OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O incrible lapsus palestino (GZ-Israel)

Publicado por GZ-Israel
www.galiza-israel.org
---------------
"É o momento da verdade. O meu pobo está a esperar escoitar a resposta. Somos o último pobo en estar ocupado no mundo. Permitirá o mundo a Israel estar por encima da lei? É isto aceptábel?". Mahmud Abbás (Abu Mazen)Presidente da ANP durante a súa intervención no plenario da Asemblea Xeral de Nacións Unidas (23.09.2011)
.

Onte, durante a súa agardada intervención, após meses de elaboración meticulosa do texto, o presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abbas, dixo alto e moi claro a frase, recollida con grandes aplausos desde as bancadas e desde a tribuna de convidados, que encabeza este post. Non hai desculpa posíbel na improvisación ou na urxencia. Non é o caso. Este texto, co seu rascuño previo correspondente, foi redactado, pulido e medido en cada parágrafo, en cada liña, en cada coma en Ramallah, París e Nova York. Mais o incríbel non é tanto a lóxica central da literatura palestiniana. O "palestinocentrismo", embigo do mundo, non é ilóxico desde a óptica palestina, o realmente incríbel é o silencio absoluto - quen cala outorga - con que a inmensa maioría dos movementos de liberación nacional recolleron esta senteza. Con certeza nos campos de Tinduf o eco - e as previsíbeis consecuencias - desta frase provocaron e provocarán calafríos, como en Lhasa, no Tibet ocupado ou nas montañas do Kurdistán...

Aquí, no Estado español, esta frase monumental e lapidaria do presidente Abbas non pasou desapercibida por ninguén na esquerda e no nacionalismo basco, catalán, galego ou canario. Mais con certeza ninguén dirá nada. Os nenos mimados da progresía internacional teñen bula para dicir, inventar e fabular a literatura que consideren precisa e necesaria en aras da deslexitimación do perverso inimigo sionista. Contra Israel todo argumento vale. Tanto ten que este sexa certo ou falso. Aínda que teñan que nadar na contradición e na falsedade. O verdadeiramente importante para moitos é que contra Israel todos viven mellor.
Comentarios (0) - Categoría: Mundo - Publicado o 05-10-2011 02:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal