeiras. Vai disfrazado de bo, e resulta malo.

Estou completamente a favor da sinceridade. Porque o malo pode superarse, pode arranxarse, pode ser solucionado. Pero a hipocrisía é un mal endémico. E non é tan fácil de erradicar.

Contra a hipocrisía, sexamos sinceros. Para todas e todos.
Ratinhos de sol
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-12-2008 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Burato negro
As alertas de fin do mundo disparáronse onte, cando o LHC fixo a súa primeira proba. Un longo proxecto científico pode rematar non só coa Humanidade, senón coa Terra, coa Lúa e con todo o que se lle poña por diante. Non sería unha catástrofe planetaria, sería máis, pero, no fondo, o que leva sucedido durante millóns de anos, lustros, décadas e séculos.
Pero eu amósome favorable ao proxecto, que conste. Non me penso crer que o Mundo se vaia por uns cantos imáns. E se nos imos todos, a quen lle vai importar? Non hai ninguén alí, esperándonos, en ningures. Explícome:
a) que non hai burato negro? Pois todos tan contentos como ata agora, coas mesmas inquedanzas atrapadas na maraña do mundanal ruido. Algo, ou sexa, para o Universo ou para as inquedanzas de 10.000 científicos.
b) que hai un micro-burato negro? Pois que amañen a máquina, e sigamos no noso infinito camiño da vida, insatisfeitos con ela, cos mesmos problemas de antes.
c) que hai un burato negro que absorba toda a materia (e a enerxía, por extensión)? Pois este artigo perderase na nada, ou no Todo, porque todo é materia e enerxía. Isto é algo difícil de definir, e voullo deixar aos científicos. Pero non só o artigo, senón ti, eu e os e as demais. Todo. E se nos imos, vai sentir pena quen estea despois de nós ou quen estea alá? Coido que non.
Non.
Sentimos medo fronte a Morte porque tememos marcharnos sós, un a un, e deixar oportunidades aquí, na Terra. Deixar o que queremos, o que desexamos, a xente, a vida. Tememos irnos sós. Pero xuntos? Alguén o pensou? Pode soar algo suicida, ou sectario, pero nada máis lonxe diso. Por que temer irnos xuntos, todos, á vez? Alguén nos vai botar de menos? Témoslle medo ao que suceda despois? Alí non vai haber nada, non nos vai ocorrer nada. Morremos e listo. Se nos imos todos, a escuridade. Todo o que levamos feito, loitado, conseguido e alcanzado irá a ningures. Non conseguimos nada. Pero non perdamos a esperanza, neste caso, o sentido de ter feito todo isto que nos rodea é o mesmo de facer un sudoku, por exemplo, no noso tempo libre. Ah! e iso ten sentido, eh? Ten moito sentido para a morea de buracos negros do Universo no que vivimos.
Pero antes de gastar millóns de euros nunha máquina que descubra o noso pasado, explique o noso presente e prediza o noso futuro, igual era mellor encargarnos do noso agora, do que sucede neste exacto minuto: fame e sede, enfermidades, guerras, etc., etc... (De que vale que as enumere se por moito que o vemos, o ouvimos, o lemos, o pensemos, non facemos algo?) Que é o que falla? A conciencia? O proceso? A vista? Eu coido que é a proximidade aos problemas. Non ver que están máis preto do que cremos fai que non movamos un dedo (nin un, nin dous, nin as mans nin os pés. Moitas veces nin a cabeza). E ese é o problema: a distancia mental.

Ben, comecei falando do LHC e acabo criticando a pouca solidariedade do mundo nor-occidental (si, somos nós, que pasa?)... son dúas historias ben diferentes, pero... se nos imos, ninguén vai sentir pena por nós.
Sexamos realistas, por unha vez. Sexamos realistas. Segundo o modelo actual de partículas nada vai suceder. Para que se produza un burato negro precisarían colisionar dúas partículas moi concretas... cousa que terán controlada... (quero pensar, ejem ejem)
Vamos, que ata mañá. E pensade que hoxe, agora, hai xente que ten famiña (e sede, que é difícil de aguantar) e non anda tan lonxe. E nós podemos facer moito, ademais de soñar cun Universo paralelo.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-09-2008 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cambios
Moita xente é reacia aos cambios.
Por que?

Eu penso que hai cambios que son bos, e outros que son mellores.
Cada día teño máis ganas de cambiar o mundo, de romper, de crear, de ser un espírito rebelde, unha alma libre...
Denunciemos! Cambiemos o mundo! De nós depende! Nós podemos facelo, tócanos a nós! É a nosa vida, o noso presente e futuro.

Non agardemos. Hoxe toca cambiar o mundo.

Ratinhos de Sol
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-09-2008 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Consu-mismo
O obxectivo da sociedade de consumo, case un século despois, non se cumpriu (sorpresa?) Debemos seguir así? Sen alcanzar a felicidade?
Como chegarmos a ser felices?

Pensemos, por exemplo, no feito de gañar máis diñeiro no traballo. Imos traballar e imos voando, no coche ou no bus, agobiados e agoniados polo reloxo, porque hoxe nos levantamos algo tarde de máis -ouh, si, tres minutos- e xa o mundo nos corresponde mal. Resulta que o moi (imos dicir así) mala-persoa do de adiante atravesou a rúa e fíxonos frear do noso camiño, un impedimento para chegar a tempo... e ponnos de mal humor.
Realmente merecemos isto?
Chegamos e vemos que unha morea de cousas (chamadas, papeis, documentos pendentes, casos, etc.) que non nos apetecen facer, porque estamos cansados de onte, porque durmimos mal, porque nos erguemos tarde... e así non somos felices. Só chegamos a ser individuos en estado pasivo-activo, cansos e enfadados, e así... nin somos boas persoas. Non rendemos no traballo, coa sociedade nin nada. E traballamos PORQUE queremos DIÑEIRO para MERCAR cousas porque cremos que POSUÍR certas COUSAS nos fará FELICES. Crémolo seriamente, porque nolo ensinan. Hai anuncios e publicidade en todos os sitios, en todas as esquinas. Esta é a sociedade de consumo en aumento.
Realmente merecemos isto?

Coido que non. De que nos vale ter un mundo obsesivo, unha sociedade compulsiva que só quere diñeiro e obxectos inútiles e efímeros?
Realmente merecemos isto?

Non o merecemos. Precisamos unha sociedade que non valore as posesións, senón o feito de ser algo por si mesma.

E quen somos?
Ratinhos de Sol
Piuzaky
Hellsverg
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-09-2008 21:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O xénero dos Xogos Olímpicos
Xogos OlímpicosResulta curioso ata que punto os roles de xénero están marcando as nosas actividades. O baloncesto emitido é masculino, cando o hai feminino. Non obstante, a natación sincronizada é feminina. Practica algún home a natación sincronizada? Non sei, pero ata onde sei, a resposta é non. Mais si as mulleres xogan ao baloncesto, ao fútbol... e non se emite? Só se enuncian os resultados? Cal é o verdadeiro significado dos Xogos Olímpicos? Igualdade, convivencia, deporte, saúde? Ou fama, diñeiro?
Por favor, analicemos isto. Os Xogos son xogos. E somos seres humanos, os mesmos que crearon as primeiras participacións deportivas aló na Antiga Grecia, aínda que cunha finalidade diferente...
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-08-2008 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Publicidade
Hai mil maneiras de chamalos: anuncios, publi, descanso, propaganda... pero son tan incómodos cun nome como con outro. E por que temos que aguantalos? É comprensible ata certo punto ter que aguantar a forma de financiamento das canles de televisión, pero aos usuarios (e usuarias, diría alguén, hahaha)supóñennos o aumento no grao de antipatía (vamos, que nos mosqueamos un rato). Temos que aturalos? Debemos facelo? Hai estudos que afirman que son útiles para facer certas cousas, como sacar ao can, ir ao servizo ou recoller a mesa. Iso está ben, penso. O que non está ben é que teña que tragar un anuncio tras de outro cando están todas as canles de acordo en poñer os anuncios (encima os mesmos á vez, mira ti) e que cando estea vendo unha película faga un esforzo superior en lembrar o comezo, porque en tres horas a película non rematou e non me acordo de que ía.
Pido solidariedade. Como consumidores temos dereitos. Comeza a ser un abuso. E coma sempre, para ver algo decente, hai que pagar. Que inxustiza, non?
Outros blogs
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-07-2008 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Outros mundos
Hai pouco máis dunha semana volvín de Mumbai. É un mundo diferente, completamente. E como case calquera persoa que viaxa a un país do terceiro mundo, volvín marcada. Alí ves en directo o que bombardean nos informativos, pero ves que EXISTE. A pantalla sepáranos máis que fisica, psicolóxicamente. Todo o mundo debería sentir máis próximas imaxes REAIS de xente que vive con case nada. E nunca é moito o que se ve ata que se vive alí, oportunidade que eu non tiven.
Sinto que volverei dentro duns anos.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-07-2008 00:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Televisión
Últimamente parece que está de moda na televisión revisar casos de asasinatos: o morbo televisivo lévase, e non hai que facerlle. A cuestión xa non é moral, é puramente de "share", de audiencia. Non sei se alguén se para a pensar que pode facer dano, ferir sensibilidades. Pregunto: é bo meter sempre o dedo na chaga? Coido que non. Que hai das familias, d@s amig@s d@s afectad@s? E o peor, por que se fai?
Non atopo respostas. Pero o que si atopo é a necesidade de falar disto, falalo a fondo. E cambiar. Porque unha televisión así non a quero. E non son a única, e iso sí que único.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 09-07-2008 23:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cambio de Blog
Pido consello! Díganme, miñas donas e meus señores: por que ter dous blogs? Agora prefiro sumarme á blogoteca galega, tendo outro de poucos días. Si, preciso axuda para decidirme. Tendo dous, para que os podo usar? Uso diferente, copia de artigos ou olvido?
Graciñas.
Ratinhos de Sol
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-07-2008 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal