O neno paquito


Benvidos ó Blog do neno Paquito, vamos, coma quen di, un calquera.

Agardo que disfrutedes coa lectura, a lo menos, tanto coma min escribindo.

Por suposto que non pretendo aportar nada novo, tan só un lugar onde poder deixar novas, algún que outro pensamento (ficade tranquilos que non ha ser demasiado profundo) e, si queredes, que deixedes as vosas aportacións.

Un saúdo e... leémonos.









 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Esta SGAE...
A SGAE na súa batalla polo control total dos dereitos de autor a base de demandas empezou unha nova loita, nin máis nin menos que contra o “portapapeis de Windows”.

Segundo a SGAE, o “portapapeis de Windows” é o principal responsable das copias ilegais do noso país, axudando a promover contido ilegal, duplicándoo entre ordenadores e realizando copias temporais na memoria que tamen poderían ser consideradas delito.

Segundo estimacións da SGAE grazas ó “portapapeis de Windows” copiouse máis do 95% do contido ilegal que circula por España.

A día de hox as teclas CTRL, C e V foron chamadas a declarar en calidade de imputadas...

Tras un exhaustivo interrogatorio, CTRL desmoronouse e confesou as súas actividades delictivas xunto ás suas compañeiras de teclado.

Este podería ser a fin do “portapapeis de Windows"

Esta campaña da SGAE arrancou ca denuncia ó creador do Winrar e foi continuada sin piedade con outras denuncias:

A SGAE denuncia ó eco

A SGAE denuncia ós fabricantes de espellos

A SGAE denuncia ó creador da fotografía

A SGAE denuncia a unha señora que pasaba por alí

A SGAE denuncia á DGT polas bandas sonoras

A SGAE denuncia ós que copian nos exames

A SGAE denuncia a RENFE polo Chacachá do Tren

A SGAE denuncia ós fabricantes de teclados

A SGAE denuncia a Estrella Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 26-06-2009 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Motivación comercial
Bus días.

Había xa algún tempo que non me pasaba por estes lares i é que, a carencia de tempo e, outros quefaceres máis ou menos domésticos, coma que non mo permitiron.

Hai xa algún tempo que tiña mirado u nvídeo sobre a motivación comercial e, á fin o atopei.

Xa me diredes que vos parece.

Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 26-03-2009 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
END UP
Hoxe traivos un duo musical de Marín que, non que dicir teñe son caralludos (e non porque coñeza persoalmente ó Carlos, un dos integrantes do grupo) se non porque, en realidade, a música que fan, malia ser, cecais comercial demais, non está nada mal.

Gustaríame que, si queredes, deixárades os vosos comentarios ó respecto, a ver que vos parece.



Por certo, Carlos, á fin tiven tempo para enlazar o voso vídeo musical (xa sei que te dixen hai algún tempo que o ía facer pero, ata o de agora, coma que non tiven moito tempo libre.

Un saúdo dun amigo e, moita sorte.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2007 12:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Bus días de novo...
Pois si, semella que case que fenecera esto do blog para min pero, éche o que ten o ter un traballo absorvente, tanto ou máis que unha das baetas esas que tanto anuncian na tele.

Pero coido que eso é fariña doutro costal, vamos, coma que vos trae sen coidado ó que me adique ou deixe de adicar (cousa que, por outra banda, tampouco me estrana).

Se hoxe retomo o blog é porque, a parte de que me lembrei (cousa bastante invidente), porque quixer facer unha pequena homenaxe a un grupo máis ou menosgalego que, de seguro, a máis de un de vos vos soa...



Pois si, son os Heredeiros da Crus...

E non, non podía esquecerme de todo un clásico que, desta volta, pouco ou nada ten que ver xa cos Heredeiros, ou si ten que ver? (Vos diredes).

Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2007 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O por que de que as veces as pizzas do Telepizza (toma rebuznancia) cheguen... mareadas
Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 16-02-2007 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Moi curioso
Déixovos por aquí un anaco dun documental no que se amosa que é o que acontece no interior dunha vaxina cando se manteñen relacións sexuais.

Abofé que o documental completo, paga a pena.

Trocando cousas: En vista de que ós de YouTube non lles pareceu aló demasiado ben que colgara o vídeo alí, vou probar con outro sitio a ver si desta volta o podedes ver.

Perdoade pola tardanza en arranxalo (ou, cando menos, intentalo) pero é que estes días ando algo liadiño demmais).

Un saúdo e... lémonos.

Voltando a trocar o artigo...

Polo que se ve, seica os sitios de internet onde colgar vídeos tachan o anaco de documental coma de pornográfico así que, aquelas/es que estexan interesados en velo, poden descarregalo AQUÍ

Só engadir que está nun arquivo .rar e que, logo de descomprimilo quedaravos un .avi

A ver si desta si vai se non, marcho de ermitán.

Agardo que vos guste.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2007 19:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Coma guindar gasolina
Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 07-02-2007 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Sen civilizar
Comentarios (1) - Categoría: Reflexións do neno Paquito - Publicado o 01-02-2007 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
¿Queredes ver coma se fan as palomitas?
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2007 02:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Coma facer un círculo perfecto
Para aqueles avezados que gostan de debuxar nas pizarras e que, por unhas ou por outras non son quen de facer un círculo a dereitas, eiquí vos deixo a proba de que, efectivamente, é posible facelo.

Comentarios (3) - Categoría: Reflexións do neno Paquito - Publicado o 23-01-2007 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet