Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación da Prof. María Pilar García Negro - 13 de agosto de 2013
Coa presentación da profesora María Pilar García Negro, quen nos ditou unha esperada conferencia sobre Rosalía de Castro, a Secretaría de Cultura del Centro Lalín, Agolada e Silleda, en colaboración co Terzo da Fala, non fixo máis que encher de amábel erudición e simpatía o microcine situado no primeiro andar do Centro.
Dun currículo fulgurante, María Pilar, - que é unha autoridade en lingüística e aínda profesora, escritora, deputada con mandato cumprido, etc,- deixounos para lembrar, unha clase que trascendeu datas e anecdotario, prodigándose en reflexións que enchen de real significado a esencial misión daquel luceiro do Rexurdimento.
Unha dición impecábel, en parella dunha doce entoación, son os signos de identidade que lle dan marco a un afinado rexistro de contralto e inspiran unha robustez que a súa contextura non pode negar.
Escoltada por Ma. Elena da Silva e Gisela Barbeito; asomaba no centro da ampla mesa coa súa prolixamente recortada cabeleira negra e o seu “tailleur” de lucido cor morado que adorna unha camelia artificial pendurada na solapa. Advertíase na atenta platea, que a voz que agroma do seu peito é o vehículo ideal para dar sostemento ós sólidos coñecementos que resaltan o valor da obra rosaliana explicándoa, de paso, como universal alento de importancia “centrípeta e non só centrífuga”, que proxecta a súa luzada á mesma raíz cultural da nación galega.
Sen deixar na beira a situación política actual do galego, noutro pasaxe da conversa que o público seguiu con crecente interese, acadou dous conceptos para ilustrar a cuestión da lingua: falou do galego “consentido” e do galego “con sentido, pero moi escaso”; facendo apropiado uso da agudeza que a paronimia presta.
Mentres tanto, da xente que permanecía inmóbil nas cadeiras, escoitábanse os infaltábeis - seica illados-, tusidos e os puntuais recitados en voz baixiña como rezos, para acompañar de memoria a lectura dos poemas que a disertante escollía.
E aínda nese momento, diante do incipiente catarro do ocasional cronista, xurdiu providencial, o xesto do profesor Brandeiro convidando cun refrescante carameliño de menta. Discretamente o home, se manifestaba sorrinte e compracido de haber tido un novo contacto con aquela muller de quen fora o seu alumno e seguro admirador.

Por a súa parte, María Pilar, ía rematando unha conversa que cun pechado aplauso amosou o xúbilo dos presentes por contar có inestimábel concurso da palabra dunha pontevedresa de Lamas; distinguida muller e ilustre mestra, nunha tertulia imperdíbel.
Norberto Lema Regini.

Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 29-08-2013 04:39
# Ligazón permanente a este artigo
CINE E CHOCOLATE: "Doentes" - 6 de xullo de 2013
Na Arxentina o cine galego, certamente, non é frecuente nas salas comerciais; así e todo, alumnos dos cursos de lingua galega e fanáticos da pantalla grande fomos colectando na mente e na retina, unha por unha, as escasas películas anunciadas por algúns dos circuítos de exhibicións nas sociedades, os entrañables templos da galeguidade en Bos Aires.
Imposible esquecer no Terzo da Fala as primeiras experiencias propostas polos profesores de Lingua Galega, con copias que eles mesmos procuraban para
aproximarnos á mestura dos sons da fala enxebre coas imaxes da terra nai.
E como non, reflexionar polo tanto sobre a nosa posta en marcha dun novo ciclo cinematográfico
en épocas nas que o común é observar como as salas de cine se ven ameazadas pola sombra do quebranto.
No devir dos actos organizados polo Terzo a prol da cultura galega e no seo dalgunhas das xuntanzas dos mércores, xurdiu a convicción da pegada cinematográfica como infalible convocatoria para compartir un momento de goce estendido libremente a quen gustara participar. Cine na propia lingua, claro, pero aínda en castelán, cando o contido se amosa como un asunto enxebre.
Tarde do sábado, 6 de xullo de 2013 no Centro Lalín, Agolada e Silleda.
No primeiro andar á dereita o salonciño das reunións foi convertido nun apropiado microcine para que se puidese encher de entusiastas inquedos por participar da primeira das funcións de cine galego organizada polo Terzo da Fala e a Secretaría de Cultura do centro.
Ao redor das 17:30 horas, sinxelamente, cunhas poucas palabras de presentación, a proxección do filme Doentes deu comezo.
Xa a pantalla ía amosando as andanzas de don Valeriano e Cañete, namentres na platea se sentían as primeiras vibracións que provocaba o relato daquela vívida estampa peninsular dos anos 50; todo iso, na leda compaña da musiquiña que brincaba fóra dun fondo de acordeón incidental.
Foron 90 minutos engaiolantes que só puido dar por concluídos a palabra “Fin”.
Nese intre agromou espontáneo un aplauso. A obra da figura das Letras Galegas 2013, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, deixou a súa pegada nunha tarde fría do inverno porteño, seica morniña de entusiasmo galeguista. A oportuna invitación da casa cunha cunca de chocolate con churros foi o especial estimulante para a entusiasta quenda coloquial que pechou tan amable faladoiro coa firme promesa de renovar a mostra mes a mes, sempre no Lalín; sábado no serán.
Norberto Lema Regini.

Comentarios (2) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 13-08-2013 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Convite -Tarde de Cine e Chocolate






O sábado 17 a partir das 4 da tarde teremos función de cine no Centro Lalìn. Trátase da segunda película que veremos dentro do ciclo de cine galego.

"El bosque animado" baseada na obra de Wenceslao Fernàndez Flórez, unha película falada en castelán pero profundamente galega. O protagonista é o bosque de Cecebre, as árbores, e as persoas que o percorren: os donos do Pazo señorial, o cura, o bandido que se agocha no bosque, o tolleito, a rapaza guapa que debe emigrar á capital, os famentos, os rapaces ... Unha historia moi galega con actores e actrices de primeira e unha música que acompaña e enfeitiza.

Estades todo convidados.
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 09-08-2013 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia de María Pilar García Negro.


O mèrcores 14 vèn a profesora Marìa Pilar Garcìa Negro, autoridade en lingûìstica galega, escritora, polìtica, ex deputada etc.
Vai dar unha conferencia às 7 da tarde no Lalìn, cuxa organizaciòn compartimos coa xente de Cultura, pero aceptou vir às 5 da tarde para merendar connosco !!!!

María Pilar García Negro
É licenciada en Filoloxía Hispánica, Filoloxía Galego-Portuguesa e doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1976 e 1990 exerceu a docencia en ensino media na Coruña. É colaboradora da Asociación Sociopedagóxica Galega e da Asociación de Escritores en Lingua Galega, entre outras.
É autora de estudos, ensaios e investigacións lingüísticas.
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a escoitar? - Publicado o 08-08-2013 21:13
# Ligazón permanente a este artigo
Nos visitó Laura Ekilis.

Laura Eikilis de visita, léndonos o seu conto premiado en Frankfurt. Un luxo galego!
Comentarios (1) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 08-08-2013 04:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal