Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nosos Poetas benqueridos
Celso Emilio Ferreiro ( De Longa noite de pedra)

AIRE PURO
O aire puro da mañá procrama
o seu dereito a entrar en cada casa.
¡Abrelle as portas, patria!
¡Dálle os teus seos, alma!
Deixa ise tufo acedo que te abafa,
esquece istas mortallas
estiña as túas bágoas,
fala,
canta,
arrumba a desespranza,
non deixes que te aldraxen; aldraxa.
Onte non. Pensa nas albas
que han de vir, ponlle cerco ás lembranzas
que te atan.
Deixa entrar a mañá crara
na túa casa.
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 20-08-2012 20:34
# Ligazón permanente a este artigo
Nosos Poetas benqueridos
Ramón Cabanillas
Galicia
¡Galicia! Nai e Señora,
sempre garimosa e forte;
preto e lonxe; onte, agora,
mañán... na vida e na morte!
....
¡Todo prá nosa Galicia,
fror de todal-as virtudes;
prá sedenta de xusticia,
ferida de escravitudes!

Namentras a sangre vibre
en beizos e corazón...
¡a espranza de véla libre
e este berro: Redención ¡

¡Xuremos! "Dereito ou torto,
sin máis alcuño ni-achego,
doente ou sán, vivo ou morto,
gallego...¡soio gallego!"
Comentarios (0) - Categoría: Que estamos a ler? - Publicado o 20-08-2012 20:32
# Ligazón permanente a este artigo
a patria terceira

"Corre o vento, o río pasa.
Corren nubes, nubes corren
camiño da miña casa".
Rosalía

Queridos terceiros todos: nós tamén imos camiño da nosa casa, a lingua galega que é quen de nos dar a Patria en calquera parte do mundo. E nesa andaina non imos sós, formamos un grupo de boa xente, agasallo da vida, patria humana, xenerosa e sempre esperta, agardando que alguén precise axuda ou consolo. Para toda a Patria Terceira: parabéns no día dos amigos !!!
ALICIA LAGO ROCA
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 20-08-2012 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
O Xullo galego



A folla mecanografiada coa lista dos nomes dos integrantes da Comisión Directiva, ia pasando de man en man. A cada sinatura dos presentes na xuntanza, dedicábamoslle unha exclamación e un aplauso. Decote, a Secretaria da Asociación Galega Terzo da Fala, gardou celosamente os cumprimentos para dalle consecuente curso diante a Ley e normalizar finalmente a idea.
Esa foi, nunha preta síntesis, o sucedido naquela mañá do 11 de Xullo de 2012. Facía falta aínda máis?
Entendimos que sí, reuníndonos arredor do pano branco da banda transversal azul, para tomar o debido rexistro fotográfico que percorra a red informativa amosando a transformación nunha sociedade de feito, o que ata hoxe fose soamente unha morea de soños e lexítimas aspiracións.
Velaí que tomamos forza para cantar o himno e celebrar, nese simple acto,
habermos constituído en flamante sociedade da diáspora, reafirmando os principios trazados naquela unión de alumnos que naceu entre os pupitres dunha aula de lengua galega, no mes de Xullo do ano 2009.
En Xullo, claro; o mes de Galicia.

-------------------

Cumpre aínda salientar, neste actual mes de Xullo, a celebración galega por excelencia: o día de Santiago Apóstolo.
O mércores vindeiro teremos na xuntanza do Terzo da Fala, unha nova ocasión de ratificar a nosa teima en prol da cultura galega. Como sempre, cambiaremos opiñons, discutiremos novas, leremos, riremos, cantaremos… Neste esperanzador peregrinaxe, seica un longo camiño de ilusións e claros obxetivos.

Vémonos o mércores 25 de Xullo, 10:30 hs, no Centro Lalín.
NORBERTO LEMA REGINI
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 20-08-2012 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal