OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Consideireinme xudeo
Consideireinme xudeo
Alfredo Conde


A estas horas coido que xa debe estar dictada sentencia polo sanedrín que entende no caso no que se dirime se un militante do BNG debe ser expulsado ou non das filas do segundo partido no governo, se eu entendín ben todo o lío que se montou darredor del, que coido que si, que o entendín, lamentablemente.

Trátase do flagrante caso de ter opinión propia, a quén se lle ocorre, no que incorreu Pedro Gómez-Valadés que, quén llo ía dicir ós do sanedrín, preside a Asociación de Amizade Galicia-Israel. Está visto que hai xentiña pra todo. O caso é que a estas horas xa debe estar dictada sentencia, pero a estoutras nas que eu escribo aínda non, así que sigo e aproveito pra dicir algunhas cousas que, moito mo temo, han seguir sendo válidas e necesarias, independentemente de que o condeen ou absolvan, pois xa é abondo con que se prantexara a necesidade de xulgalo, ou a de expulsalo; unha decisión que fala moito do xeito de contemplar, da maneira de ollar o mundo, de non pouca nin insignificante xente, parte integrante toda ela do segundo partido no governo de Galicia.

Nun libro de recente aparición El esnobismo de las golondrinas de Mauricio Wiesenthal, o autor recorda unhas palabras de Vicky Baum, a novelista que tivo que fuxir de Austria cando entraron nela os nazis. "Ser xudeo é un destino", escribeu a autora de Gran Hotel.

Logo, o autor do Libro de los Requiems e máis destoutro citado hai unhas liñas, apostilla: "É certo, porque en certos casos non é unha relixión, nen unha raza, nen sequer un convencemento íntimo, senón unha condición que depende da ollada de outro. Nácese austríaco, alemán, español ou francés, pero cos anos un pode converterse en extranxeiro. E comezas a ser xudeo o día no que te tratan como xudeo e che atribuen unha serie de cualidades ou defectos, completamente imaxinarios. Iso é todo. Son os perseguidores os que converten ós inocentes en Elexidos".

Teño para mín que son o abondo certas estas palabras como para que Gómez-Valades teña que asumir como destino propio o de ser xudeo, mercede a ollada que os seus perseguidores acaban de pousar enriba súa. Qué dicir, ou qué facer, qué comentar a tal respecto? Nada. Abonda simplemente con se poñer ó seu lado de xeito que a ollada que pousaron enriba súa te abranga tamén a ti. Eu estou ó seu carón. Consideirenme xudeo. Cómo consideiren ós inquisidores é cousa que deixo ó criterio de vostedes todos, meus tan pacentes lectores.
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 31-03-2007 05:21
# Ligazón permanente a este artigo
Unha imaxe inimaxinábel hai non moito.
Unha histórica reunión entre o reverendo Ian Paisley, líder do Partido Democrático Unionista (DUP) e hai só uns anos fanático inimigo dos católicos republicanos, e Gerry Adams, presidente do Sinn Féin e principal valedor do abandono das armas por parte do IRA, logrou onte o desbloqueo, polo menos durante seis semanas, da autonomía de Irlanda do Norte. Paisley e Adams, nun momento esperado durante máis dunha década, sentáronse por primeira vez á mesma mesa de negociación e pecharon o acordo para formar un goberno de poder compartido entre unionistas e republicanos antes do martes 8 de maio. Esa data foi, precisamente, a última concesión do Sinn Féin ás pretensións do DUP. Aínda que os republicanos aspiraban a formar o goberno inmediatamente, é dicir, onte, tal e como explicitaban os acordos de Saint Andrews para a devolución da autonomía ao Ulster, a Executiva do DUP, partido vencedor das pasadas eleccións do día 7, aprobara por abafadora maioría este último fin de semana postergar a formación do goberno ata maio. Adams, o mesmo domingo, xa deixara entrever que o Sinn Féin non se opoñería a iso nunha posible negociación, cara a cara con Paisley. Este, ademais, xa lograra presentar durante a semana pasada nas súas reunións en Londres o modo de facelo: unha lei de urxencia na Cámara dos Comúns anulará as previsións temporais do acordo de Saint Andrews e oficializará a nova data acordada por unionistas e republicanos, para manter a recentemente establecida autonomía. O histórico anuncio efectuouno o propio reverendo, sentado xunto a Adams, desde o castelo de Stormont, sé da Asemblea norirlandesa. «Este encontro representa un importante paso no camiño cara ao establecemento dun executivo de poder compartido en seis semanas», dixo Paisley.

Negociación continua
Segundo os contidos do acordo, o reverendo, futuro xefe do goberno do Ulster, e o seu achego, o «número dous» republicano e ex comandante do IRA, Martin McGuinness, manterán durante ese periodo conversacións regulares para elaborar un programa de traballo. Ambas formacións teñen previsto, ademais, reunirse co ministro británico do Tesouro, Gordon Brown, para mellorar o paquete financeiro ofrecido por Londres para reactivar a economía. Paisley asegurou que, logo dun «longo e difícil» tempo na historia de Irlanda do Norte, «hai enormes oportunidades» para a provincia. «A devolución (do autogobierno) -dixo- nunca foi un obxectivo por si só, senón unha oportunidade para mellorar as vidas da xente. Quero deixar claro que estou comprometido a traballar non só para aqueles que votaron ao DUP, senón para todo o mundo». «Non debemos permitir que o noso rexeitamento aos horrores e traxedias do pasado convértase nunha barreira para a creación dun futuro estable e mellor para os nosos fillos», engadiu o reverendo, á vez que precisou que «nunca esquecerán a aqueles que sufriron». Pola súa banda, Gerry Adams asegurou que o acordo co seu ata agora eterno inimigo marca o comezo dunha nova era de política en Irlanda. «O Sinn Féin -sinalou- quere construír unha nova relación entre o ?verde? e o ?laranxa? (as cores nacionalistas e unionistas, respectivamente) e todos os demais cores, na que cada cidadán poida compartir e posuír un futuro pacífico e próspero». O líder republicano recoñeceu que «aínda quedan moitas dificultades que afrontar», pero recalcou que o acordo alcanzado entre o seu partido e o DUP é resultado do «inequívoco e bienvenido compromiso de Paisley a participar nas institucións políticas o oito de maio». Para confirmar o inicio dunha nova era de cooperación, Adams adiantou que ambos partidos pediron ao Goberno británico que cancele a introdución do controvertido imposto do auga para a provincia, o asunto estrela durante as eleccións autonómicas.

Do pasado ao futuro

Ese imposto depende, precisamente, da terceira pata nas arduas negociacións dos últimos días, o ministro británico para Irlanda do Norte, Peter Hain, quen tamén desde Stormont considerou que o acordo representa a vitoria da política sobre o «fanatismo, o conflito, a amargura e o horror». «As nubes despexáronse e a xente pode agora ver o futuro. As fotos de Ian Paisley e Gerry Adams darán a volta o mundo», asegurou o ministro, para quen,as instantáneas son proba do «poder da política sobre o fanatismo, o conflito, a amargura e o horror» e de como «dous vellos inimigos» poden sentarse na mesma mesa para resolver as súas diferenzas. «mostraron a cara do futuro de Irlanda do Norte. Esta é a situación á que sempre quixemos chegar desde a firma do acordo do Venres Santo fai dez anos», engadiu Hain, quen rubricou onte mesmo o acordo.
Comentarios (1) - Categoría: Mundo - Publicado o 27-03-2007 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Faite socio da Asociación Galega de Amizade con Israel.

Vista a reacción que entre algún fundamentalista provocou a aparición da Asociación Galega de Amizade con Israel, animo a quen queira colaborar a facerse socio. A cota mínimo é mínima, só 12 Euros/ano. Podes enviar un correo a: agai_galicia_israel@yahoo.es / www.amizadeconisrael.org


Cales son os obxectivos de AGAI:

1) Denunciar e traballar contra a perversa banalización do Holocausto

2) Achegar á sociedade galega información alternativa ao empobrecedor “pensamento” único que domina os medios de comunicación ao respecto do conflito árabe-israelí

3) Crear foros de reflexión, opinión e debate, tanto nos circuitos culturais galegos como na rede de internet para tentar neutralizar e contrarrestar a constante e inxustificábel demonización de Israel e combater argumentalmente a xudeofobia reinante

4) Animar a todos e todas os demócratas con ideas semellantes ás defendidas por esta Asociación para que fagan pública á súa militancia a prol da lexítima causa de Israel, porque ese sempre foi o seu dereito e na actualidade comeza a ser o seu deber.

5) Espallar o inmenso legado ético e cultural do pobo xudeo polo que todo Occidente segue en débeda con eles

6) Rehabilitar e recuperar a pegada histórica do pobo xudeo no noso país para que ocupe o lugar que lle corresponde na nosa memoria histórica e na sociedade galega actual

Desde logo un pode concordar ou non coa asociación, pero montar o cristo que desde o fundamentalismo-estalinismo están a montar é unha pasada.
ASOCIACIÓN GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 26-03-2007 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
SR.GUILLERME VÁZQUEZ, AS MINORÍAS SI TEÑEN DEREITOS

SR.GUILLERME VÁZQUEZ, AS MINORÍAS SI TEÑEN DEREITOS
Pedro Gómez-Valadés

Artigo publicado o sábado 24.03.07

Que doado é, tirando de tópicos de todo a cen, demagoxia barata e medias verdades (cando non mentiras completas) e coa axuda inestimábel da descontextualización, disparar contra o pianista. Porque non é, sen dúbida, o señor ex-deputado Guillerme Vázquez, opinador nestas páxinas do Faro, ningún orfebre da palabra. Mais teño a certeza de que si sabe o que debe dicir e o que é quizais máis importante, cando e para quen debe dicilo. E como home que “peitea canas” cumpre perfectamente a función que lle encomendan. Repasemos os feitos:
O pasado 1 de decembro nace en Compostela a Asociación Galega de Amizade con Israel (e non como sen dúbida con moi mala intención di o señor ex-deputado “Asociación Galega de Amizade co “estado” de Israel). Nace a Asociación da iniciativa dun amplo grupo de persoas, de toda Galiza, de todas as profesións e o que é máis importante, de todos os partidos. E para que a Asociación? Esta é a pregunta que cae en todas e cada unha das entrevistas que tiven a ben responder, unhas por mor do feito en si do nacemento da Asociación e outras, lamentabelmente a causa da pretensión que desde algúns sectores do BNG intentan forzar unha suposta incompatibilidade entre militar no BNG e participar dunha asociación legal e con fins claros e públicos. E que fins se marca AGAI? Nos principios básicos do Manifesto Fundaciónal de AGAI, e obviamente nos seus Estatutos, fican claros:
* Recuperar como parte da nosa Memoria Histórica como galegos e galegas o legado, a pegada que a presenza secular do pobo xudeu deixou no noso País.
* Combater a banalización cando non a directa negación do Holocausto. Porque agora que por lei de vida, as persoas que foron testemuñas directas daquela barbarie que asolou Europa no corazón do século XX, comezan a desaparecer, cómpre manter máis viva que nunca para as futuras xeracións, esta dramática lección do que a intolerancia, o totalitarismo e a xenofobia foi quen de xerar.
* Achegar información alternativa á que desde moitas e variadas fontes recibimos cada día a propósito do conflito árabe-israelí. Porque contra o que algúns poidan pensar, non é este un conflito de bos e malos, en branco e negro. É un drama complexo que require dotarse da maior obxectividade posíbel procurando non caer na trampa de elevar a categoria de información o que só é propaganda.
Pois ben, seica para algúns, nomeadamente o señor Vázquez, defender estes obxectivos é “imperialista” e, xa que logo, nunha lectura interesada e falsa, enfronta esa suposta defensa do “imperialismo” israelí (un pais máis pequeno que Galiza) coa defensa que o BNG fai do antiimperialismo. Pretender dar máis información é para algúns un delito. Afirma o señor Vázquez que ser socio de AGAI e militar no BNG é “defender ideas contrarias”. O señor Vázquez sabe tan ben coma min, que ademais dalgunha resolución, algunhas liñas perdidas, o debate no seo do BNG sobre esta e outras moitas cuestións fica pendente. Non hai nada, nada, nos textos do BNG que confirme a suposta contradición que suporía ser socio de AGAI e militar no BNG. Como a mesma Executiva Nacional do BNG manifestara en primeira instancia, hai unha “discoincidencia” non unha contradición. E o que si aparece nos textos do BNG, e o dereito á Discrepancia pública. E o Dereito á Discrepancia pública non é un adorno nos Estatutos, é unha clausula de salvagarda que toda organización democrática debe ter para poder acollerse a ela, e manterse como tal, democrática. Nunha interpretación empobrecedora e interesada dos textos do BNG este dereito seica é para algúns, un puro e simple artigo engadido por imperativo legal. Comparar a lexítima discrepancia que unha visión alternativa ou complementaria do conflito poidamos ter moitos militantes do BNG, con casos supostos de “defender que Galiza é unha rexión, que a lingua galega non debe ser defendida ou que a discriminación de xénero ou racial é defendíbel” é ademais dun insulto á intelixencia dos lectores, un argumento impropio por pobre e demagóxico de quen tivo altas responsabilidades no BNG. Se todo o que o señor ex-deputado pode argumentar é isto...
E si señor Vázquez. É un problema de simple e pura liberdade de expresión. Aínda que así non o queira recoñecer quen pretende limitala. Non pode o BNG, forza que non esquezamos ten responsabilidades de goberno na Xunta, pretender ser unha opción que aspire a acadar o respaldo maioritario da sociedade galega e ao mesmo tempo cercenar inxustificabelmente a liberdade de opinión e de expresión no seu seo. Cal sería a percepción que a sociedade galega tería dunha organización que así actúa contra os seus propios militantes? Se así actúa contra os da casa, que faría cos de fóra ese BNG que o señor Vazquez defende, de ter maiorías que o facultaran a actuar sen disimulo? A oferta plural e democrática do BNG é real ou é un decorado de cartón-pedra? Eu e os que sendo militantes do BNG somos tamén socios da Asociación Galega de Amizade con Israel, defendemos un BNG plural como a sociedade que quere representar. Democrático, tolerante, e aberto. Un BNG que así é recollido nos nosos textos. Cumprir con ese BNG casa común de todo o nacionalismo, de todo o galeguismo, é un mandato imperativo para todos e cada un dos que participamos, sexa no nível que sexa, da construción dun BNG máis amplo, moito máis amplo e que sexa quen de gobernar o noso País sen que esa posibilidade produza arrepios a ningún galego. Despídese o señor ex-deputado Vázquez cunha simplona descualificación de Pilar Rahola. É moito máis fácil desde logo a descualificación que a contraargumentación. Sobre todo, cando non se teñen argumentos como semella é o caso. Eu remato cunha reflexión en voz alta: E se son xudeu? Segundo o señor Vázquez e os que coma el negan o meu dereito a pertencer a Asociación Galega de Amizade con Israel e militar no BNG, se sendo xudeu participo dunha asociación de amizade con Israel non podo militar no BNG. Podería votar por suposto, máis non militar. Confío que este despropósito remate axiña e remate ben. Porque eu quero que no BNG o señor Vázquez e os que coma el pensan, poidan defender abertamente as súas lexítimas ideas. E que o señor Vázquez e os que como el pensan, me permitan discrepar sen que iso sexa motivo de acoso ou linchamento ningún. Coma dixo Voltaire: “Estou en completo desacordo con Vostede, mais daría a miña vida para que Vostede poidera seguir defendendo o que pensa”.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 24-03-2007 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Berlinguer: A herança difícil
Por Chiara Valentini

Há muitas e boas razões para revisitar a vida e as idéias de Enrico Berlinguer, um líder político capaz como poucos de suscitar amores e divergências, paixões e hostilidades, não só quando dirigia, como se dizia então, o maior partido comunista do Ocidente, mas ainda hoje. Só reconstruindo com paciência quem foi e o que fez Berlinguer é que se pode encontrar a chave para compreender, para além da grande comoção suscitada pelo seu fim dramático, o nascimento do mito que rodeia sua figura. Um mito que tem até algo misterioso. Pode parecer incoerente em relação a um homem tímido e esquivo, com uma existência tão pouco romanesca, empregada na direção de um partido que não existe mais, entre reuniões naquele edifício da Via delle Botteghe Oscure que há tempos se tornou um banco, numa Itália e num mundo que foram atingidos por uma transformação violenta e com resultados ainda imprevisíveis.
Creio que Berlinguer consiga se fazer ouvir não só por parte de quem tem uma certa idade, mas também pela geração que em 1984, no momento da sua morte, estava nas salas de aula do primeiro grau ou ainda não chegara ao mundo, por causa do fascínio moral da sua figura. Numa época como a nossa, dominada pela política das "paixões frias", dos compromissos, dos cheques em branco a quem está no poder, Berlinguer, em vez disso, é o exemplo de como se pode tentar dar um fundamento ético às próprias propostas políticas, sem esquecer nem por um minuto as pessoas de carne e osso que são suas destinatárias. E, além disso, havia um modo de ser quase irrepetível, que certas fotos elucidam melhor do que muitas descrições. Berlinguer, com um sorriso ansioso, que aperta com força demasiada a mão de Aldo Moro nos dias da solidariedade nacional. Berlinguer, tão magrinho, que fala em Moscou, num plenário de burocratas soviéticos, para reivindicar o valor universal da democracia. Berlinguer, espantado mas no fundo feliz, levantado por Roberto Benigni no palco de uma festa de L'Unità.

"Não era um político, era um poeta", diria em seguida Benigni, pouco depois do fim tão inesperado e do funeral grandioso, talvez o mais imponente da história republicana. Uma homenagem carinhosa, mas que também se presta a interpretações pouco benevolentes. E, de fato, a acusação de ter estado distante demais da realidade contingente, uma espécie de sonhador abstrato e à caça de utopias, fez com que muitas vezes uma parte dos seus herdeiros dissesse que, para reconstruir na Itália uma esquerda moderna, seria preciso "matar o pai". Ou melhor, "esquecer Berlinguer", como sugeria o título de um panfleto infeliz dos anos noventa.

Sempre pensei que, para responder a estas polêmicas, não havia nada melhor do que partir novamente dos fatos, sobre os quais em seguida, como é óbvio, cada qual pode formar a própria opinião.

E é também para contribuir neste sentido que republico, com algumas atualizações, esta biografia, escrita com base em documentos inéditos, em pesquisas de arquivo e em preciosos testemunhos de familiares, companheiros de partido, amigos e adversários, além de minhas lembranças pessoais, numa medida limitada. Quem revê, hoje, as várias etapas da secretaria de Enrico Berlinguer fica surpreendido com a coragem e a concretude da inovação política. Para um dirigente comunista, não foi uma escolha irrelevante o progressivo afastamento da URSS, quando o socialismo real ainda estava vivo e robusto, até a afirmação, numa célebre entrevista, de sentir-se mais seguro "sob o guarda-chuva da Otan". Disso se falou no mundo todo, assim como, anos depois, suscitaria grande alvoroço a "ruptura" definitiva de Berlinguer com Moscou, anunciada ao vivo na televisão, na época do autogolpe na Polônica - e conseguindo, nesta operação, a adesão de praticamente todo o partido.

Também tinha suscitado grande reação a proposta do compromisso histórico. Com o acordo a ser firmado com a Democracia Cristã de Aldo Moro, o secretário do PCI quis superar o maior impasse da Itália de então, a impossibilidade de alternância ligada ao fator K, a regra não escrita que excluía os comunistas do governo. E, com efeito, praticamente todo o grupo dirigente comunista, da ala amendoliana até a esquerda de Ingrao, estivera de acordo.

É verdade que aquele encontro, mesmo produzindo importantes reformas que modernizaram a Itália (penso na lei de paridade, no novo direito de família, na interrupção voluntária da gravidez, só para citar algumas), foi paralisado por dificuldades crescentes. Mas, à medida que se abrem os arquivos das grandes potências, torna-se evidente o peso da violenta hostilidade internacional, tanto no Ocidente quanto no Oriente, suscitada pela aproximação ao governo de um partido levado pelo seu secretário cada vez mais além das compatibilidades dadas. Confirmando que, no mundo contemporâneo, o terrorismo pode mudar o rumo dos acontecimentos, esta política foi liquidada, em junho de 1978, pelo assassinato de Aldo Moro por obra das Brigadas Vermelhas, o crime político mais torpe da história italiana. É um acontecimento ainda em parte obscuro, o sinal de um colapso da democracia cujo preço ainda não acabamos de pagar.

Já seria o bastante para passar à história. Mas, nos poucos anos anos que ainda viveria, toma corpo a fase de Berlinguerque sempre considerei a mais interessante e rica de intuições. É a fase dos "pensamentos longos", das idéias e escolhas com que ainda hoje voltamos a deparar, muitas vezes não resolvidas, no coração do debate político. Começa a manifestar-se, no clima turvo do pós-Moro, aquela crise das instituições e dos partidos, aquela desconfiança crescente do eleitorado nos próprios representantes, cujos erros e delitos viriam cada vez mais à luz, até o auge de "Tangentopoli" [o sistema generalizado de corrupção e financiamento ilícito de partidos, desmantelado pela "Operação Mãos Limpas]. Berlinguer fora o primeiro a compreender a profundidade do mal. Talvez não tenha sabido delinear, em prazo curto, um projeto político bastante convincente para substituir o já superado compromisso histórico. Mas teve o mérito de identificar um tema alheio à cultura política italiana - a questão moral - como "a questão nacional mais importante". É uma definição que deu no calor da hora, indignado com a incapacidade dos poderes públicos de enfrentar o desastre do terremoto da Irpinia. E repetiu isso muitas vezes, não se cansando de evocar a necessidade de uma regeneração da política, cada vez mais encerrada nos seus palácios, e dos partidos que se transformavam em máquinas de poder e de suborno. São argumentos que se poderiam repropor sem alteração ainda hoje.

Nesta exigência de renovar profundamente a vida pública, Berlinguer também encontrou as mulheres. O que o fez ver de modo novo o papel das mulheres foi a vitória no referendo sobre o divórcio, no qual, como quase todos os dirigentes comunistas, tinha a certeza da derrota. Na mesma noite da vitória, disse aos seus companheiros: "Se errei ao acreditar que não conseguiríamos, é porque subestimei as mulheres. Devemos nos dar conta de que hoje elas são uma força dinâmica". Desde então, passou a considerá-las aliadas indispensáveis. Lutou com elas, único dirigente homem, na campanha pelo referendo sobre o aborto. E chegou à persuasão de que não haveria nenhum renovamento se não se encontrasse a força e a coragem de envolver na vida pública a metade do gênero humano, que dela praticamente fora excluída. Não se pode dizer que esta convicção tenha sido herdada com igual nitidez pelos seus sucessores, pelo menos enquanto não os forçou a abrir os olhos o desconforto crescente das italianas.

Há um outro aspecto de Berlinguer que merece ser sublinhado. Quando, no início dos anos oitenta, o que ninguém ainda definia como mundialização abre o caminho para a primeira revolução neoconservadora, Berlinguer se esforça por arquitetar algumas respostas a um ataque que se repetiria em tempos recentes numa escala mais perigosa e inquietante. Pode-se ler nesta ótica sua insistência, que então podia parecer até excessiva, no papel da Europa, a ser contraposto quer ao decrépito comunismo real, quer a um neoliberalismo agressivo e portador de riquezas para poucos e profundas injustiças para muitos. Para Berlinguer, era essencial defender "a anomalia européia", isto é, a velha Europa, como poderíamos dizer com as palavras de hoje, sua cultura e o enraizamento dos seus movimentos sindicais e dos seus partidos contra o ataque desferido por Ronald Reagan e pela nova direita, os precursores imediatos dos neocons de Georg W. Bush. Muito antes da queda do muro de Berlim, pensava que, no mundo, a contradição maior se tornara aquela entre o norte do bem-estar e o sul da fome, e que daí devia recomeçar a análise das esquerdas.

Nesta ótica, agiu no sentido de uma aliança com as socialdemocracias européias, em particular com a SPD de Willy Brandt e com o partido do sueco Olof Palme, chegando a imaginar um governo mundial da economia. E, com muitos anos de antecipação em relação aos massacres dos Bálcãs e à guerra preventiva contra o Iraque, dedicou-se com todas as suas energias à "diplomacia dos povos" e aos movimentos pacifistas, como instrumentos de defesa da paz no mundo. Todos aqueles que, inclusive nestes últimos anos, continuam a negar que Berlinguer haja virado a página em relação à URSS e que tenha sido irreversível a opção por um novo socialismo ancorado na Europa parecem ter se esquecido de páginas inteiras da história recente.

Mas as acusações mais insistentes referem-se ao papel de Enrico Berlinguer na cena italiana. A este secretário em busca de idéias novas censura-se ter dado vida, com a denúncia da partidocracia e a insistência na questão moral, a uma cultura que, mais tarde, terminaria por beneficar a nova direita; censura-se não ter sabido projetar reformas institucionais que permitissem a alternância, ter conduzido seu partido por um caminho sem saída. A outra face da medalha destas acusações é a parcial revalorização de Bettino Craxi, o grande adversário de Berlinguer nos últimos anos da sua vida, o líder de tipo novo que teria sabido captar a vontade de modernização dos italianos. Numa autobiografia, há alguns anos, Piero Fassino chegou a imaginar o embate entre Berlinguer e Craxi como uma surreal partida de xadrez. Quando está prestes a fazer o lance final, Berlinguer percebe que, com o movimento sucessivo, o adversário lhe daria o xeque mate. E então escolhe morrer "um minuto antes que o outro mova a peça", para evitar a derrota. Talvez o secretário dos DS se tenha deixado levar pela sugestão do filme de Bergman. Parece-me difícil imaginar que, qualquer que seja o juízo sobre os dois políticos, aquela partida dramática pudesse resolver-se com a vitória de Bettino. No mínimo, em razão de como as coisas se desenvolveriam em seguida. Nos seus anos de governo, Craxi não conseguiu fazer as reformas constitucionais que apregoara nem melhorar a Itália. Seu Partido [o PSI], que mesmo nos melhores momentos jamais superou 15%, caíra "numa corrosão moral que chega bem antes de Tangentopoli", como lembrou Giuliano Amato. E, no seu dramático declínio, o líder do PSI arrasta consigo uma parte consistente da própria tradição socialista, já posta em crise pelo abandono dos seus protagonistas de maior prestígio, de Norberto Bobbio a Riccardo Lombardi e a Antonio Giolitti.

Bastante diferente é a herança de Berlinguer, que nunca assumiu formas rígidas e prescritivas, mas, ao contrário, é feita de um patrimônio de idéias, de paixões, de exemplos de vida, que continuam a agir na consciência de muitos e de muitas. Berlinguer legou uma esquerda melhor e mais aberta, mais preparada para enfrentar os desafios do novo século. Também por isso, creio que refletir criticamente sobre sua extraordinária experiência só possa fazer um grande bem, dentro e fora dos limites da esquerda.
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 24-03-2007 03:34
# Ligazón permanente a este artigo
Linguaxes dos primeiros 70 para o mundo do século XXI
Magnífico texto de Marcos Valcarcel:

Linguaxes dos primeiros 70 para o mundo do século XXI

Conste que non quería volver sobre o "caso Gómez-Valadés": pola miña banda, estaba todo xa dito e neste blog tamén se escoitaron todos os argumentos posibles (sen censura ningunha).
Pero despois de ler os artigos de Guillerme Vázquez no Faro e dese "valor emerxente" que asina Xabier Igrexas en Xornal.com, quero manifestar que estou totalmente de acordo coa análise que fai M. Bragado en "Volta de torca" (Brétemas).
Estase a demostrar que o intento de expulsión de Gómez-Valadés (que xa ten moral, o home!) é moito máis que un caso ou unha anécdota: é un debate transcendental para o nacionalismo de hoxe e do futuro. Pon en cuestión a liberdade de expresión e a auténtica concepción de pluralidade do modelo do nacionalismo para este país. A min lembroume, xa o contei en Brétemas, cando a algúns nos alcumaban como "culturalistas" dentro da UPG (tamén eu pasei por esa casa e non son ningún renegado, aínda que algúns non me creran). Ou cando se me encargou un informe para que os militantes de base non leran revistas tan perigosas como Teima ou El Viejo Topo, que seica deprimían a algúns militantes. Ou cando nunha célula se prohibiu discutir El origen de la familia, la propiedad privada y el estado, de F.Engels, porque os militantes non tiñan nivel e ó mellor o entendían ó revés.
E como algúns calan, supoño que por medo e porque hai eleccións ás voltas, e outros opinan cos argumentos das críticas internas da UPG dos primeiros 70, por iso quixen manifestar aquí de novo a miña solidariedade cos que levan esta loita adiante dentro do BNG.
Aínda máis, se alguén non asinou e está de acordo co que eu estou a dicir, xa sabe onde (militantes e non militantes): carta aberta a Anxo Quintana.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 23-03-2007 06:01
# Ligazón permanente a este artigo
Caza de bruxas no BNG
Por Pilar Rahola

A estas alturas da biografía do mundo, iso que chaman a historia, xa é pertinente aseverar, con convición, que as forzas reaccionarias da dereita son tan malvadas e perversas coma o son as forzas reaccionarias de esquerdas. As dúas tinxiron de sangue e traxedia a pel de Europa, as dúas masacraron a millóns de persoas e as dúas basearon o seu poder na destrución sistemática dos dereitos fundamentais. Se algo lles une é, sen dúbida, o odio profundo á liberdade. Cunha diferenza: o mundo recorda e respecta a memoria das vítimas das ditaduras de dereitas, pero decidiu mergullar ás vítimas das ditaduras de esquerdas na ignominia do desprezo, o silencio e a impunidade dos culpábeis. Non hai moito aínda podiamos ver como esta mestura de zar feudal e comisario stalinista que é Putin, transformaba a homenaxe ao final da Segunda Guerra Mundial, nun panexírico do réxime stalinista. E fíxoo ante decenas de xefes de estado, impasíbeis á vergonza. O denso e pesado silencio do mundo intelectual, político e social ante as atrocidades destas ditaduras de esquerdas, é un síntoma máis da derrota da liberdade en mans do sectarismo. De feito, un triunfo sangrante da dupla moral.

Nada do que está pasando, pois, en Galiza, resúltame sorprendente. Que a UPG, cualificada formación integrante do BNG, queira expulsar a un dirixente local porque non defende o catecismo ideolóxico imposto, e porque non tolera a liberdade de pensamento, forma parte da mellor tradición das checas comunistas.
Cal é a lesa culpa de Pedro Gómez-Valadés? Nacionalista galego, home de esquerdas e militante comprometido, Pedro cometeu un pecado de incorrección que sacou do armario á vocación inquisidora do seu partido, e o resultado é o intento de expulsión: creou unha asociación de amizade con Israel. É dicir, desde a súa capacidade de pensar individualmente, máis aló do pensamento único, e convencido da validez da dialéctica como método de razoamento, chegou a conclusións sobre Medio Oriente que non son as maioritarias no seu partido. Actos da asociación? Algúns encontros culturais, o recordo do Holocausto, e máis boas intencións que orzamentos. Pero foi dabondo para animar a unha auténtica caza de bruxas interna que, ate, levou ao deputado Francisco Rodríguez, nunha asemblea xeral, a asegurar que os únicos amigos posíbeis do seu partido son a Cuba de Fidel, a Venezuela de Chávez e, ¡ai!, a República Islámica de Irán. Obviamente, ante esta tríade de paraísos da liberdade, a democracia israelí non ten cabida. De momento, pois, Pedro está sufrindo todo tipo de improperios, foi chamado a filas, recibiu descualificacións públicas e ten un proceso de expulsión aberto, aínda non resolto. E todo por pensar máis aló de consignas. Poderiamos considerar que se trata dunha anécdota desgrazada, que en todas as familias hai sectarios e que a anécdota non chega a categoría. Pero non é así. De entrada, estamos falando dun partido que está no goberno de Galiza.
Non resulta, xa que logo, intranscendente que un dos seus membros máis cualificados, considere como referentes a tres das peores ditaduras actuais. É dicir, o goberno galego inclúe, nas sensibilidades que o gobernan, ideas totalitarias de esquerdas. Que pasaría se incluíse ideas totalitarias de dereitas? Ademais, este tipo de caza de bruxas contra os librepensadores, non só resulta impune senón que está ben vista, cando se produce no nome da esquerda. Non teño ningunha dúbida de que o deputado Paco Rodríguez, e a corrente ideolóxica que representa, son profundamente reaccionarios. Pero a diferenza dos reaccionarios de dereitas, estes teñen boa prensa. Hoxe, pódese defender unha tiranía insufríbel como a iraní, ou o espantallo da ditadura cubana, ou os delirios do populismo fascistoide de Chávez, e vendelo todo coma unha aposta solidaria e progresista. Sob a bandeira da solidariedade, esconderse miradas brutalmente insolidarias con miles de vítimas.

Por suposto, está o tema de Israel, auténtico catalizador de todas as patoloxías que a esquerda reaccionaria é capaz de crear. Neste punto, Israel representa o termómetro do maniqueísmo ideolóxico. Criminalízaselle, se homoxeneiza ate o punto de que calquera israelí, polo só feito de existir, é culpábel, redúcese a súa democracia a unha caricatura, e pola vía de defender a lexítima causa palestina, se minimiza ate a comprensión ao terrorismo nihilista. Por sumar despropósitos, ata se chega a banalizar o Holocausto. Mentras, os amigos das ditaduras de Siria, de Irán, do Sudán, etc, vanse de rositas. Amigos da causa... En fin, non hai moito máis que dicir. Pedro Gómez-Valadés ten un problema co seu partido. Pero esa non é a cuestión. A cuestión é que o seu partido ten un serio e fondo problema coa liberdade. >
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 14-03-2007 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
CARTA ABERTA A ANXO QUINTANA
CARTA ABERTA A ANXO QUINTANA

Respectar as minorías para gañar a sociedade.


O pluralismo interno é un valor no BNG cuxo significado vai máis alá dunha formulación meramente teórica. Para unha forza política con aspiracións a ser maioritaria na sociedade, o respecto efectivo ás minorías é fundamental por tres razóns:

1. Porque é o exemplo do modelo social e cultural da Galiza do futuro, onde todos e todas debemos ter cabida independentemente da nosa filiación política e ideolóxica, onde mesmo os non nacionalistas han compartir dereitos e obrigas con nós para a construción do noso país.

2. Porque o noso modelo organizativo está así concibido, admitindose a presentación de listas diversas que responden a sensibilidades diversas. Así se plasmou na última Asemblea Nacional, sendo considerado como unha riqueza e non unha debilidade do BNG.

3. E finalmente, e o máis importante, porque a mesma formulación dos Dereitos humanos individuais sempre debe preceder a calquera consideración de carácter colectivista. Isto é unha esixencia que toda a sociedade e non só BNG debe apoiar: todo deterioro destes principios en calquera lugar inicia a pendente que nos leva ao totalitarismo.

O BNG iniciou un proceso de expulsión dun dos nosos afiliados. Primeiramente, votou a súa consideración de "militante de segunda" (sen posibilidade de acceso a cargos) en razón da súa pertenza a unha asociación legal e democrática, -ASOCIACION GALEGA DE AMIZADE CON ISRAEL- que, como o seu nome indica, busca a amizade e a concordia entre os pobos. Dita purga vén motivada por unha lectura maniquea e unilateral dun conflito complexo e difícil; e é un atallo do colectivismo que viola os artigos 18,19 e 20 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e que contradí o principio do pluralismo e respecto ás minorias, situándonos nun novo escenario dentro do BNG:

1. Aniquila o sistema organizativo e representativo do que nos dotamos, e substitúeo por un sistema de purgas e imposicións de maiorías circunstanciais que crea inestabilidade e medo á depuración como novos principios organizativos.

2. Desmobiliza e retrae os nosos apoios sociais que observan eses novos principios organizativos de depuración como a pauta a seguir por un futuro BNG maioritario.

3. Converte unha determinada opinión de análise política internacional en filtro de pertenza plena á organización. A ideoloxía que resulta do filtrado é que o "antiimperialismo" que di defender o BNG renuncia ao acervo democrático occidental Ademais o antiimperialismo non debería estar por riba do pluralismo político, da liberdade de expresión e do dereito á discrepancia pública.

É por iso que chamamos á solidariedade dos nosos compañeiros e compañeiras, dos nosos representantes institucionais e políticos, e mesmo de toda a sociedade para amparar un dereito humano e democrático. Reivindicamos o respecto ás minorías en favor de toda a sociedade galega.

01 - Xoán Bernárdez Vilar
02 - Abel Anxo García López
03 - Manuel Feás Sánchez
04 - Cesar Pazos Barreiro
05 - Isabel Ferreiro Rodríguez
06 - Fernando del Rio Iglesias
07 - Francisco X.Lores Ínsua
08 - Xurxo Gregorio Vaqueiro
09 - José Henrique Pérez Rodríguez
10 - Florentino Pinheiro Vasques
11 - Xose Carlos Morell Gonzalez
12 - Xoan Xesús Rozas Neira
13 - Iago Pillado Losada
14 - Natalia Costas Alonso
15 - Fernando Acuña Rúa
16 - Henrique Monteagudo Romero
17 - Fernando Rodríguez Dacosta
18 - Miguel Mato Fondo
19 - Xosé María Moreno Villar
20 - Vitor Manuel Meirinho Guede
21 - María Luisa Varela Nogueiras
22 - Alberte Mahía Rodríguez
23 - Felipe Gómez Morgade
24 - Francisco Xavier Freire Chico
25 - Carlos Pérez Sainz
26 - David Álvarez López
27 - Francisco Lores Santacecilia
28 - Alexandre Fernández Villaverde
29 - Alberte Vila González
30 - Gonzalo Cao Sousa
31 - Xosé Manoel Santos Díaz
32 - Quico Recondo Martínez
33 - Xosé Manuel Garcia Garcia
34 - Xosé Manuel Xil Ramos
35 - Xosé-Henrique Costas González
36 - Antonio Rodríguez Sampayo
37 - Diego González López
38 - Patricia Pampillón Vila
39 - Carlos Nuevo Cal
40 - Marta Toledano Funes
41 - Rosendo Gonzalo Covelo Roma
42 - Carlos Alonso Valladares
43 - Xavier Gómez Curras
44 - Xose Gómez Quintela
45 - Xosé Vixande López
46 - Daniel Monteagudo Ferreira
47 - Xavier González Carreira
48 - Manuel Currás Meira
49 - Susana Seoane Dovigo
50 - Heliodoro Álvarez Conde
51 - Xusto Molejón Valoria
52 - Xoaquín de Acosta Beiras
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-03-2007 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
UN "AUTO DE FE". Por Manuel Rivas

UN "AUTO DE FE"
Por Manuel Rivas
EL PAIS - 09.03.07


E agora saio en defensa de Pedro Gómez-Valadés, así que non sei en que século estou. Se cadra xa oíron do caso e xa lles chegou o recendo a churrasco de simbólica fogueira. En resume: Este home, Pedro, militante nacionalista, e durante anos comprometido coa cultura na bisbarra de Vigo, está ameazado de expulsión do Bloque por figurar como presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel. Non estamos a falar dunha organización creada por ningún estado ou partido, senón por persoas libres da sociedade galega. Esas persoas defenden a existencia de Israel como unha patria democrática, mais tamén dun estado de seu para os palestinos. O caso Valadés non atinxe só aos directos protagonistas nin a unha organización. É un test, unha proba, de que en Galicia, en calquera recanto de Galicia, mesmo nas criptas da caste que sexan, xa pasou o tempo en que podía ser perigoso tanto o falar como o calar. A expulsión de Valadés, de consumarse o auto de fe, sería unha agresión contra o librepensamento galeguista. Contra todos nós. Os que nos sentimos tamén parte de Galicia, a parroquia sefardí de Andreanápolis, habitada por galegos xudeus expulsados, e sobre a que escribiu con emoción, tamén el dende o exilio, Luis Seoane.
PODES LER O ARTIGO NO XORNAL:
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 10-03-2007 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Medo e noxo no BNG
Estamos no ano 2007!! Estamos no primeiro mundo!! O BNG está a gobernar ou cogobernar na Xunta de Galiza!!

Todas estas verdades caen feitas anacos cando un escoita o caso de un militante do BNG ameazado de expulsión polo pecado de defender a Israel. Eu non milito no BNG. Recoñezo que en moitas ocasiíons plantexeime dar o paso e entrar na que pretende venderse ciomo casa común do nacionaliosmo galego. Afortunadamente non din ese paso. Afortunadamente.

E non o digo pola posibilidade de seren eu tamén proposto para expulsión, non. Digoo polos que ainda non foron "detectados" e viven o día a día no Bloque en silencio, co medo de ser descubertos.

Onte tiven unha longa convresa cunha militante do BNG e socia da Asociación Galega de Amizade con Israel www.amizadeconisrael.org e crédeme se vós digo que a súa situación é impensable en plena Europa no terceiro milenio.

Medo e noxo. Medo e Noxo no Bloque Nacionalista Galego.

Viva a abstención activa !!!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 09-03-2007 02:39
# Ligazón permanente a este artigo
Corto Maltés en galego
Brincos nas orellas, patillas poboadas, ollos cor de mel e un medio sorriso sempre inquedante nos duros beizos. Dese rostro namorouse media Europa durante décadas grazas á arte de Hugo Pratt, que en máis de dez álbumes consagrou un heroe algo cínico e sentimental, sempre do lado dos máis débiles non por compromiso moral senón para que non decaia a aventura. O personaxe de máis sona do cómic europeo non precisou superpoderes para facerse un oco na historia do século XX; o seu nome, Corto Maltés. Curiosamente, agora non falamos de Corto Maltés como personaxe de banda deseñada. Xusto no 40º aniversario da súa creación, o mariño toma corpo nunha novela e nun filme, manténdose fresco para as novas xeracións que agora o descobren.
Corto Maltés. Balada do mar salgado, de Hugo Pratt (Galaxia) –traducida por Ánxela Gracián– é unha novela que profundiza nas pasaxes descritas no álbume de cómic do mesmo nome, que inaugurou a serie no 1967. Ese cómic foi un dos máis exitosos da historia do cómic e contén a esencia do espírito do personaxe e de todo o Universo Pratt. Corto Maltés recorda a súa infancia en Córdoba, cando decide cunha navalla debuxar na palma da man a liña da fortuna que unha cigana lectora da boaventura lle negara posuír. Así iniciaba unha vida chea de aventuras que o vai deixar ao garete no Pacífico sur logo de sufrir un motín. Así, xa perto da morte vaino atopar Rasputín, desertor siberiano, alter ego e compañeiro inseparábel do maltés en moitas das súas aventuras. No barco que capitanea, o ruso transporta dous irmáns náufragos, Caín e Pandora, que gardan consigo moitos segredos.
Está a piques de comezar a I Guerra Mundial e os mares que separan Australia das illas Fidxi son perigosos pero fantásticos para quen busca oportunidade de diñeiro. Nese ambiente mora o Monxe, un tipo misterioso que pouco a pouco desvelará o seu papel na historia. A publicación desta novela é a primeira incursión de Maltés na nosa lingua. Se outras personaxes do cómic europeo tiveron tradución (as máis famosas, as de Tintín e Asterix), este mariñeiro intrépido só agora comeza a falar en galego. O proxecto era unha vella arela de Galaxia e buscouse a significación do cuadrixésimo aniversario do mariño para contarnos aquilo que se perde na banda deseñada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-03-2007 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
O BNG ANTISEMITA

Non, xa sei que non está ben visto iso de antisemita. Iso queda só para a ultradeira rancia que cando menos é sincera. A esquerda, ou gran parte da esquerda, coa súa visión maniquea e simplista do tremendo conflito de Oriente Medio, prefire autocualificarse de antisionista e alé.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 05-03-2007 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
Escritores e editores denuncian os ataques oficiais á liberdade de expresión
A décima edición de «Sahme Man» (O que a vida deume), da escritora Pari noosh Saniee, non obtivo o permiso de reedición por parte do Ministerio de Cultura e Guía Islámica de Irán. Unha das novelas máis famosas e vendidas da literatura moderna no país non volverá estar nas librerías porque as novas autoridades non lle dan o visto bo. Os críticos nacionais comparan esta novela con «Cen Anos de Soidade»
e nas súas páxinas pódese seguir a vida dunha xeración de iraníes que foi perdendo a esperanza desde o inicio da revolución ata os nosos días.
O «caso Saniee» é só un exemplo dos moitos que se dan en Irán desde que o presidente Ahmadineyad alcanzase o poder en agosto de 2005. A súa chegada provocou o desembarco dunha serie de políticos ultraconservadores aos ministerios e o seu traballo xa empeza a deixarse notar. A censura e a presión sobre os intelectuais chegaron a tal punto que na última semana un grupo de editores e escritores do país denunciaron ao Ministerio de Cultura e Guía Islámica «por violar o dereito fundamental á
liberdade de expresión e retirar o permiso de reedición a libros que xa o tiñan con anterioridade».

Un caso claro
A Premio Nobel da Paz de 2003, Shirin Ebadi, é a avogada deste grupo e encabeza a protesta. Para Ebadi, «é necesario falar en voz alta contra
este Ministerio porque toma medidas ilegais. Un libro que xa foi editado en nove ocasións non pode ser perigoso para a poboación». A principal crítica por parte da avogada teheraní é que o Ministerio non argumenta a negación dos permisos e estase poñendo problemas a todo
tipo de libros. Os responsables de Cultura de Irán responderon ás acusacións lanzadas por Ebadi asegurando que se trata de «imaxinacións» da avogada. O Ministerio asegura que a cada autor que se achega a preguntar polo
permiso de edición do seu libro, respóndeselle a tempo e con argumentos. Doutra banda, o sindicato de escritores -asociación ilegal integrada por autores veteranos, entre eles os máis recoñecidos- publicou unha carta
aberta para protestar pola situación actual no país. Diferentes portais non gobernamentais de internet, como Rooz Online, publican este documento onde os escritores protestan contra a pena de morte, os activistas políticos que permanecen na prisión e os filtros aos que
están suxeitas as súas web en internet. O último punto denuncia a situación nas universidades, e os escritores lamentan «a pechadura dos xornais
estudiantiles». Contra os xornais oficiais
Na carta tamén se critica que os xornais oficiais, como «Kayhan», «ameázannos directamente, sinálannos co dedo e intentan politizar todos os nosos escritos como accións contra o Goberno. Por culpa deste ambiente pégannos nas callejuelas e cada vez recibimos máis ameazas». Ali Ashraf Darvishian é un dos firmantes da carta aberta de protesta.
Este escritor probou os cárceres do Sha e dos ayatolás, e algúns dos seus libros están prohibidos en Irán. Só se poden ler en alemán,
francés, turco e noruego, non en farsi. «Neste país non hai xeito de decatarse realmente do que ocorre porque non existe a liberdade de expresión. Eu, á miña idade, xa decidín escribir o que me dá a gana e, se non me dan o permiso de publicación, envíoos ao estranxeiro. Jatami ou
Ahmadineyad fan o mesmo traballo», denuncia Darvishian. A presión sobre escritores e editores tamén alcanza ás organizacións
non gobernamentais. As principais asociacións feministas levaron a cabo durante a mañá de onte un acto de reparto de panfletos nas montañas de Teherán, o único acto previsto para celebrar o Día Internacional da Muller, que se celebra o vindeiro xoves. O ano pasado as mulleres manifestáronse, sen o permiso oficial, no
céntrico parque Danesyoo da capital, e a concentración acabou dispersada a paus polas forzas da orde. Ante o incremento da tensión, as
asociacións decidiron non concentrarse nas rúas por temor á resposta policial. As protestas internas coinciden coa denuncia por parte de Amnistía Internacional (AI) dela ejecución de 177 persoas en 2006 en Irán, varias delas
lapidadas e polo menos catro delas menores. Amnistía advirte ademais que outras seis mulleres, un home e polo menos 24 menores máis están no corredor da morte, polo que fai un chamamento para impedir os seus ejecuciones mediante a recolleita de firmas no portal «www.
actuaconamnistia. org,». Amnistía Internacional denuncia que só en xaneiro deste ano leváronse a cabo outras 19 ejecuciones en Irán, aínda que segundo o organismo con sé en Nova York a «cifra real podería ser moi superior».
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 04-03-2007 04:52
# Ligazón permanente a este artigo
A PREPOTENCIA E A CHULERIA DA UPG

Porque outro nome non ten. Un comunicado oficial daba por feitos, varias horas antes de que comezase a xuntanza, todos e cada un dos resultados. Nota embargada, iso si, coma se esa fórmula máxica servise para un roto e un descosido. Que se saiba, en xornalismo se embarga un discurso, unha celebración fixa e xa definida que non pode variar, salvo catástrofe. Pero enviar un comunicado sobre unhas eleccións, que iso era o que se celebraba, di moi pouco dunha estrutura política. E así lles luciu o pelo horas despois. Onde digo digo, digo diego, ma envaino tan ricamente e pelillos á mar de Fisterra. As mentes lúcidas que ían tan sobradas só tiñan que ler o titular deste xornal o día anterior que, en referencia a Manolo Portas, aseguraba que o anxo caído ía presentar batalla. E cumpriuse con fartura. Pero no benegá, ás veces tan asambleariamente suficientes, non se deron por decatados. Lamentable erro e pésima imaxe.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 03-03-2007 02:43
# Ligazón permanente a este artigo
As fotografías non premiadas.
Un artigo de Julián Schvindlerman
A mediados de febreiro foi publicado mundialmente o resultado do certame World Press Photo 2007, posiblemente o máis prestixioso da súa clase, cuxa edición número 50 acababa de completarse. No mesmo participaron 4460 fotógrafos de 124 países que presentaron 78.083 imaxes, das cales o xurado galardoo tan só a 60 delas e onde soamente unha recibiu o premio principal como a mellor foto do ano que terminou. ¿E adiviñe sobre que tratou a foto ganadora deste hipercompetitivo concurso global? Por suposto, sobre a infinita maldade israelí. A mellor fotografía do 2006 foi aquela que retratou a devastación de Beirut logo dos bombardeos israelís durante a última guerra no Líbano.

O xurado, presidido por unha editora do New York Estafes e integrado por fotógrafos profesionais, editores de imaxe e representantes de axencias de prensa de varios países, definiu dez categorías diferentes as que á súa vez estaban subdivididas en dúas seccións. Das seis categorías relevantes aos propósitos deste artigo, en catro delas houbo fotografías premiadas referentes a Israel. Desas catro categorías, en tres delas os primeiros premios foron para fotos que abordaban temática sobre Israel. Na única categoría na que Israel estivo presente sen obter o primeiro premio, a metade das fotografías seleccionadas eran relativas a ela. Á súa vez, unha das dúas únicas fotografías receptoras dunha "mención de honor" era sobre Israel. Noutras palabras, dun total de 38 imaxes galardonadas nas categorías relevantes a asuntos políticos actuais, sete delas referían a Israel. Quere dicir que case unha quinta parte destas fotos destacadas -previamente seleccionadas de entre máis de 78.000 fotografías presentadas desde os catro puntos cardinales- estaban vinculadas ao estado xudeu.

Isto móstranos, unha vez máis, a atención desproporcionada que recibe Israel no noso planeta e a súa mala imaxe a escala global. Invariablemente, as únicas dúas situacións retratadas nas fotografías en cuestión eran mayoritariamente sobre os estragos derivados da incursión israelí ao Líbano e, en menor medida, sobre a retirada israelí da Franxa de Gaza. Ciertamente houbo fotos galardonadas que abordaron outras e moi diversas temáticas contemporáneas tamén: desde a violencia contra a muller en Guatemala ata a crise humanitaria do Sudán, e desde as protestas en Nepal ata a inxustiza social en México. Ata un terceiro premio nunha das categorías foi para unha imaxe do asasinato a sangue frío dun palestino acusado de colaboración coas autoridades israelís, efectuado por militantes palestinos na vía pública.

Aínda así, non deixa de chamar a atención que tantos premios en tan variadas categorías sexan reservados para Israel e a súa presunta violencia. Os temas subyacentes nas fotografías relativas a Israel son os clásicos do xénero: o uso desproporcionado da súa forza militar e a victimización árabe (os libaneses parecen desprazar aos palestinos neste caso). O foco está posto no sufrimento libanés, e aquí advertimos unha acentuada selectividad. Deixando de lado a inexistencia de fotos premiadas á mantenta do dano e as mortes provocadas polos máis de 4000 misiles disparados por Hizbollah contra os israelís en 33 días, é dable recordar que durante a mesma guerra terroristas do Hizbollah usurparon fogares de civís indefensos libaneses para instalar plataformas lanza-misiles e usáronos como escudos humanos ante a esperada represalia israelí. Máis non houbo fotos galardonadas sobre este acto de barbarie (asumindo que algún fotoperiodista molestouse en tomalas).

É máis, precisamente o ano pasado -é dicir, durante o período cuberto polo certamen- máis de 600 palestinos foron asasinados en Bagdad soamente e outros 100 foron secuestrados e non se sabe nada deles. Os perpetradores son milicianos chiítas que resenten o bo trato brindado a estes por Saddam Hussein. Conforme ao relato de testemuñas, chiítas extremistas deteñen na rúa a transeúntes e esíxenlles os seus documentos de identidade, se comproban que se trata dun palestino fusílano inmediatamente. Esta persecución ha fomentado un éxodo palestino de Irak cara a Siria e Jordania, países que impuxeron fortes restricciones ao ingreso de refuxiados, deixando a moitos deles atascados na fronteira en condicións crueis e inhumanas segundo o Jerusalem Post. Quizais sexa difícil para un fotógrafo captar o momento exacto das matanzas. ¿Pero por que razón non vimos unha soa foto destes miserables palestinos perseguidos por chiítas iraquíes e abandonados sen misericordia en terras de ninguén polos alawitas sirios e sunitas jordanos? ¿Por que ten un a sospeita que de suceder isto mesmo no West Bank vísemos incontables testemuños visuales da traxedia, dentro e fose do marco de concursos fotográficos? (Con galardones, desde xa). Este certamen vén desenvolvéndose case anualmente desde 1955. En tres oportunidades anteriores a foto do ano estivo referida aos palestinos: en 1976 (imaxe de refuxiados palestinos en Beirut), en 1982 (masacre de palestinos en Sabra e Shatila), e en 1993 (pícaros palestinos blandiendo armas de juguete en Gaza). ¿Por que a súa dor non quedou documentado en imaxes masivamente distribuídas esta vez? ¿Podería ser que o sufrimento dos palestinos sexa ignorado cando este non poida ser directa ou indirectamente vinculado a Israel?

No seu website, World Press Photo explica sobre o concurso que "este ofrece un panorama de como os fotógrafos lidian co seu traballo en todo o mundo e de como a prensa dános as noticias, xuntando fotos de todas partes do globo para reflectir tendencias e desenvolvementos no fotoperiodismo". Á luz desta selección, parece que tales tendencias e desenvolvementos son moi evidentes.
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 02-03-2007 03:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal