OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pola paz contra o boicot a Israel
O
s abaixo asinantes, cidadáns vascos, cataláns e galegos, que defendemos o dereito de autodeterminación dos nosos respectivos pobos, mediante este escrito, queremos amosar a nosa oposición á campaña que sob o nome BDS (Boicot, Desinversión e Sancións), promove accións de todo tipo contra produtos, actividades ou profesionais provintes de Israel en ámbitos económicos, académicos, culturais ou deportivos.

Consideramos que esta campaña, que pretende ser un instrumento de presión sobre o goberno israelí para que mude a súa política respecto dos territorios palestinos, non favorece en nada ao devandito fin, e pola contra cremos que por medio da mesma, estanse a cometer actos discriminatorios contra cidadáns israelís que reavivan o odio contra os xudeus en xeral.

Cremos que a creación dun Estado palestino viábel, (prevista na resolución das Nacións Unidas de 1947 dividindo a Palestina británica en dous estados un xudeu e outro árabe), pode ser a solución ao conflito se comporta o recoñecemento de Israel por parte dos estados árabes. Mais para iso consideramos que son o diálogo e a negociación os instrumentos que debemos promover entre as partes implicadas.

Parécennos lexítimas as críticas ás autoridades de Israel, pero non a invocación da súa destrución como “solución final” ao conflito, e menos cando se obvia que é un estado democrático, para dar curso á infame equiparación co réxime de Apartheid da antiga Sudáfrica. Israel, a pesar dos defectos que se lle poidan reprochar, foi unha referencia para os pobos que aspiran á súa soberanía, especialmente así foi no caso catalán. O feito de que Pau Casals, o catalán máis universal sexa á vez cidadán de honra de Israel así o proba. Ou tamén o recente libro sobre Jordi Pujol e os xudeus. Por iso criticamos a quen en nome da liberdade dos nosos respectivos pobos solidarícense en exclusiva coa causa palestina e negan a Israel o dereito a unha existencia en paz como fogar nacional do pobo xudeu.

Así mesmo, parécenos unha irresponsabilidade que baixo o argumento da solidariedade se pretenda importar ás nosas sociedades un conflito externo e se interiorice a estigmatización dos cidadáns israelís e xudeus en xeral que conviven nas nosas sociedades. As accións de boicot á cultura e á economía israelí e a discriminación contra persoas desta orixe nacional, son condutas racistas e delitivas que estanse a tolerar impunemente nas nosas sociedades. Como cidadáns que aspiramos á soberanía das nosas respectivas nacións non podemos admitir o racismo antixudeu que subxace nestas campañas de boicot, e nin moito menos que contamine o futuro modelo de sociedade que desexamos para os nosos pobos onde deberemos poder vivir en liberdade todas as persoas sexa cal for a súa procedencia nacional.

Asinan este texto desde Euskal Herria, Catalunya e Galiza:

Jon Inarritu, xurista
Xabier Kintana Membro da Real Academia de la Lengua vasca
Jurgi Kintana, historiador
Mikel Itoiz, enxeñeiro
Iñaki Akerreta, periodista
Filipe Duluc, lingüista. Ex-presidente do PNV de Iparralde, actualmente en EA.
Iñaki Anasagasti, senador PNV

Toni Florido, President de ACAI,
Mila Miró, Secretaria de ACAI
Ignasi Carnicer, ex-deputado de PSC
Jordi Argelaguet, director do CEO
Jaume Renyer, profesor URV.
Alfons López Tena, deputado de Solidaritat
Jaume Nogueroles, vogal de ACAI
Pilar Rahola, periodista
Josep-Lluis Carod-Rovira, politico e escritor

Xoán Bernárdez Vilar, membro da Real Academia Galega
Carlos Penela. escritor
Natalia Costas Alonso, avogada
Constantino Lago sindicalista
Manuel Feáns. Profesor. Ex concelleiro do BNG
Paco Lores Santacecilia, sindicalista
Cesar Pazos, técnico de marketing. Padroado da Fundación Enclave
Pedro Gómez-Valadés, Presidente AGAI
Comentarios (1) - Categoría: Mundo - Publicado o 30-03-2011 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Metal, quartz, along with the mechanism found in producing regarding Replica watches are the same custom br#blgtk08#and names.So,acquiring Rolex Replica watches doesn't suggest you are diminishing together with top quality.
Comentario por Replica watches (08-07-2013 04:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal