OUTRA VISIÓN


CONTRA O PENSAMENTO ÚNICO (Oficial ou alternativo)
Se repetimos unha mentira unha e outra vez, a xente terminará por crela.

(Joseph Goebbels)



O meu perfil
teixeira1970@hotmail.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

E despois de tanto lio Beiras e o BNG se rajaron

Pagaba a pena vetar e negarse a condenar o Holocausto nazi? Non tería sido máis útil e intelixente aprobar no seu momento a Declaración de recordo do Holocausto? Fágome estas preguntas ao enterarme de que finalmente e despois de tanta negativa rotunda, tanto Beiras como o Bloque se rajaron e decidiron apoiar co seu voto a aprobación no Parlamento de Galiza da declaración de condena do Holocausto. Está ben. Como galego alégrome desta rectificación ainda que tardara.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 19-05-2013 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Homes pobres e pobres homes
Se cadra porque son home de poucas luces, asómbrome de que aínda os sociólogos, nas súas conspícuas clasificacións das persoas, non teñan caído –que eu saiba- nun ordenamento básico: que as xentes dividense, inicialmente, en xente pobre e pobre xente. Fago esta simple reflexión tras de saber que AGE e BNG, vetaron que o Parlamento Galego dira curso a unha Declaración Institucional de condena ao chamado Holocausto, isto é, a matanza planificada de millóns de persoas. A meirande parte, por algo tan irremediable e irreversible como a pertenza a determinada etnia. Outros, pola súa orientación política ou sexual.
Non chego a comprender os motivos do rexeitamento dos devanditos partidos a que se cumprira algo acordado pola ONU. Hai, de feito, cousas as que non termino de atopar sentido, nin lóxica nin coherencia. Vexamos: AGE e BNG, fachendean de seica defensores dos acordos das Nacións Unidas –maiormente se tales resolucións censuran a Israel, USA e outros países que non lles son gratos- e, nembargantes, non aproban unha decisión, meramente de decencia e humanidade, do organismo internacional condenando o crime do nazismo. Coma galego e xente de ben que son, a min non me representan vostedes. Pertenzo, con moita dignidade a clase da xente pobre. Vostedes… Pobre xente!
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 11-03-2013 11:39
# Ligazón permanente a este artigo
Día Internacional de recordo do Holocausto
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 07-01-2013 03:57
# Ligazón permanente a este artigo
Debate alternativo ao PP+PSOE+BNG
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 14-10-2012 07:32
# Ligazón permanente a este artigo
Vota Compromiso por Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 06-10-2012 05:17
# Ligazón permanente a este artigo
Beiras, o neno que rompia os xoguetes
It's still the same old story
the fight for love and glory
a cause of do or die
The world will always welcome lovers
As time goes by
Sam no bar de Rick, en Casablanca, 1942.

Por Xoán Salgado
Sam, o pianista do Bar de Rick en Casablanca, non era Sam e non viñera de París. En realidade era Dooely Wilson, un actor secundario que nacera en Texas, cantaba e tocaba a batería pero nunca soubo tocar o piano. Do mesmo xeito Beiras non é Vitor Laslo, non lidera ningunha oposición nin está fuxindo máis que das súas pantasmas. E, desde logo, non vai facer cantar ao bar enteiro, en pé contra a "ocupación española" por moito que soñe e aínda que el saiba tocar, seica, o piano.

Xosé Manuel Beiras Torrado acaba de cometer outro grave erro político ao preferir unha alianza con IU en vez de con Compromiso por Galicia.

Pero a cousa non estraña, porque, realmente, Beiras non é un político, é unha estrela, unha grande estrela mediática, un divo, unha vedette histórica, pero non un politico.

Como ideólogo é pobre, non ten corpus producido que alimente aos seus seguidores máis alá da paixón cega polo lider. Nin constituiu unha escola de economistas, nin é recoñecido alén das nosas fronteiras. Segue coa renda d'O atraso económico de Galicia e a definición intoxicadora de "colonia iInterna" (poderíase substentar tal cos datos socioeconómicos de hoxe en día?). Nin chegou a entender a trascendencia que podía significar a administración única propugnada por Fraga e presentou para contrarrestala, disparatado brindis ao sol, unha iniciativa parlamentaria para incluir a autodeterminación na constitución española.

Como estratega, sempre escolleu o máis beneficioso para o seu brillo, pero en xeral o máis ineficaz para o país. Falamos de 1977 cando os socialistas da FPS se integran no PSOE e son hexemónicos e marcan politicas nos seus territorios, como o PSC de Reventós e Pallac. El non quixo facer tal e logrou que o PSG baixase ao inferno da marxinalidade. E el con el. Falamos de 1984 cando o nacionalismo leva uns anos anovándose con Esquerda Galega para fuxir da marxinalidade antisistema, e en vez de apostar pola anovación, incorpórase ao BNG liderando -só ouropel- esa dura alternativa. E brillando el, como deputado, no medio do ermo. Falamos dos anos seguintes no seo do BNG onde é incapaz de liderar ningunha alternativa de cambio eficaz á hexemonía da UPG e chega a ser expulsado da súa organización, daquela Esquerda Nacionalista, por ir por libre. Falamos do período de cogoberno nacionalista 2004-2009 onde se mantivo ostentosamente á marxe, dedicado aos altermundismos e á defensa da independencia do pobo mapuche entre outros temas trascendentes para o futuro de Galicia. Falamos da súa ruptura despois de ter perdido o congreso de febreiro. Falamos de como en vez de propugnar unha unión entre os escindidos que optase pola anovación do galeguismo e nacionalismo incorporando a moitos sectores dispersos nos que gurgullaba a esperanza, opta por achegarse aos que o deixen brillar máis.

Non, non é un estratega. Terá, si, un alustar final -non hai moito percorrido politico por diante dun home seis anos máis vello que Fraga cando asumíu a primeira presidencia en Galicia no 1990- pero deixará moita terra queimada ao redor.

Pero tampouco un xestor. Nos seus 74 anos, e vivindo en democracia desde os 41, nunca tivo responsabilidades de xestionar ningún nivel de poder no que puidesemos contrastar a súa brillantez coa súa eficacia. Non sabemos como gobernaría un poder, pero si sabemos como fixo nas súas casas políticas. Terra Queimada. Estamos ante unha estrela que brilla, como os vellos iconos bizantinos. Pero nós somos iconoclastas.

É parte da nosa historia. Beiras foi mimado ata o extremo polo vello galeguismo. Era fillo de Manuel Beiras, fundador da Dereita Galeguista con Vicente Risco e Filgueira Valverde. Pero de algún xeito proxectaban nel a esperanza de que fose Vitor Laslo ou Castelao outros galeguistas sen fillos como Ramón Piñeiro e Francisco del Riego. Mimo de francés, piano, misas galeguistas, presenza nos actos dos cincuenta, coñecemento directo do panteón de vivos e adoración dos mortos rosalianos... logo estudos en Compostela, París, Londres...Coñecedor das terrazas de Saint Germain e dos paseos por Bloombsbury... e non, por sorte para el, da suor de arrincar das patacas, do manexo da coitela nas vendima, da xestión da supervivencia na cotidianeidade gris das cidades galegas, dos barracóns de emigrantes en Xenebra...

Beiras é unha estrela. E as estrelas teñen luz e lume. E antes de consumirse, arden e queiman. Se cadra, pola súa coidada estética de descoidada luz imperial sobre o resto dos mortais precisaba, como Xulio César cando entraba en Roma triunfante de mil batallas, un escravo ao seu lado que lle fose repetindo, Respice post te, hominem te esse memento . Ou sexa, "Olla detrás de ti e lembra que só es un home".

En fin unha vez máis a Vanitas vanitatis que pexa o avance do país. Sairemos adiante, pois tamén dicía Sam, "The fundamental things apply, as time goes by".
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-10-2012 06:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chegou a hora do Compromiso con Galicia

A convocatoria polo presidente Feijoo das Eleccións autonómicas galegas con seis meses de adianto fai que todo teña que ir máis deprisa. Incluso a decisión de esta vez si votar. Eu desde que teño capacidade legar para votar fíxeno sempre polo BNG. Nunca militei no Bloque nin en ningún partido. Cousas miñas. Pero sempre depositaba o meu voto para o BNG. Sempre ata a incrible expulsión e linchamento de Pedro Valadés. Iso foi xa demasiado. Unha caza de bruxas estalinista e impropia dunha organización minimamente democrática. Desde aquela votei unha vez PSOE e logo senteime na bancada dos que non votamos. Agora por fin parece que temos unha alternativa galeguista seria e con vocación de presente e de futuro: Compromiso por Galicia. O nome é xa definitorio. Logo a verdade as persoas que coñezo ainda que sexa so polos xornais, Teresa Taboas, Perez Bouza, Rafael Cuíña, Xoan Bascuas... inspírame confianza. E a decisión de non ir con Izquierda Unida nin co revival bloqueiro que significaria poñer ao ancian Beiras outra vez de candidato. Como a todo o mundo chegoulle a hora da xubilación. Xa era hora de ter algo ilusionante polo que votar.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-08-2012 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
É tempo de que Beiras se retire
Manuel Fraga, Paco Vázquez e Xosé Manuel Beiras teñen en común varias cousas. A principal, é que son políticos que pertencen ao pasado, non ao futuro.

Outra cousa que comparten eses tres políticos do post-franquismo é que, louvados incondicionalmente polos seus seguidores e criticados cegamente polos seus rivais, provocaban paixóns políticas intensas e non deixaban indiferente a ninguén.

Xosé Manuel Beiras, ex-voceiro nacional do BNG, foi sempre recoñecido como un líder carismático tanto dentro como fóra do seu eido na esquerda nacionalista.

Nacido con pedigree, como fillo do respeitado galeguista conservador Manuel Beiras, Xosé Manuel cursou estudos universitarios en Santiago de Compostela, París, e na prestixiosa London School of Economics, convertíndose nun dos homes mellor formados académicamente na Galicia franquista do seu tempo.

No contexto de represión política da dictadura, a aposta silenciosa do Galeguismo interior esperaba formar a Xosé Manuel como un futuro líder da Galicia post-franquista, seguindo os pasos do seu pai, cofundador do Partido Galeguista en 1931. Mais foi durante as estadías de Xosé Manuel na Franza onde o xoven estudante, que inicialmente se autocalificara de "liberal-progresista", acabou influenciado polos postulados revolucionarios do marxismo, ideoloxía que hipotecou a sua futura carreira política.

Cun enorme atractivo cosmopolita, xoven e dinámico, antítese da autarquía franquista, Xosé Manuel Beiras comezou unha impresionante traxectoria profesional como cofundador do Partido Socialista de Galicia en 1963, subdirector da Revista de Economía de Galicia, e profesor na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago.

No que está considerado como o periodo álxido da súa carreira académica, en 1972 publicou "O Atraso Económico de Galicia", unha análise daquela innovadora e aínda hoxe extraordinariamente influínte, esencial na historia do pensamento económico galego.

Tras un fallido intento de entrar na política como cabeza de lista do PSG, Beiras participou na fundación do BNG e entrou no Parlamento Galego como deputado en 1985. Beneficiándose da desaparición de Coalición Galega, da crise interna do PSdeG, e da concentración do voto anti-Fraga, o BNG medrou en votos ata acadar o seu teito eleitoral de 18 deputados en 1997, aínda a moita distancia dos 42 deputados gañados polo PPdeG.

Mais mentres rivais políticos como Manuel Fraga ou Francisco Vázquez gañaban repetida e cómodamente maiorías absolutas, Xosé Manuel Beiras non era capaz de moderar e convertir o BNG en alternativa real de goberno.

Unha das varias claves da falta de apoio popular á formación liderada por Beiras foi a súa imaxe radical, cando non directamente agresiva. Mentres que o seu núcleo de admiradores incondicionais aplaudían ao Beiras enfant terrible, a maioría social galega víao máis ben como o neno problemático da clase. As súas expulsións do Parlamento na lexislatura do 1989-1993, culminando co infame episodio do zapato imitando a Khrushchev, foron uns dos momentos máis embarazosos da historia parlamentaria galega.

Nas eleccións do 2001 Beiras comezou a perder votos. Se durante a súa década como líder do BNG non foi quen de sumar maiorías sociais, tampouco foi capaz de utilizar o seu liderazgo para reformar a frente. O BNG estivo sempre controlado por un partido comunista, a UPG, que puxo a Beiras como líder cando éste lle era util, e botouno cando deixou de selo.

O longo enfrontamento que mantivo Beiras coa UPG terminou coa derrota do primeiro, que anunciou a súa marcha do BNG o pasado 12 de febreiro. Naquel momento crítico, como líder do seu novo colectivo Encontro Irmandiño, Beiras volveu mostrar máis espectáculo que xestión marchando do BNG con desafogo mais sen claro plan de ruta, sen coordinarse cos outros grupos descontentos que logo terminaron nun minifundio de partidiños diferentes anque de ideoloxía similar.

Xosé Manuel Beiras aínda goza dun extraordinario carisma en boa parte da esquerda nacionalista, mais a súa autoridade é cada vez menor, igual que lle pasou a Fraga antes de perder as eleccións do 2005. Dos grupos escindidos do BNG, hai indicios que o que está a gañar máis adhesión social non é o dos beiristas, mais o chamado Compromiso por Galicia, promovido en gran parte polo sector moderado que escapou do BNG.

Non cabe dúbida de que o vehículo político do que comunmente se chama 'nacionalismo galego' está a sufrir unha transformación vital. O BNG, cada vez máis controlado pola UPG, radicalizou o seu discurso e encara á posibilidade da marxinalidade electoral.

Todo o mundo é consciente de que non hai espazo eleitoral para máis dunha forza no eido minoritario da esquerda nacionalista, mais o líder dos escindidos Irmandiños semella non ter presa en confluir cos outros desencantados do BNG. Coas eleccións ao Parlamento de Galicia á volta da esquina, Beiras continúa teorizando sobre conceitos pouco concretos como o de "crear un movemento, non un partido", mentres que cada vez máis nacionalistas comezan a dubidar da súa falta de iniciativa e liderazgo.

Entre a indiferencia da maioría da sociedade galega, que xa perdeu pista da sopa de letras de partidos creados e escindidos fóra do BNG, o último proxecto político promovido por Beiras -Novo Proxecto Común- celebrará a súa asemblea fundacional o próximo día 14 de xullo. Perguntado pola prensa se vai ser candidato da nova formación, o veterano político, que vai camiño dos 80 anos, declarou "Eu non pecho a porta a nada".

Despois de medio século sen ter gañado nengunha elección, Beiras debería xa pechar a porta e abandoar a política.

As súas recentes declaracións calificando de "terroristas perigosos" aos líderes do PP e PSOE, e chamando "axente do fascismo internacional" ao gobernador do Banco de España, lembran unha vez máis que o autor de "Homenaxe a Marx no 1º centenario da súa morte" sigue sen estar capacitado para gañar o voto da maioría do País.

Teñen razón os siareiros beiristas ao dicir que Xosé Manuel Beiras é "a historia viva do nacionalismo galego". Mais esa é unha historia do nacionalismo do pasado, non do futuro. É a historia dun proxecto de oposición, para minorías; dunha aposta fracasada por fórmulas marxistas que non foron aceptadas pola grande maioría da sociedade galega.

A saúde de toda democracia require alternancia de gobernos, e para que esa alternancia poida darse son precisos partidos de vocación maioritaria. Non está claro o que vai emerxer despois do afundemento da actual terceira forza politica galega -o BNG- mais este é o momento ideal para que o principal protagonista daquel pasado minoritario se retire e deixe de interferir no traballo dos protagonista
s do futuro de Galicia.
EDITORIAL DE INDEPENDENTE.GL
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 12-07-2012 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Eu non estiven alí. Por Pedro Gómez-Valadés
Un ano máis xurde entre a friaxe do calendario invernal un novo 27 de xaneiro. Un 27 que ate hai pouco máis de medio século era só a véspera do 28, como moito un modesto Santo Tomé de Aquino no calendario santoral católico ou simplemente, o vixesimoséptimo día do ano no calendario gregoriano. Mais todo iso mudou de xeito brutal e para sempre un 27 de xaneiro de 1945. Ese día, unidades da División número 100 do Exército Roxo, baixo o mando do xeneral Krasávina, entraron en Auschwitz-Birkenau e liberaron aos 2.819 prisioneiros que despois de 5 anos de masacre ficaban con vida. 2.819 testemuñas da infamia, 2.819 testemuñas do horror inexplicábel que asolou o corazón da vella e culta Europa, a nosa Europa, e que converteu para sempre a un vello e frío cuartel do Exército polaco no monumento funerario perenne de máis de millón e medio de seres humanos que desde aqueles días fican soterrados para sempre e como única tumba, no ceo. Tamén no noso ceo. No aire que serviulles como cadaleito despois de que o delirio xenocida os transformase nas cámaras de gas e nos fornos crematorios en parte do aire que agora e por sempre respiramos e respiraremos.
Igual que ese aire incoloro pero gris, acompañará por sempre a vida na Terra, a lembranza, o non esquecemento, a loita contra o devastador ruído do tempo que todo cala e silencia, ese aire, testemuño vital da morte, debe lembrarnos sempre, con cada bocanada que recollemos e expulsamos, que millóns de persoas morreron, foron asasinadas de xeito planificado e industrial durante esa longa noite de pedra que sacudiu as entrañas das Europas na metade do século pasado.
A pesar da distancia na terra e nos tempos. A pesar dos anos trascorridos, a pesar da lonxanía aparente da xeografía da barbarie nazi e da nosa terra finisterraica galega, hai centos de galegas e galegos que xa non están aquí mais que foron e serán por sempre irmáns de sangue dos millóns de xudeus asasinados.
Xosé Fernández Vázquez, o comandante Soutomaior, quen na súa fuxida do fascismo vitorioso en España, padeceu a prisión e a tortura en Auschwitz-Birkenau.
Marceliño Pardal Pouso, o derradeiro supervivente galego, deportado no campo de Mauthausen, e quen faleceu o 19 de abril de 2009.
As irmás Touza, Xulia, Lola e Amparo de Ribadavia que arriscaron a súa vida no máis fermoso xesto de salvar as de centos de xudeus e refuxiados que fuxindo da Europa ocupada e en guerra chegaban a través da rede humanitaria de salvamento que outro galego exemplar, o doutor vigués Eduardo Martínez Alonso, teceu desde os Pirineos ate a fronteira portuguesa e logo desde alí á liberdade e á vida.
E coma pequena homenaxe permitídeme mencionar só a catro galegos, catro. En representación dos centos mortos nos campos de exterminio nazis. O vigués Agustín Cameselle Fernández, morto no campo de Gusen. O ourensán Manuel Soutullo Iglesias, morto en Mauthausen. O lucense de Viveiro, Manuel Lamelas, morto en Mauthausen. O coruñés Xosé Albedro Vilaverde, morto en Mauthausen.
O ano 2005 Nacións Unidas con moitas décadas de retraso decidiu que desde aquela, todos os 27 de xaneiro serían enmarcados baixo o lema de "Recordemos hoxe e por sempre", na memoria pedagóxica para as xeneracións presentes e futuras do que nunca deberán esquecer. Porque nunca debe volver a suceder. Nunca debeu de suceder.
Eu non estiven alí. Ti, caro lector, tampouco. Mais non debemos ser cómplices por esquecemento ou omisión dun crime brutal que nunca con certeza conseguiremos entender na súa enorme dimensión. Eu non estiven alí. Mais precisamente por iso, eu non esquecerei xamais.
*Presidente da Asociación de Amizade con Israel
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 29-02-2012 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe morreu Isaac Díaz Pardo, bo e xeneroso
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 05-01-2012 17:59
# Ligazón permanente a este artigo
O voladura incontrolada do BNG?
A situación do BNG é similar á franquicia galega dpo PSOE só que peor. Se os socialistas poden explicar a traxedia do 20N pola crise, o BNG nin sequera ten esa posibilidade. Até 300.000 votantes socialistas de 2008 decidiron retirar o seu apoio á candidatura de Rubalcaba. E o BNG non só non se beneficiou desta sangría, senón que mesmo perdeu outros 29.264 apoios. A súa mensaxe de ser a única forza de esquerda e galega quedou flotando no vento. O seu problema é estrutural, non conxuntural. Se no peor resultado histórico do PSOE o BNG non é quen de crecer, cando o fará? Se a este feito súmase que Converxencia i Uniu conseguiu un gran resultado (16 deputados), que o PNV saíu indemne (5) pese ao terremoto de Amaiur (7), compréndese que os tambores de guerra xa resoen nas ringleiras do BNG. E é que de forza nacionalista emerxente no panorama estatal, o BNG pasou a ser unha sorte de excentricidade no Congreso, unha formación case pintoresca, con só un deputado máis, por exemplo, que o Foro do inefable Francisco Álvarez Cascos. E este deterioro non pode sorprender. De feito, o pasado agosto, 18 alcaldes do BNG -o verdadeiro poder institucional do BNG- lanzaban un manifesto crítico para esixir á dirección do BNG a renovación do discurso e dos seus referentes políticos. Nunha organización tradicionalmente hermética e opaca, a irrupción destes rexedores interpretouse igual que cando saltan as luces vermellas nun avión: o problema é moi grave, ou se arranxa ou a catástrofe será inminente. Aínda que estes alcaldes heterodoxos decidiron postergar as súas esixencias para non danar ao BNG na contenda electoral, o lóxico é que esas reclamacións resuciten se cabe con maior forza.
Non parece, con todo, que esta petición de cambios drásticos de discurso e persoas vaia a atopar unha cálida acollida no seo da UPG, formación estalinista dominante no BNG. De feito, a delirante análise de Guillerme Vázquez, portavoz nacional, dos resultados é, cando menos, singular. "O BNG tocou chan, freamos o descenso, dos últimos anos e agora remontaremos ate a vitoria total", asegurou na noite eleitoral. Mais a realidade é ben outra. Vexamos: en 2007 (municipais), o BNG obtivo o 19,15%; en 2008 (españolas), o 11,51%; en 2009 (galegas), o 16,57%; en 2011 (municipais), o 16,52%; e o 20N, o 11,25%. A forza dos números indica que o que se deixa o PSOE non o gaña o BNG, senón que, en liñas xerais, queda en casa ou llo leva a esquerda españolista de Izquierda Unida. Así o pasado 20N o grupo de Cayo Lara pasou en Galiza de 25.000 votos a 70.000. Este fenómeno non é novo. Xa en Vigo, por exemplo, nas municipais de maio, IU gañou máis de 4.000 votos, mentres que o BNG deixábase outros 12.000. "Estou disposto á autocrítica, pero non a flaxelarme", advertiu Vázquez cando se lle preguntou pola súa responsabilidade como líder da formación. O BNG, unha fronte de partidos, seis formacións e varias correntes, atópase nunha posición delicada: non medra cando si o fai o PSOE e tampouco toma osíxeno cando os socialistas españois perden fol. A marcha de Xosé Manuel Beiras e de Anxo Quintana deixou un baleiro de liderado aínda por encher. É evidente que Vázquez non foi unha substitución natural, senón unha imposición da UPG e con data de caducidade. Carlos Aymerich, portavoz parlamentar e líder de Máis Galiza, xa se postulou como home forte. Con todo, as resistencias que vaise atopar non serán poucas. Á UPG non lle gusta. E a Teresa Táboas, exconselleira e antiga aliada de Aymerich, tampouco. Seica porque é hora de que o BNG o dirixa unha muller e que non estea contaminada polas tradicionais liortas do BNG. A cuestión é que o túnel no que esvara o BNG xa é demasiado longo e a luz non parece atoparse no dito de "Nunca choveu que non escampara". Porque isto non é orballo nin sequera un intenso chuvieiro, senón unha choiva pertinaz que está a deixar ao BNG calado até os ósos. E é sabido que os ósos permanentemente expostos á auga tenden a crebarse.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 28-11-2011 03:13
# Ligazón permanente a este artigo
A maioría de alcaldes normais do BNG pide un cambio
Até dezanove edís nacionalistas presentan hoxe en Compostela un manifesto crítico no que alertan que o Bloque necesita escoitar máis as demandas das rúas para evitar novos retrocesos como os sufridos nas eleccións locais. Os resultados das eleccións locais proban que o BNG necesita un inmediato cambio de rumbo. Esta é a mensaxe de fondo do manifesto lanzado hoxe pola maioría dos alcaldes do Bloque, procedentes de 19 dos 29 concellos onde os nacionalistas lograron a maioría. Asinaron edís da A Bola, A Mezquita, A Pobra de Brollón, Arbo, Castrelo de Miño, Maseda, Manzaneda, Mondoñedo, Monforte, Mugardos, Rianxo, Ribadeo, Salceda de Caselas, Teo, Tomiño, Vilar de Santos, Vimianzo e Zas. O manifesto supón un importante revés á xestión a Executiva. O BNG vivirá unha Asemblea Xeral para elixir candidato á Xunta este Outono. A protesta é máis relevante porque chega dos únicos mandatarios nacionalistas que lograron un soporte electoral maioritario nos últimos comicios. Entre outros, Martiño Noriega (Teo), Sandra González (Tomiño), Xurxo Rodríguez (Castrelo de Miño) e Fernando Barcia (Ribadeo) prestaron hoxe en Compostela o texto. "Somos conscientes de que moitos militantes e simpatizantes e unha boa parte da cidadanía galega percibe esta asemblea como a derradeira oportunidade para que o BNG sexa quen, de atopar o punto de inflexión que nos permita esa resintonía coa sociedade para avanzar no camiño de liderar o noso País" di o Manifesto. "Ás veces, o Bloque dá a impresión de non entender o país no que está" lamentou Barcía. O mandatario de Ribadeo argumenta que ás veces o BNG lanza mensaxes que os cidadáns non o entende polo que cómpre "ampliar a base social". Os mandatarios demandan a renovación do discurso da fronte, actualmente gobernado maioritariamente pola APU, tras a vitoria desta alianza de indepententes e a UPG na última Asemblea. Segundo Martiño Noriega, a Exectiva do Bloque foi informada previamente da presentación do texto, seguindo os cauces regulamentarios. Os alcaldes insisten en que cómpre unha renovación de discurso tras os resultados das eleccións locais. Para Noriega o nacionalismo pasa por unha "catarse" e a fronte necesita "resontinizar" coas demandas da rúa.
DESCARGAR O MANIFESTO
Comentarios (1) - Categoría: Galiza - Publicado o 13-08-2011 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
De Ferrol a Mauthausen
De Ferrol a Mauthausen
Un historiador recupera las figuras de 19 gallegos que sufrieron el horror nazi
ALBERTO LEYENDA - Vigo - 10/08/2011
Registrado con el número 3.640 y con el triángulo azul de los apátridas cosido en su uniforme, Víctor Manuel Ares entró en Mauthausen en 1940, después de haber pasado por otro campo de exterminio, y salió de allí con graves secuelas por la desnutrición cinco años después, el 5 de mayo de 1945, cuando los aliados penetraron en territorio nazi y se toparon con la industrialización de la muerte que había perpetrado el régimen de Adolf Hitler. Como Víctor Manuel, otras 18 personas de las comarcas de Ferrolterra, Eume y Ortegal padecieron en su piel el horror de los campos en los que los presos, considerados infrahumanos, eran exterminados a través del trabajo esclavo. Ahora las asociaciones Memoria Histórica Democrática y Fuco Buxán se han propuesto rescatar sus figuras, a través de la investigación del historiador Enrique Barrera. Pretenden levantar un monumento con sus nombres inscritos y publicar un libro en el que se recopilen sus historias.

No todos tuvieron la fortuna de sobrevivir -fallecieron cerca de la mitad de los 19-, pero el caso de Víctor Manuel, natural de Ares, es paradigmático. Era un suboficial de la Marina que combatió en el bando republicano. Tras la victoria franquista, se exilió en Francia y como otros muchos españoles fue internado en un campo de refugiados. Cuando comenzó la II Guerra Mundial, lo reclutaron para una Compañía de Trabajadores Extranjeros, que hacía labores de apoyo al ejército francés. Sin embargo, una vez que las tropas nazis rompieron la Línea Maginot y el Gobierno galo se rindió, las autoridades alemanas y españolas acordaron enviar a unos 9.000 republicanos a campos de exterminio, de los que fallecieron el 63%. Víctor Manuel fue de los que sobrevivió, a base de comer mondas y patatas crudas y gracias a una "medio novia" que era hija de un proveedor y que le daba comida a escondidas, según relató a un sobrino que le fue a visitar en 1962.

A pesar de esa alimentación extra, tras ser liberado tuvo que estar varios años recuperándose de la desnutrición. A diferencia de los campos de exterminio para judios(lager), en los de presos (stalags) no existía un programa de asesinato masivo, sino que se aprovechaba la fuerza de trabajo de los reclusos y se les subalimentada, hasta que el deterioro les impedía realizar las labores asignadas. Entonces los mataban y los incineraban en hornos crematorios. En uno de ellos trabajó Víctor Manuel. Otros presos, enfermos físicos y mentales, entre ellos alguno de los ferrolanos, eran enviados al cercano Castillo de Hartheim, donde, tras ser sometidos a experimentos científicos, eran gaseados.

Al salir de Mauthausen, Víctor Manuel volvió a Francia y allí rehizo su vida. Tras la guerra, en las iglesias francesas se solían poner los nombres de los españoles liberados, por si alguien quería reclamarlos. En Perols, cerca de Montpellier, había una comunidad de exiliados de su mismo municipio, Ares. Cuando vieron su nombre contactaron con él, y allí se trasladó. Trabajó como maestro de obras y promotor inmobiliario y acabó casándose con una española, también exiliada.

Los otros 18 represaliados de esta comarca presentan peripecias bastante análogas, aunque cada una con sus particularidades. Uno de ellos, Juan José Casal, fue salvado in extremis por un amigo judío, que ejercía como kapo -preso de confianza de las SS utilizado para controlar al resto-e intercedió para evitar su asesinato. Volvió a España a finales de los sesenta, pero nunca quiso hablar de su pasado en los campos. Otro, Marcelino Pardal, se valió de sus habilidades futbolísticas para salvar la vida. Había jugado en el Racing de Ferrol, y cuando los nazis descubrieron su talento lo alistaron en el equipo del stalag. Las SS organizaban partidos entre los distintos campos, por motivos propagandísticos o de simple entretenimiento.

Para realizar esta investigación, que ya dura más de un año, Barrera ha echado mano de los archivos de Mauthausen, en los que los nazis apuntaban el lugar y fecha de nacimiento de cada recluso, y les asignaban un número de identificación. También ha escudriñado registros municipales y realizado una amplia labor de campo, con entrevistas a los descendientes vivos. Algunos desconocían que sus parientes había estado en campos de exterminio, otros siguen viviendo en Francia.

Barrera destaca que es la tercera generación, la de los nietos, ,la que se interesa por lo ocurrido con sus familiares, frente a la actitud de la generación anterior, que optó por el olvido. "Forma parte de la naturaleza humana que se quiera restaurar la dignidad", enfatiza el historiador, que se revela contra la justificación sin fundamento -con el tópico de "algo haría"-de asesinatos y condenas "sin razón ni juicio". Frente a eso, opone las 19 historias de sufrimiento y muerte por formar parte del bando perdedor.
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 11-08-2011 03:23
# Ligazón permanente a este artigo
25 de Xullo: Día da Patria 2011
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 21-07-2011 05:43
# Ligazón permanente a este artigo
Autoxenofobia
Comentarios (0) - Categoría: Galiza - Publicado o 04-03-2011 03:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal