OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Israel imaxinario

UN ARTIGO DE GABRIEL ALBIAC
A prensa española inventou, hai moito, o seu Israel imaxinario. Resístese a xubilalo. Sen máis, porque se axusta milimétricamente aos pantasmas e fobias da clientela: os dun antisemitismo demasiado fondo para ser rozado polo real. E a clientela manda; son as regras do mercado. E é certo que hai momentos -este de agora, é un- en que súas tarascadas cos feitos toman acentos traxicómicos de patinador bébedo. Non importa. Non hai realidade que poida cun sistema de prexuízos ben codificado. Nin cun titular resonante. Máis de medio século de democracia en guerra, sen un só episodio de regresión autoritaria, fai de Israel un Estado estraño. Estraño pola súa impresionante blindaxe democrática. Me é difícil imaxinar un só país europeo que, sometido a acoso bélico desde 1948 (o cal, no caso de Israel, significa desde o día mesmo da súa independencia), lograse perseverar na legalidade garantista sen recorrer a leis marciais. Se un sitúa esa rareza no seu espazo político -a maior concentración de ditaduras por quilómetro cadrado do planeta-, a cousa toma tintes de milagre. Non é milagre. É a lóxica fundacional dun país que foi creado polos superviventes da maior matanza colectiva da Historia. Desde David Ben Gurión ate o último dos combatentes que salvaron a seu recén nado país da aniquilación en 1948, todos sabían que a cidadanía que creaban non tería o menor sentido de non cristalizar nun refuxio insubomable contra a barbarie. Israel naceu da aposta dun xudaísmo laico que aprendera, moi dolorosamente, a súa lección: que só coas armas na man se defende a democracia. Ese laicismo foi o seu maior capital orixinario.
Comentarios (1) - Categoría: Mundo - Publicado o 25-06-2007 05:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 E, sen embargo, no imaxinario colectivo, Israel é un refuxio do fundamentalismo relixioso (o mesmo que renega del).

Agardemos q#blgtk08#ue, con información e paciencia, a xente comence a ve-lo Israel que realmente existe, e non o que os vellos clichés xudeófobos pintan. Saúdos.
Comentario por Julicheiro (26-06-2007 21:27)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal