OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O nó gordiano da esquerda
Emir Sader

Nas economías de mercado, o Estado, para implementar políticas de redistribución do ingreso, como contrapeso dos mecanismos de concentración do mercado, depende da súa política tributaria.

Ao longo das primeiras décadas da segunda posguerra, o Estado de benestar social puido desenvolverse -basicamente en Europa occidental- mercé a un sistema tributario elevado para os padróns actuais. Mais os valores dominantes de dereitos e xustiza social guiaban as políticas recadatorias e redistributivas.

No período neoliberal, os valores dominantes cambiaron. Imponse a ideoloxía liberal de mercado, segundo a cal cada un deber buscar mellorar a súa vida disputando no mercado en contra dos outros. Os recortes dos gastos públicos, coa teoría do Estado mínimo, recaeron sobre os dereitos sociais, considerados gastos, cos cales os sentimentos dominantes pasaron a non ser simpáticos.

A fin do Estado de benestar social requiriu a abolición dos valores da solidariedade a favor dos do egoísmo. Cando candidatos propoñen que van diminuír os impostos, apelan aos peores sentimentos das persoas, á insolidariedade social -mesmo porque non especifican quen perderá dereitos con iso, simplemente canto cada un deixaría de pagar de impostos- e adoitan saír adiante nas enquisas.

Gobernos que pretenden superar o neoliberalismo, reafirmando dereitos que sexan eliminados, atopan grandes dificultades de facelo cun Estado reducido ás súas mínimas proporcións e coas recadacións dos Estados igualmente diminuídas. No plan político bátese con valores predominantes de hipersensibilidade en contra de calquera tipo de elevación tributaria, así como con Congresos igualmente fraxilizados respecto de campañas dos medios de comunicación en contra de calquera suba de impostos. Este é o atranco máis grande para obter máis recursos para as políticas sociais.

Hai varias experiencias frustradas de gobernos que, con excelentes intencións, propoñen reformas tributarias socialmente xustas, en que os que gañan máis pagan máis e os que gañan menos, pagan menos, pero que se ven derrotados. Derrotados por Congresos baixo forte presión dos medios, que se fan defensores dos cidadáns supostamente agredidos por embestidas do Estado insaciábel que lles quere tomar o que é seu. A prensa convoca os peores sentimentos e valores egoístas, de insolidariedade social, para se opoñer ás reformas tributarias, agochando que a gran maioría deixará de pagar impostos ou pagará menos, mentres que os que pagarán máis son os que gañan e teñen máis e moito máis.

Só é posíbel para a esquerda superar ese obstáculo mediante unha ampla, intensa e prolongada campaña ideolóxica previa, que demostre a natureza socialmente xusta das súas propostas, para illar os sectores conservadores e preparar a opinión pública para as reformas tributarias indispensábeis para estender as políticas sociais que as nosas sociedades -aínda máis na neoliberal- tanto necesitan.

Artigo tirado do xornal arxentino 'Página 12', do 3 de abril de 2014
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-04-2014 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal