O ENDL do IES A Paralaia ofréceche este espazo para presentares todo tipo de noticias, comentarios, suxestións... que favorezan o uso da nosa lingua dentro e fóra das aulas .
AGARDAMOS A TÚA PARTICIPACIÓN.
Sen complexos e coa colaboración de tod@s, o galego acadará o prestixio que lle corresponde. |
|

|
| O MEU PERFIL |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| 24 de Outubro de 2011: |
|
 O 4º luns de outubro celébrase o Día Internacional da Biblioteca Escolar.
Foi establecido pola IASL (International Association of School Librarianship / Asociación Internacional das Bibliotecas escolares que ten a súa sede en USA.
Instituído no ano 1999, adica todo o mes á biblioteca pero deixando á elección de cada institución que día ou días concretos vai facer a celebración.
Este ano, ademais do logo, o lema é:
O desafío de atender á diversidade: Bibliotecas escolares para todos / Diversity Challenge Resilience: School Libraries Have It All.
|
|
|
|
|
| ANDAINA |
|
Revista escolar do IES A Paralaia Nº 3
Xa podes ver e ler eiquí a nosa revista.
|
|
|
|
|
| MEMORIAS DUN NENO LABREGO |
|
Libro adicado a todos os nenos e a todas as nenas que falan galego. |
|
|
|
|
| RECITAL LETRAS GALEGAS 2011 |
|
|
|
|
|
|
| LOIS PEREIRO AO VIVO: LETRAS GALEGAS 2011 |
|
 http://www.coordinadoraendl.org/letras2011/index.php?pax=inic |
|
|
|
|
| URBI ET ORBI, dende o galego para o mundo |
|
Onte presentouse na libraría Maraxe de Cangas o libro Urbi et Orbi. Dende o galego para o mundo, do que son autores Salvador Castro, Henrique Harguindey, Xosé Martínez e Ramón Rocamonde. Tal como explicou no acto Salvador Castro este volume xurdiu como continuación do traballo desenvolvido para a elaboración dunha exposición sobre as traducións da literatura a outras linguas, que entre outros centros de ensino foi exposta no noso instituto.
O libro contén textos de escritores e escritoras galegos traducidos a 42 linguas (dende o albanés ao xaponés, pasando polo checo, o mapadungún ou o ruso, por exemplo), figurando o texto orixinal galego na páxina do lado.
Sen tratarse dunha antoloxía, senón como insistiron os autores, dunha mostra significativa, os escritores galegos traducidos ofrecen unha boa perspectiva histórica da literatura galega pois van de Martín Códax a Sechu Sende, con predominio, naturalmente, dos escritores actuais. Algúns autores como Meendiño, Curros Enríquez, Manuel Rivas e Marisa Núñez, ven os seus textos traducidos a varios idiomas.
O libro Urbi et Orbi pon de manifesto o interese en todo o mundo pola literatura galega e a publicación crecente dos nosos autores e autoras nas máis variadas linguas.
|
|
|
|
|
| 2011: ANO INTERNACINAL DOS BOSQUES |
|
A ONU declarou 2011, Ano Internacional dos Bosques, tendo como obxectivo concienciar á sociedade dos problemas que sufren os recursos forestais de todo o planeta. Inténtase frear o seu deterioro aumentando o esforzo de recuperación e conservación das masas arbóreas do mundo, xa que son parte esencial do desenvolvemento sostible do planeta.
A Biblioteca en colaboración co departamento de Naturais ten unha exposición sobre os catro grandes grupos de Bosques no mundo e a súa relación cun bosque de cada tipo localizado en España:
Taiga - Pireneos
Sabana - Devesa Extremeña.
Selva - Bosque de laurisilva canario.
Bosque atlántico caducifolio – Picos de Europa, Fragas do Eume (A Coruña),
Devesa de Rogueira (Lugo), Os Ancares (Lugo).
Remata a exposición coas fotografías e catalogación das árbores que temos no IES A Paralaia . |
|
|
|
|
| 2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL |
|
 O cartel é obra de Jüri Mildeberg e Jüri J. Dubov e o manifesto, da escritora Aino PerviK, da ección do IBBY de Estonia: "O libro lembra".
Grazas á OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil) e á sección galega, GALIX, podemos ler o texto de Aino Pervik nas catro linguas do Estado, e gozar del en galego:
“Cando Arno chegou á escola co seu pai, as clases xa comezaran.”
No meu país, Estonia, case todo o mundo coñece esta frase de memoria. Así comeza un libro. O título do libro é “Primavera”, que se publicou en 1912 e foi escrito polo escritor estoniano Oskar Luts (1887 – 1953).
“Primavera” narra a vida dos nenos dunha escola rural dun pobo de finais do século XIX en Estonia. Oskar Luts escribiu dos seus anos escolares. Arno é en realidade o mesmo Oskar Luts na súa infancia.
Os investigadores estudan documentos antigos e escriben libros de historia segundo estes. Os libros de historia falan de sucesos que tiveron lugar algunha vez. Nos libros de historia un non entende ben como era a vida da xente corrente daquela época.
Non obstante, os libros históricos costumistas lembran feitos que non atopamos nos documentos históricos, como por exemplo o que pensaba un rapaz como Arno cando hai cen anos ía á escola. O libro lembra os soños dos nenos, as súas dúbidas, os seus gustos e as súas afeccións. Tamén lembra aos pais dos nenos, como lles gustaría ter sido a eles e o que desexaban para o futuro dos seus fillos.
Por suposto que hoxe en día tamén se poden escribir libros de tempos pasados e estes son adoito apaixonantes. Pero en realidade, un autor de agora non sente os olores, os sabores, os temores e os gustos dos tempos remotos. El xa sabe o que aconteceu, o que o porvir lle tiña velado á xente daquel tempo.
Os libros lembran a época na que foron escritos.
Coas novelas de Charles Dickens sabemos que lle parecía a un neno a veda nas rúas de Londres a mediados do século XIX, cando Oliver Twist paseaba por elas. A través dos ollos de David Copperfield –que eran os mesmos ollos de Dickens- tamén nós vemos toda clase de tipos que vivían na Inglaterra de mediados do século XIX, cales eran as relacións entre eles e cales eran as ideas e emocións nas que se fundamentaban. Como David Copperfield é en gran medida Charles Dickens, este non tivo que inventar nada; el simplemente sabía.
Os libros dannos a coñecer o que realmente sentían Tom Sawyer, Huckleberry Finn e o seu amigo Jim ao navegar polo Mississippi a finais do século XIX, no momento no que Mark Twain narraba as súas aventuras: el coñecía profundamente o que a xente da súa época pensaba dos demais, porque el mesmo vivía entre eles. El era un deles.
As obras literarias que foron escritas na súa mesma época, cando a xente daquel tempo aínda vivía, son as que falan de xeito máis auténtico da xente do pasado.
O libro lembra.
Aino Pervik
Con motivo desta EFEMÉRIDES, o alumnado de 1º de ESO do IES A Paralaia, realizará unhas sesións de contacontos para o alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria nos catro colexios adscritos ao noso centro. |
|
|
|
|
| DÍA DA MULLER |
|
| Exposición sobre o Día Internacional da Muller a partires dos traballos feitos polos humoristas gráficos para Ministero de Igualdade. |
|
|
|
|
| FALECEMENTO DA ESCRITORA E PEDAGOGA JOSEFINA ALDECOA |
|
Josefina Rodríguez Aldecoa, naceo en La Robla (León) o 8 de marzo de 1926, nunha familia de mestras pois súa nai e súa avoa eran mestras que participaban da ideoloxía da Institución Libre de Enseñanza (ILE) ... faleceu esta mañá na súa casa Las Magnolias, de Camtabria, próxima a Santander... |
|
|
|
|
|
|
|
|
|