Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón.
Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia

O meu perfil
oterzodafala@gmail.com
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VISITA DE EDUARDO ESTEVEZ - 22/07/2015.
O Terzo da Fala recibiu O mércores pasado a visita de Eduardo Estévez, poeta arxentino en idioma galego.
Quedará nesa listaxe de días máxicos de historias perfectas feitas de memoria, boa xente, agarimo e futuro.

Un anaco de "Palermo", en Lúa gris.

..."mira
dicíalle eu
na miña lingua políglota
de ano e medio
mira a lúa
e pasaba un tren"


Se queredes saber de Eduardo: http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp…
Comentarios (2) - Categoría: Contámoslles que... - Publicado o 28-07-2015 01:22
# Ligazón permanente a este artigo
25 DE XULLO - DIA DA PATRIA - 24/07/2015.
Por Alicia Lago Roca.


Se se xuntan tódalas Bandeiras dos que amamos Galicia...
Se saímos á rúa cunha canción feita cos versos de todos...
Se somos quen de dicirche a ti Terra, canto e como te queremos...
Se perdemos o medo e desterramos a vergoña...
Se podemos poñer sempre primeiro a Patria...
O mellor Día da Patria Galega será este.
Comentarios (0) - Categoría: As Nosas Historias - Publicado o 25-07-2015 01:58
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal