OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pobres palestinos

Pobres palestinos, tanto tempo manipulando as imaxes para demonizar aos israelís e acabar en todos os telexornais matándose entre eles. Iso si, a guerra civil palestina que se librou en Gaza adoita explicarse como produto da rivalidade entre moderados, Fatah, e radicais, Hamás. Nada máis inapropiado. En realidade é un conflito entre corruptos e islamitas. Al Fatah podía acabar con Hamás e outros grupos terroristas hai anos se quixese. Pero nunca quixo. Ao contrario, topou neles a mellor escusa para que os occidentais, especialmente os europeos, os apoiasen. Á fin e ao cabo, fronte a Hamas ou a Yihad Islámica, Arafat presentábase como a cara amable e razoable do pobo palestino. Ou el, ou o caos e a violencia. Esa estratexia suicida estase vendo culminada nestes días, cando o monstro que alimentaron desde a Autoridade Nacional Palestina se lles volve en contra e pide máis. De feito, pídeo todo, incluída a destrución de Israel. Europa apresúrase a ofrecerse como mediador neste conflito civil. Non podía esperarse menos, pois Fatah débese en gran medida ao diñeiro e aos favores da UE. Salam Fayyad, un dos poucos palestinos liberais e moderados, queixábase amargamente hai tempo porque os radicais tiñan as arcas cheas grazas ao diñeiro de Irán e de Arabia Saudita, e o réxime de corrupción de Fatah, de euros da UE, mentres que os verdadeiros demócratas estaban abandonados á súa sorte. Unha auténtica ignominia. Conviría abandonar xa o paternalismo occidental e porse a traballar a favor de todos aqueles palestinos que repudian a violencia e só aspiran a gozar dunha vida mellor e convivir en paz con Israel. Os palestinos non só necesitan un estado, necesitan un autenticamente democrático.
Comentarios (1) - Categoría: Mundo - Publicado o 21-06-2007 05:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Pódese decir máis alt#blgtk08#o pero non máis claro
Comentario por (21-06-2007 19:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal