| Falar galego como afirmación e sostén da herdanza que levamos no corazón. |
|
| Unha susbstancial aposta de alumnos dos cursos de idioma galego de Bos Aires pola cultura de Galicia |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| DIA DE GALICIA |
|
 NO NOSO DIA, FESTEXO COAS TRADICIONS HERDADAS QUEIMADA E TARTA DE SANTIAGO. MOI FELIZ DIA!! |
|
|
|
|
| 16 de Xullo noso aniversario |
|
 Por NORBERTO JOSÉ LEMA REGINI
Lémbrome ben. Foi na rúa 25 de Maio Nº 555; nas oficinas da antiga sede da Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires, no Centro mesmo da cidade.
Non costou esforzo algún. Naceu a carón do rumor dos poemas de Cunqueiro e Rosalía. Docemente, sen dar traballo. Soamente escoitouse un berro: “poñámoslle Terzo..., Terzo da Lingua”!
Alguén explicou o porqué do “Terzo” e propuxo: "coido que mellor sería da Fala".
E, naquela mañá dos primeiros días do agosto porteño do ano 2009; coa lume sagrada de galegos nados, fillos e netos; tivo o seu berce morno arredor do lar, O Terzo da Fala.
Moitas veces, despois do acontecido a xente fica sen reacción, perplexa, marabillada e non atina a engadir nada máis. É indispensable entón, que veña un notario e fixe a data precisa. Que veña axiña e pida información. Que pregunte aos veciños, á xente na rúa, que indague na cafetería Santo Cristo. Alguén tivo que ver escintilar as luces nas xanelas e voar as pombas!.
Algúns din polo baixo que o pariu unha femia. Unha das admirables galegas do Terzo da Fala.
Quen é? Seica saberíao ela?
A mística comeza a medrar. Abofé
|
|
|
|
|
| Homenaxe a Rosalía de Castro no 126º aniversario da sua morte |
|

Homenaje a Rosalía De Castro en el 126 aniversario de su muerte.
NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
ROSALÍA DE CASTRO (Follas Novas, 1880)
|
|
|
|
|
|
|