Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Visitounos a Dra. MARÍA XOSÉ AGRA ROMERO - 19 de setembro de 2013.
Doutora en Filosofía. Profesora titular de Ética e Filosofía Política na Universidade de Santiago de Compostela.
As súas liñas de investigación desenvólvense sobre Filosofía política, teorías de xustiza e teoría crítica feminista.
Actualmente forma parte do grupo de investigadoras do proxecto "Feminismo, Ilustración e Multiculturalidade: procesos de ilustración no Islam e as súas implicacións para as mulleres" dirixido pola Doutora Celia Amorós Puente.

Qué é o álbum de mulleres?
O Álbum de mulleres é un proxecto da Comisión Técnica de Xénero do Consello da Cultura Galega en colaboración co portal culturagalega.org.
Parte dun proceso de recuperación e difusión de contribucións das mulleres á cultura galega e universal, como un exercicio necesario de memoria e recoñecemento. Persegue introducir progresivamente acceso a datos, documentación e información en dous niveis:un mo xeral para ser empregado como referencia informativa básica;e outro para ser empregado como unha ferramenta de trballo en ámbitos especializados (investigacións, ensino, divulgación...) O Álbum tamén é un proxecto aberto a informacións e suxestións.
(Fuente: ".álbum de mulleres")

http://www.culturagalega.org/album
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 23-09-2013 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
CARLOS NUÑEZ: Hóspede de Honra da Cidade de Bos Aires - 19 de setembro de 2013
O gaiteiro español Carlos Nuñez, recoñecido mundialmente, foi distinguido como Hóspede de Honra da Cidade de Bos Aires. A declaración, aprobada pola totalidade dos membros da Lexislatura, foi unha iniciativa da deputada Lidia Saya quen fixo entrega deste esta mañá na Casa do Centro Galego.
O acto contou coa presenza de embaixador de España en Arxentina, Román Oyarzún, autoridades do Consulado, do Centro Galego, da Xunta General de Galicia en Bos Aires e da comunidade en xeral.
A xeito de peche, o artista interpretou, en frauta, música de Galicia e invitou novos estudantes da casa a bailar sobre o escenario do auditorio.
(Fonte: Parlamentario.com)
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 23-09-2013 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
CINE E CHOCOLATE: "Os mortos van á présa" - 5 de outubro de 2013
Esperámolos o sábado 5 de outubro ás 16 hs. no Centro Lalín Agolada e Silleda para gozar de película “Os mortos van á présa”.
O filme narra as historias de tres parellas pertencentes a distintas xeracións, nunha vila mariñeira e as crenzas da Galicia tradicional como fondo. A historia comeza cando unha camioneira chega á vila e o seu vehículo queda atrancado nunha ponte, o que impide o traslado do cadaleito dun home acabado de finar ese mesmo día.
Gañou 9 Premios Mestre Mateo 2008: mellor longametraxe, mellor dirección de produción (María Liaño), mellor dirección de fotografía (Suso Bello), mellor maquillaxe e perruquería (Raquel Fidalgo e Rosana Teijeiro), mellor deseño de vestiario (Saturna), mellor son (Carlos Faruolo), mellor interpretación masculina protagonista (Chete Lera), mellor interpretación feminina de reparto (Belén Constenla) e mellor interpretación masculina de reparto (Xosé Manuel Olveira "Pico").
Foi rodada en Ribadeo (provincia de Lugo), onde tivo lugar así mesmo a estrea. A rodaxe tivo que ser suspendida no verán de 2006 por problemas de financiamento, retomándose tempo máis tarde.
Esperámolos para gozar dunha boa película, un rico chocolate con churros e unha charla de amizade.
Crítica do filme
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 16-09-2013 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Moito chove…; imos ao cine?
Sábese: máis tarde ou máis cedo, a treboada de Santa Rosa, nunca falla.
O parte meteorolóxico das nove da noite do sábado 7 de septembro, dictounos unha marca nas precipitacións cercana ós cen milímetros. Sen dúbida, chover…, choveu!
Nun Bos Aires pasado por auga, pero xa sin lóstregos e tronos; a porta do microcine do Centro Lalín ficou pechada, a luz apagada, e xa non resoaba o aplauso espontáneo que arrincou dos espectadores logo da película, para despois ficar en amabel conversa prolongando a tertulia cunha cunca de saboroso chocolate.
En xeral, o ánimo ia recobrándose a modo, logo daquele patético final que aínda peta nas nosas conciencias; o desenlace da película “A lingua das bolboretas”.
No remate do film, o director José Luis Cuerda deixa conxelada na pantalla, esa dura e ao mesmo tempo perplexa ollada do cativo Moncho, (ou “Pardal”), que curtaba o alento e provocaba bágoas na estupefacta platea presente na última función do ciclo “Cine e Chocolate”, o sábado 7 de septembro.
Esta grande “confabulación” entre o galego Manolo Rivas, o logroñés Rafael Azcona e o albaceteño Cuerda, non fixo máis que atinxir unha alquimia tan preciosa que soamente puido lograr semellante xuntanza, unida á soberbia actuación dun grande como Fernando Fernán Gómez, intérprete ideal do mestre Don Gregorio, quen fora secundado por un elenco sobresaínte en calidade.
Dai a impresión que Rivas, imaxinou ese cruel desenlace da historia, e logo púsoxe a encher con situacións e diálogos intelixentes, un argumento que espide os dobreces da ialma envoltos nun costumismo de época, onde non falta aínda, a reflexión sobre o amor candoroso e o amor montaráz. Para iso válese da síntesis de dous contos máis, como “ Carmiña” e “Un saxo na néboa” - tamén da súa autoría- que esta élite de realizadores engade con mestría ao fío conductor da historia principal que dai o nome á película.
Confesión de parte (1): nesta , a terceira ocasión, o cronista fixo o esforzo para chegar ata o final sentado no seu lugar; pois cando viu a película por segunda vez, rexeitando ver o remate novamente, retirouse do salón.
Confesión de parte (2): o mércores pasado celebróuse o Día do Mestre. Entón, como non lembrar - no día 11 de septembro - aquele sabio educador, no seu impecabel traxe novo cor marrón, como un emblema do ensino. Un indiscutibel paradigma de integridade e bondade, que no medio daquela tolemia española, ben puido ser tanxibel, real.
E velaí que o neno botoulle un chisco ó seu mestre querido e respectado.
Ateo! Tilonorrinco, espiritrompa!... berraba Monchiño.
Esgazante.
Norberto Lema Regini
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 16-09-2013 20:10
# Ligazón permanente a este artigo
CARLOS NUÑEZ: hóspede de honra da Cidade de Bos Aires - 18 de setembro de 2013.






O 18 de setembro no Salón Valle Inclán do Centro Galicia, outorgaráselle ao gaiteiro Carlos Nuñez a distinción de hóspede ilustre da Cidade de Bos Aires.
A reserva de lugares para o evento, faise chamando ao teléfono: 4338-3091.
Logo da entrega haberá unha rolda de prensa.

Comentarios (2) - Categoría: Contámoslles que... - Publicado o 12-09-2013 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal