OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha lanza a favor de Vic
Dentro da polémica creada ao redor das decisións tomadas polo Concello de Vic (ERC+PSC+CiU+PxC)sobre o padrón municipal, quero romper unha lanza ao seu favor. Se aplicamos a simple lóxica pódese sintetizar na seguinte pregunta: Como pode ser que unha persoa, que non está legal nun país, é dicir, que entrou fraudulentamente nel, poida sen problemas darse de alta nun concello (supostamente una das autoridades competentes), e con iso acceder a todos os dereitos derivado diso? Porque logo parece que obrigacións non teñan... Noutros países europeos (Alemaña, por exemplo) é imposible darse de alta no padrón se non se xustifica o permiso pertinente para vivir no país así como o lugar de residencia mediante un contrato de aluguer ou de compra. Se non, animo aos contrarios a esta medida que se vaian a Nova York, entren ilegalmente, e tenten darse de alta no padrón municipal. Non creo que o Alcalde Bloomberg se baixe os pantalóns tal e como vén sendo costume no noso país nos últimos anos...
Nota. a imaxe que ilustra este post é dunha rúa de Vic non de Islamabad
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 14-01-2010 03:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal